Xeración T - Portal Educación Cívico Tributaria. Agencia Tributaria. - Alumnos

Xeración T - Axencia Tributaria, coa colaboración do Instituto de Estudios Fiscais.

Segundo ciclo de secundaria

ESCENARIOS:

Escenario 1. Colexio

Escenario 2. Biblioteca

Escenario 3. Parque

Escenario 4. Centro de día

Escenario 5. Hospital

Escenario 6. Bombeiros

Escenario 7. Estación de tren

Escenario 8. Vila

Escenario 9. Tenda

Escenario 10. Xente traballando

Escenario 11. Axencia Tributaria

Escenario 12. Comunidade de veciños

Escenario 13. Museo

Escenario 14. Cidade sen impostos

 

Convidámoste a vivir unha aventura ao lado dos nosos amigos da Xeración T, que son dúas rapazas e dous rapaces da túa idade. Chámanse Alba, Laura, Dani e Gabriel. Darás un paseo pola súa cidade e poderás visitar un gran número de lugares: un colexio, un parque, un hospital, un parque de bombeiros, etc.

A cada un dos lugares que iremos visitando chamarémoslle escenario e en cada escenario atoparemos personaxes que nos contarán historias moi interesantes.

¡Esperamos que aprendas e que te divirtas cos nosos amigos da Xeración T!


ESCENARIO 1. COLEXIO

Estamos nunha aula na que hai un profesor novo, que se atopa detrás da súa mesa, un encerado no que está escrito un problema de matemáticas, un pequeno estante con libros sobre o que descansa un globo terráqueo. Fronte ao profesor, están os pupitres dos alumnos. Hai dúas rapazas (Alba e Laura) e dous rapaces (Dani e Gabriel) de costas. Nos seus pupitres teñen cadernos e libros abertos e algúns bolígrafos.

O profesor dá comezo á clase dirixíndose aos alumnos, e isto xera un diálogo entre o profesor e dous dos alumnos: Dani e Alba.

Profe: Bo día. Hoxe propóñovos reflexionar sobre un tema que supoño que todos coñecedes: os impostos.

Dani: ¡Uf!... A min non me interesa nada o tema dos impostos; iso non ten nada que ver con nós.

Profe: Entendo que teñas esa idea, pero, se me dás a oportunidade de contarche alguhnas cousas, é posible que cambies de opinión ¿Paráchete a pensar no feito de que a educación obrigatoria en España é gratuíta?

Dani: ¿Tamén é gratis a universidade?

Profe: As administracións públicas teñen que garantir a gratuidade da educación ata os dezaseis anos. En España o bacharelato e os ciclos formativos tamén son gratuítos. Nos estudos universitarios as administracións públicas asomen unha porcentaxe do custo. Deste xeito, a universidade pública está financiada con diñeiro público nunha alta porcentaxe.

Alba: Xa vexo.

Profe: Construír centros educativos, dotalos de material, pagarlles aos profesores e impartirlles cursos de actualización; tamén o que poidades elixir entre unha gran variedade de carreiras e módulos ... Que todo isto sexa gratuíto ou semi-gratuíto, como supoñeriades, ten un custo importante para as administracións públicas.

Alba: ¿Quen tomou a decisión de que a educación sexa gratis?

Profe: A gratuidade da educación básica é un dereito de todos os nenos e nenas que está recoñecido na Constitución española. Polo tanto, debe ser garantido polas administracións públicas. Iremos á biblioteca para consultar un exemplar da Constitución.

A continuación contarémosche algunhas cousas bastante interesantes

SABÍAS QUE...

En España, hai moitos anos, non todos ían ao colexio. Se lles preguntades aos vosos avaos, unha boa parte diravos que os seus pais, e incluso eles mesmos, non puideron estudar. Por exemplo, a principios do século XX, case un 59 % da poboación de máis de 9 anos era analfabeta. Agora, o 100 % dos nenos e das nenas en España teñen dereito a unha praza escolar gratuíta ata os dezaseis anos. (Datos do Instituto Nacional de Estatística)

¿E QUE...?

Para poder acceder ao mundo laboral é importante ter estudos. Sen eles dificúltase moito que a persoa consiga un posto de traballo e unhas mellores condicións laborais. Por iso, as administracións públicas garanten que todos os nenos teñan, polo menos, un nivel básico de formación.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Onde figura que a educación básica debe ser gratuíta e obrigatoria para todos?

  1. Na Constitución española de 1978
  2. Nalgúns documentos municipais.
  3. Non está recollido en ningunha parte.

A resposta correcta é a a: "Na Constitución española de 1978".


ESCENARIO 2. BIBLIOTECA

Os nosos amigos están agora na biblioteca. Hai moitos libros nos estantes que rodean a sala. Na zona central hai mesas con ordenadores para poder estudar e facer traballos. Ao fondo da sala atópanse a sala para escoitar música e a videoteca.

As dúas rapazas (Alba e Laura) e os dous rapaces (Dani e Gabriel) están de pé, nun lateral da sala escoitando o seu profesor.

Profe: Nas bibliotecas todos os cidadáns podemos consultar e/ou ler libros e revistas, navegar na internet, ler a prensa ou tomar prestados CDs ou DVDs; é dicir, acceder á cultura, á actualidade e ao ocio sen ter que gastar diñeiro

Dani: Nas bibliotecas ¿hai videoxogos?

Profe: Claro. Nas bibliotecas podedes atopar moitas opcións de ocio que non vos custarán diñeiro.

Laura: Pero eu pódolles pedir diñeiro aos meus pais para mercar as revistas e os DVDs que queira e ademáis teño ADSL na casa para navegar pola internet. Logo, as bibliotecas son para os pobres.

Profe: Non, Laura. Non se trata de que as cousas sexan gratis para os pobres, senón de que todos poidamos gozar das mesmas oportunidades con independencia do diñeiro que teñamos.

Dani: ¿Por ese motivo as administracións públicas ocúpanse de manter as bibliotecas?

Profe: Si, pero non só as bibliotecas senón tamén as salas de exposicións e os museos. Coidar o patrimonio cultural e facilitar o acceso á cultura dos cidadáns é responsabilidade das administracións públicas.

Laura : ¡É hora!

Profe: Antes de vos marchar, revisaremos o apartado de libros de historia. Recordade que pronto faremos unha visita ao museo para ver unha exposición sobre a historia dos impostos.

A continuación contarémosche algunhas cousas bastante interesantes

SABÍAS QUE...

Segundo a Constitución española, as administracións públicas deberán promover o acceso á cultura e garantir a conservación e o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico de España.

¿E QUE...?

En España existe unha rede de case 5.500 bibliotecas públicas, sumando as que xestionan o Estado, as comunidades autónomas e os municipios. (Datos do Instituto Nacional de Estatística).

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Quen cres que compra os libros, as revistas e os CD’s que hai nas bibliotecas?

  1. Os organismos públicos que as xestionan
  2. Os libros que hai nelas son os excedentes que as librarías non conseguiron vender.
  3. Lévanos persoas que teñen moitos na súa casa.

A resposta correcta é a a: "Os organismos públicos que as xestionan".


ESCENARIO 3. PARQUE

Pasamos de pantalla e o nosa amiga Alba está agora no parque. Aquí atópase co seu avao. É un parque con moitas árbores; hai rapaces e rapazas xogando ao baloncesto; outras persoas pasean por un camiño que ascende a un pequeno montiño. En primeiro plano vemos unha fonte, unha papeleira e o carriño do varredor. Hai moitos papeis e algunhas botellas rotas arredor da papeleira. O avao e Alba están sentado nun banco e comezan a falar.

Alba: ¡Ola, avao! Hoxe no instituto dixéronnos que existen moitas opcións gratis para gozar do noso tempo libre, ¿sabíalo?

Avao: Claro que o sabía. E ti ¿decatáraste de que o parque tamén é outra opción de ocio gratuíta? Sen pagar nada podemos gozar do aire libre vendo as árbores, o céspede e as flores; podemos sentarnos nos bancos, facer deporte ….

Alba: É verdade, non me decatara. Ademais, cando se rompe unha portería ou unha canastra de baloncesto, unha papeleira, un banco ou a fonte, arránxanos e non nos custa nada.

Avao: Os parques son zonas moi importantes, porque permiten que todos os cidadáns teñamos sitios limpos e agradables para pasar o noso tempo libre, por exemplo, facendo deporte. Ademais, melloran o medio.

Alba: É estupendo iso de que haxa tantas cousas polas que non haxa que pagar.

Avao: ¡Mira todo ese lixo no chan! Iso fainos mal a todos. É fundamental que tratemos de coidar todo o que podemos gozar gratuitamente. Aínda que as cousas parecen gratis, non o son. Gustaríame que me acompañaras ao centro de día e logo explicareiche o que fai posible que existan os parques e os centros sociais. .

Alba: ¡Vale, acompáñote! Pero, ¿que é un centro de día?

A continuación contámosche algunhas curiosidades.

SABÍAS QUE...

As administracións públicas son as que se ocupan de pagar os servizos de limpeza, coidado, mantemento e vixilancia dos espazos protexidos, como por exemplo, os parques naturais.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta.

¿Cres que habería parques públicos se non existiran administracións públicas que se encargasen deles?

  1. Si, porque os parques crecen sós, ponos a natureza.
  2. Non, ningúen se encargaría de facer un parque e mantelo limpo e coidado sen cobrar nada.
  3. Nin si, nin non, é un tema que non é importante.

A resposta correcta é a b: "Non, ningúen se encargaría de facer un parque e mantelo limpo e coidado sen cobrar nada".


ESCENARIO 4. CENTRO DE DÍA

Pasamos de pantalla e atopamos o nosa amiga Alba no centro de día co seu avao. Están no xardín do edificio onde hai flores, árbores e bancos. Nunha mesa están o avao de Alba e dous amigos seus xogando ao parchís. Nunha hamaca hai outra señora maior que le un xornal. No fondo da imaxe, a través dos cristais do edificio, vese unha sala onde algúns anciáns ven a tele e outra sala onde outras persoas maiores fan ximnasia.

Avao: ¡Ola! Véñovos presentar o meu neto, que quere saber que é un centro de día.

Avoa: ¡Ola, Alba! Explícocho eu. Un centro de día é un lugar onde as persoas que estamos xubiladas nos reunimos cos nosos amigos, lemos, podemos xogar ás cartas, facer ximnasia, comer ou planificar excursións. Se o necesitamos, mesmo podemos ter asistencia médica e rehabilitación.

Alba: ¡Pois si que o pasades ben aquí cos vosos colegas! E todo isto ¿tamén é gratis?

Avao: Ben, aínda que non é gratis, gran parte do que custa págano as administracións públicas. Ademais, as persoas maiores tamén temos dereito a descontos nas viaxes, incluso algúns non pagan no autobús urbano. Os xubilados podemos ter tamén menciñas gratis. Como ves, contamos con algunhas axudas.

Alba: Isto si que está ben organizado. Só me queda por saber de onde sacades o diñeiro para poder facer a vosa vida.

Avao: Os que xa non traballamos recibimos unha pensión de xubilación. É un dereito que gañamos despois de ter contribuído cunha parte do noso soldo ao longo de toda unha vida de traballo. Isto é posible porque as persoas que traballan hoxe contribúen cunha parte do seu soldo, os empresarios cunha parte das súas ganancias e o Estado fai tamén unha achega a un fondo común que se chama Seguridade Social. Así, da mesma maneira que eu contribuín á Seguridade Social para outros, ti faralo para os teus pais, e os teus fillos para ti.

Alba: ¡Ti si que sabes, avao! ¿por que non me contas máis cousas?

Avao: Ven comigo ao hospital e seguiremos falando.

Alba: ¡Veña, vamos!

A continuación contámosche algunhas curiosidades,

SABÍAS QUE...

Ademais das pensións de xubilación, existen outros tipos de pensións, como as de invalidez e viuvez..

¿E QUE...?.

Hai persoas que, aínda que non contribuíron ao fondo común, porque as súas circunstancias ao longo da vida non llelo permitiron, reciben unha pensión á que se lle chama pensión non contributiva.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

Cando as persoas se xubilan, reciben un diñeiro mensual. ¿Cal é o nome deste diñeiro?

  1. Indemnización
  2. Pensión de xubilación.
  3. Soldo.

A resposta correcta é a b: "Pensión de xubilación".


ESCENARIO 5. HOSPITAL

Pasamos de pantalla para atoparnos no hospital. Estamos nun cuarto de hospital, no que hai dúas camas, dúas cadeiras para acompañantes, mesiñas ao lado das camas para que coman os enfermos, unha televisión colgada da parede. Nunha das mesiñas, hai un floreiro con flores. A través das ventás do cuarto, unha vista panorámica da cidade. En primeiro plano unha doutora atende o avao de Alba, mentres mira a radiografía dunha man. A doutora pregúntalle ao avao polo seu estado de saúde e así comezan a falar as tres personaxes:

Avao: Alba, supoño que algunha vez te pararías a pensar no sinxelo que resulta para nós acudir ao médico cando o necesitamos. Sen embargo hai outros países nos que as persoas morren porque non teñen diñeiro para pagar as atencións sanitarias que necesitan.

Alba: Entendo, avao, que o que me queres dicir é que outra das cuestións á que as administracións públicas lle destinan cartos é a contribuír e facer funcionar os centros de saúde e os hospitais.

Doutora: Así é. A sanidade pública conta con centros de saúde e hospitais para proporcionar os servizos sanitarios que necesitamos os cidadáns.

Alba: A sanidade pública só se ocupa de atender os enfermos, ¿verdade?

Doutora: Non. Nos centros sanitarios públicos, ademais de atender os pacientes que o necesitan, realízanse transplantes e investígase para atopar a cura a enfermidades difíciles de tratar, como a SIDA ou o cancro. Tamén se levan a cabo campañas de prevención de enfermidades, mediante vacinas, tratamentos e información pública.

Avao: A sanidade ocúpase de curar os enfermos e de previr, é dicir, evitar que as persoas enfermen. Fanse campañas informativas para fomentar nos cidadáns hábitos axeitados para o mantemento e a mellora da saúde. Supoño que verías carteis e anuncios sobre os efectos prexudiciais do tabaco e, sobre todo, das drogas, ou sobre a importancia de tomar froita fresca e de adoptar outros hábitos saudables.

Doutora: Ben, agora que che contamos como funciona a sanidade pública, imos ver como se atopa o teu avao. Segundo a súa radiografía, todo vai moi ben.

Avao: Si, encóntrome tan ben que agora mesmo imos dar unha volta á vila.

A continuación contámosche algunhas curiosidades,

SABÍAS QUE...

A principios do século XX, en España, a esperanza de vida ao nacer non chegaba aos 35 anos. A causa principal era a alta taxa de mortaldade infantil, debida á falta de coidados médicos da nai e do bebé. Ao comezo do século XXI, a esperanza de vida é de 79 anos, unha das máis altas do mundo. No caso da muller española é de 83 anos. Nalgúns países pobres está entre 35 e 40 anos.

¿E QUE...?

Aproximadamente 11 millóns de nenos morren cada ano no mundo, a causa de enfermidades que se poden previr con vacinas e/ou coidados médicos. (Datos UNICEF)

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿É gratis ir ao médico en todos os países?

  1. Si, porque todas as persoas somos iguais e temos dereito á sanidade.
  2. Non, só naqueles nos que as administracións públicas, mediante o diñeiro recadado, pagan a construcción de hospitais, centros de saúde e o soldo do persoal sanitario.

A resposta correcta é a b: "Non, só naqueles nos que as administracións públicas, mediante o diñeiro recadado, pagan a construcción de hospitais, centros de saúde e o soldo do persoal sanitario".


ESCENARIO 6. BOMBEIROS

Neste escenario, avao e neto camiñan pola rúa en dirección á estación. Pasan por diante da comisaría de policía e, ao chegar ao parque de bombeiros, atopan un bombeiro que parece coñecer o nosa amiga e saúdao:

Bombeiro: ¡Ola, Alba! ¿Xa volves á casa?

Alba: Non, vou co meu avao á estación. Nós imos á vila. Ademais, andamos nunha conversa moi interesante sobre os servizos públicos.

Bombeiro: ¡Que ben! ¿Sabes que os bombeiros, os policías, a Garda Civil e as persoas de Protección Civil tamén formamos parte dos servizos públicos?

Alba: ¡Si, claro! Ofrecer seguridade e axuda para todos, cando é necesario, é responsabilidade das administracións públicas. Ninguén ten a súa propia Policía ou Bombeiros. Os cidadáns chaman os servizos públicos cando os necesitan.

Bombeiro: Vexo que aprendiches moito sobre como funcionan estes servizos. Agora teño que marchar, pois precisamente teño que ir atender unha persoa en apuros que nos pediu axuda. Ata pronto, amiga!

A continuación algunhas curiosidades,

SABÍAS QUE...

Os servizos de axuda ao cidadán (Bombeiros, Garda Civil, Policía e Protección Civil) son públicos, é dicir, son posibles grazas ao diñeiro recadado polas administracións públicas.

¿E QUE...?

O salvamento de náufragos ou bañistas en perigo, a protección de nenos perdidos ou abandonados, a busca de persoas desaparecidas, a reparación urxente de cornixas ou tellados que se puidesen caer ou o rescate de montañeiros perdidos na neve tamén son servizos que prestan a Policía, a Garda Civil, os Bombeiros e Protección Civil.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Que servizos públicos atenden emerxencias?

  1. Bombeiros, Garda Civil, Policía e Protección Civil.
  2. Bombeiros e Protección Civil
  3. Policía e Bombeiros

A resposta correcta é a: "Bombeiros, Garda Civil, Policía e Protección Civil".


ESCENARIO 7: ESTACIÓN DE TREN

Os nosos protagonistas chegaron á estación e viaxan nun tren con destino á vila. A través das ventás do vagón no que están sentados vese a plataforma. Hai un reloxo grande colgado e un cartel azul coa bandeira da Unión Europea e no centro lese FEDER. Mentres inician a súa viaxe, Alba e o seu avao falan:

Avao: As estacións de tren e de autobuses, os aeroportos, os portos e as estradas e as vías férreas tamén son instalacións das que gozamos sen pagar de maneira directa polo seu uso. As infraestruturas páganse co diñeiro recadado polas administracións públicas.

Alba: Si, por iso os países do Terceiro Mundo, como teñen moi poucos recursos, están lonxe de ter as infraestruturas dos máis desenvolvidos

Avao: ¡Claro! Ademais, hai que ter en conta que canto mellores son as infraestruturas máis posibilidades de desenvolvemento teñen os países.

Alba: Teño unha dúbida. Se as estradas se pagan con diñeiro público, ¿por que hai autoestradas de peaxe?

Avao: Ás veces, os investimentos necesarios son tan grandes que as administracións públicas acordan con organismos privados a construcción ou o mantemento das infraestruturas. Entón estes organismos adiantan o diñeiro e cobran unha cantidade a todos os usuarios, coa intención de recuperar ao longo dun período de anos o investimento realizado.

Agora contámosche algunhas curiosidades

SABÍAS QUE...

A modernización das estradas en España foi posible grazas ao diñeiro que as administracións públicas investiron na súa construcción e ás axudas que a Unión Europea ofreceu ao noso país.

¿E QUE...?

As infraestruturas non son un fin en si mesmas, senón un instrumento ao servizo da integración, da cohesión social, da xeración de emprego e de riqueza. As infraestruturas teñen un marcado carácter social, pois contribúen a eliminar as diferenzas entre territorios, en definitiva, a eliminar as diferenzas de oportunidades.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

Se rompen as vías polas que pasa o tren que te leva á cidade na que pasas as túas vacacións, ¿Quen paga o arranxo?

  1. Os teus pais, que terán que pagar máis polo billete para que arranxen as vías.
  2. O condutor do tren.
  3. As administracións públicas a través do diñeiro recadado.

A resposta correcta é a c: "As administracións públicas a través do diñeiro recadado".


ESCENARIO 8: VILA

Alba e o seu avao chegaron ao seu destino. Están nunha rúa da vila. Hai casas baixas con soportais na rúa. Ao final da rúa hai unha vaca. Nun primeiro plano, está a Casa do Concello, unha motocicleta aparcada e, en fronte, unha tenda de alimentación. Na porta da tenda de alimentación, os nosos amigos falan.

Avao: Ben, creo que xa chegou o momento de explicarche de onde sae o diñeiro que recadan e xestionan as administracións públicas.

Alba: Conta, conta….

Avao: Verás, todas as persoas que vivimos en España contribuímos con parte do noso diñeiro a través do pago dos impostos.

Alba: Entón, ¿os mozos tamén pagamos impostos?

Avao: Si, aínda que a algúns vos sorprenda, tamén pagades impostos.

Alba: avao, pero se eu non teño traballo nin teño diñeiro!

Avao: Sen traballar, tamén se pagan impostos. De forma moi sinxela pódoche dicir que os impostos son de dous tipos. Os que pagan as persoas maiores e que teñen que ver co diñeiro que se gaña chámanse impostos directos e o máis importante e coñecido deles é o imposto sobre a renda (IRPF). E os que teñen que ver co que se compra, aos que se lles chama impostos indirectos. Destes, o máis importante é o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), que pagamos todos, ti tamén, cada vez que mercamos algo. Imos entrar na tenda para que o entendas mellor.

Alba: Vale, e mercamos uns refrescos.

A continuación contámosche algunhas cousas bastante interesantes.

SABÍAS QUE...

Un imposto é unha cantidade de diñeiro que deben pagar obrigatoriamente os cidadáns para que as administracións públicas poidan atender os gastos públicos de todos (educación, sanidade, infraestruturas, servizos de emerxencia, etc.)

¿E QUE...?

Os impostos non son unha cantidade fixa igual para todos os cidadáns, pois iso sería inxusto, xa que non todas as persoas teñen o mesmo diñeiro. Por iso, pagan máis impostos os que teñen máis ou gañan máis, e pagan menos impostos os que menos diñeiro teñen. É dicir, pagan impostos de acordo coa súa capacidade económica.

ADEMAIS...

A capacidade económica das persoas pódese saber a través das cousas que teñen, é dicir, da súa riqueza (patrimonio), a través do dineiro que gañan (renda) ou a través do que gastan comprando (consumo).

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Quen son as persoas que contribúen con parte do seu diñeiro para pagar os gastos públicos?

  1. Só as persoas que traballan.
  2. As nais e mais os pais.
  3. Todos os cidadáns.

A resposta correcta é a c: "Todos os cidadáns".


ESCENARIO 9: TENDA

Entran na tenda. É unha tenda na que venden case de todo. Nun primeiro plano hai caixas de mazás, peras, plátanos, tomates, laranxas, cogombros, allos, etc. No lateral da tenda hai un estante con caixas de zumes e latas de tomate. No mostrador, hai unha caixa rexistradora e unha báscula. Detrás, está a tendeira, unha señora riseira que os atende:

Avao: Bo día, Pilar ¿Posnos dous cartóns de zume e unha bolsa de patacas fritas?

Pilar: ¡Claro, como non! Son 2,10 €. Aquí tes o tícket.

Avao: Mira, Alba, ¿ves? No tícket pon “IVE”. Ao lado hai unha cantidade ¿verdade?

Alba: Si, 14 céntimos é o IVE, e 1,96 é o importe.

Avao: Os 14 céntimos é o imposto que pagamos pola compra que acabamos de facer. Todas as compras, sexan cousas moi pequenas, como un chicle, ou algo moi grande, como unha bicicleta, teñen IVE. Isto significa que as administracións públicas recadan unha parte do diñeiro da compra, para investila despois en todos eses servizos dos que gozamos (educación, sanidade, estradas, etc.)

Alba: Entón, ¿canto máis cara é a compra, máis IVE se paga?

Avao: Exacto. A cantidade depende do importe da compra. O importante é que te asegures de que o pagas. Esa é a finalidade das facturas e os tíckets de compra. Para explicarche o outro tipo de imposto do que che falei, imos ver a túa nai ao traballo.

A continuación contámosche algunhas curiosidades,

SABÍAS QUE...

Os autónomos e as empresas que cobran o IVE nos seus servizos ou vendas compararán esa cantidade co IVE que eles lles pagan aos seus provedores. O resultado desa diferenza calcúlase trimestralmente e supón un pagamento ou un cobramento na Axencia Tributaria, que depende de se cobraron ou pagaron máis diñeiro en concepto do IVE.

¿E QUE...?

É importante pedir sempre a factura ou o tícket, aínda que alguén nos ofreza un prezo máis barato se non nos dá o comprobante, se non esiximos as facturas, é posible que non esteamos pagando o IVE das nosas compras. Ademais, se o produto que adquirimos é defectuoso, para reclamar necesitaremos achegar a factura ou o tícket.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

Cando un empresario lles compra aos seus provedores, págalles o IVE e cando lles vende aos seus clientes, cóbralles o IVE ¿Que ten que facer despois o empresario co IVE que cobrou dos seus clientes?

  1. Queda co IVE que lles cobrou aos seus clientes porque é parte do seu beneficio.
  2. Ten que ingresar na Axencia Tributaria a cantidade que resulta de restarlle ao IVE que lles cobrou aos seus clientes o IVE que lles pagou aos seus provedores.
  3. Devólvelles o IVE aos clientes e pídellelo aos provedores.

A resposta correcta é a b: "Ten que ingresar na Axencia Tributaria a cantidade que resulta de restarlle ao IVE que lles cobrou aos seus clientes o IVE que lles pagou aos seus provedores".


ESCENARIO 10: XENTE TRABALLANDO

Pasamos de pantalla e atopamos a nosa amiga Alba na oficina na que traballa a súa nai. Na oficina, hai mesas con ordenadores e persoas traballando. Hai plantas e cadros. Dende as ventás vense outros edificios. Unha señora sentada nunha mesa fala cun dos seus compañeiros. Nun primeiro plano vemos a nosa personaxe falando coa súa nai.

Alba: O avao contoume como funcionan os servizos dos que gozamos grazas aos impostos. E díxome que todas as persoas que traballan contribúen cunha parte do seu soldo aos gastos públicos, ¿Ti falo, mamá?

Mamá: Por suposto. As persoas que traballamos contribuímos con parte do noso soldo. A esta contribución chámaselle imposto sobre a renda (IRPF). Non todos pagamos o mesmo porque se contribúe en función do que se gaña, é dicir, que o que gaña máis paga máis. Ademais, tamén contan as circunstancias persoais e familiares, xa que en determinadas situacións, por exemplo, se a persoa ten fillos ou é discapacitada, paga menos.

Alba: Cando eu traballe, tamén terei que pagar o imposto sobre a renda, claro. ¿E quen se encarga de recadar todo o diñeiro?

Mamá: No Estado, a Axencia Tributaria; nas comunidades autónomas e nos concellos, as súas respectivas administracións tributarias.

Alba: ¿Que é a Axencia Tributaria?

Mamá: Como aquí cerca hai unha oficina, imos vela.

Algunhas cuestións de interese

SABÍAS QUE...

O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) é un imposto que se paga en función do diñeiro que se gaña. Así, o que gaña máis paga máis e o que gaña menos paga menos, e incluso as persoas que teñen só o xusto para poder vivir non pagan nada.

¿E QUE...?

No imposto sobre a renda (IRPF) considérase que hai unha cantidade mínima de diñeiro que todos necesitamos gastar para poder vivir dignamente e cubrir as necesidades básicas. Por esa cantidade non hai que pagar o imposto sobre a renda. Ademais, esa cantidade mínima é maior para as persoas que teñen fillos, xa que deben alimentalos, comprarlles roupa, libros, etc.

ADEMAIS...

O imposto sobre a renda non se ten que pagar todo xunto, senón que se vai pagando a prazos ao longo do ano (retencións, pagamentos á conta).

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿De que depende a cantidade do IRPF que paga unha persoa?

  1. Da renda que obtivo durante o ano e da súa situación persoal e familiar.
  2. Dos servizos públicos que utilizou.
  3. Do que consumiu durante o ano.

A resposta correcta é a: "Da renda que obtivo durante o ano e da súa situación persoal e familiar".


ESCENARIO 11: AXENCIA TRIBUTARIA

Pasamos de pantalla e atopamos a Alba e a súa nai nunha oficina da Axencia Tributaria. Os traballadores da axencia están a atender os cidadáns que acoden a realizar a súa declaración da renda.

O noso protagonista e a súa nai, están de pé no centro da sala e falan.

Mamá: No Estado é a Axencia Tributaria a que se encarga de recadar o diñeiro dos impostos. Unha vez ao ano, todo o mundo fai as súas contas para ver se ten que declarar ou non polo IRPF e, se é o caso, se lle sae a pagar ou a devolver en función do gañado, da situación persoal e da familiar, e dos pagamentos a conta realizados.

Alba: ¿E todo iso o ten que facer cada persoa?

Mamá: Si, pero a Axencia infórmanos a todos e axúdalles a facer esta declaración a moitas persoas. Tamén envía ao domicilio un borrador da declaración ao que se pode dar a conformidade ata polo móbil.

Alba: ¿E se algunha persoa non quere pagar os impostos?

Mamá: A Axencia Tributaria encárgase de vixiar que todos cumpramos co noso deber de pagar os impostos, para que todo o que é necesario facer con ese diñeiro poida realizarse e para que non haxa persoas que se aproveiten dos demais. Ninguén debería deixar de pagar os seus impostos, pois iso é defraudar, un comportamento insolidario que nos prexudica a todos. É coma se, ao organizar unha festa, algúns compañeiros non quixeran colaborar na preparación ou nos gastos e logo participaran nela. Non o aceptariades, ¿verdade?

Alba: ¿E quen decide canto diñeiro se dedica a cada necesidade pública?

Mamá: A decisión sobre en que se gasta o diñeiro e canto en cada cousa tómana os representantes dos cidadáns nas Cortes Xerais, así como nas Asembleas Lexislativas das comunidades autónomas e nos Plenos dos concellos. E para iso, hai longos debates.

Alba: ¡Ah, xa! Os políticos son os que mandan e poden facer o que queiran.

Mamá: Non. Os partidos políticos preséntanse ás eleccións cun programa no que cada un di o que faría co diñeiro público se gañase, e a xente vótalle ao partido que lle parece mellor. Ademais, cada ano, o Parlamento ten que aprobar as propostas do Goberno sobre en que quere gastar o diñeiro de todos.

Alba: Vale, vale, pero agora ¡veña, vámonos á casa!

Agora ofrecémosche algúns datos curiosos,

SABÍAS QUE...

A Axencia Tributaria ten dous obxectivos: axudarlles ás persoas a cumprir coas súas obrigas en relación cos impostos e tratar de evitar que haxa persoas que non cumpran coas súas obrigas.

¿E QUE...?

As comunidades autónomas e as administracións locais (concellos ...) tamén recadan determinados impostos. Por exemplo, cando unha persoa lle vende a súa casa a outra, a que a compra ten que pagar á comunidade autónoma un imposto ao que se lle chama de “Transmisións Patrimoniais”. Os concellos tamén recadan impostos, como o que se paga por ter coche ou unha especie de impostos aos que se lles chaman taxas, como a que pagamos para que nos recollan o lixo.

ADEMAIS...

Outra das funcións da Axencia Tributaria é vixiar as fronteiras, para evitar, por exemplo, que entren drogas no país, que se trafique con animais de especies protexidas ou que saian indebidamente obras de arte.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Quen se encarga de recadar a maioría dos impostos en España?

  1. O Instituto Nacional de Estatística.
  2. A Axencia Tributaria.
  3. O Tribunal de Contas.

A resposta correcta é a b: "A Axencia Tributaria".


ESCENARIO 12: COMUNIDADE DE VECIÑOS

Pasamos de pantalla e atopamos a Alba e á súa nai no portal da súa casa, onde un grupo de veciños parece estar reunido. Un señor, que parece ser o presidente da comunidade, unha señora, que está a ler un papel, e outros catro veciños que están sentados ao lado do ascensor. Na porta do ascensor hai un cartel de avariado

Nai e filla, de pé, contemplan a escena mentres comentan:

Mamá: ¡Mira! Hai reunión de propietarios. As comunidades de veciños son como os países. Os veciños debaten, deciden e contribúen co diñeiro necesario para cubrir os gastos comúns, como os de limpeza, coidado do ascensor, mantemento e vixilancia, se é o caso.

Alba: ¿Todos pagan o mesmo?

Mamá: Non, o que ten a casa máis grande paga máis e o que ten a casa máis pequena paga menos.

Alba: ¿E se alguén non paga?

Mamá: Amólanos a todos, porque non só non contribúe coa súa parte senón que ademais segue usando todo igual que se pagara. Porque o que non paga tamén utiliza o ascensor, prende a luz e todo o demais.

Alba: ¿E quen toma a decisión de en que se gasta o diñeiro e en que non?

Mamá: A persoa que administra a comunidade encárgase de facer o presuposto onde figuran os gastos e ingresos da comunidade. Na reunión de veciños pídeselles opinión a todos e decídese se se aproba ou non o presuposto. Por iso se fan as reunións de veciños.

Alba: Entón, iso de votar é moi importante, porque así é como se toman as decisións.

Mamá: Si, efectivamente. Votar é unha responsabilidade, ademais dun dereito que ti pronto poderás exercer. De momento, imos á casa, que é tarde.

Alba: Si, ademais mañá non teño clase, porque imos co profesor ao museo.

A continuación ofrecémosche algúns datos de interese

SABÍAS QUE...

As persoas insolidarias que non pagan os seus impostos obrígannos a todos a recibir un número menor de servizos ou a recibir servizos públicos de peor calidade. Ademais, aqueles que contribúen teñen que pagar máis para compensar o diñeiro que deixan de pagar os defraudadores.

¿E QUE...?

Os Presupostos xerais do Estado é a Lei onde figuran as contas que reflicten o que se vai gastar e ingresar na administración pública para proporcionar os bens e servizos públicos. Os ingresos obtéñense principalmente dos impostos que pagamos todos os cidadáns. Son elaborados polo Goberno e sometidos á aprobación do Congreso dos Deputados e do Senado.

Para seguir terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta 

¿Que son os Presupostos xerais do Estado?

  1. A Lei onde figuran as contas do que o Estado vai gastar e vai ingresar nun ano.
  2. Un documento aprobado por referéndum.
  3. O programa electoral do partido que goberna.

A resposta correcta é a a: "A Lei onde figuran as contas do que o Estado vai gastar e vai ingresar nun ano".


ESCENARIO 13: MUSEO

É outro día. Os nenos están co seu profesor no museo ao que acudiron a ver unha exposición sobre a historia dos impostos. Vemos unha estatua de Apolo no centro da sala. Nas paredes hai cadros e debaixo deles vitrinas con obxectos. Unha señora mira atentamente un cadro, mentres o profesor, no centro da sala, xunto con Laura e Dani, se dirixe a eles e lles di:

Profe: Viñemos ao museo, como vos dixen, porque imos visitar a exposición sobre a historia dos impostos, que explica moi ben a importancia que teñen para o benestar de todos. Os impostos existiron sempre. Todos os gobernantes pedironlles ás persoas que contribuísen con parte do seu diñeiro para pagar os bens comúns. Cando non foron xustos co uso do diñeiro recadado, a xente protestou.

Alba: Entón, os impostos son moi importantes para o funcionamento de todas as sociedades.

Profe: Sen dúbida. Nunha sociedade democrática, como é a nosa, grazas a que todos contribuímos con parte do noso diñeiro a través do que compramos e do que gañamos, gozamos de ensino, sanidade, seguridade e pensións para todos.

Dani: ¡Profe!, ademais diso, o diñeiro dos impostos tamén se usa para arranxar e limpar as cousas que se estragan ou ensucian ou que algúns vándalos rompen.

Alba: Logo, outra forma de contribuír ao fondo común é non tirar chicles ao chan, non pintar nos bancos do parque, non romper papeleiras, coidar o material escolar do centro….

Profe: Moi boa observación. Non só é importante construír estradas, colexios, hospitais e parques, senón tamén mantelos e coidalos ben. Como vexo que entendestes o concepto, vouvos formular unha pregunta: ¿que pasaría se non houbese impostos?

Agora ofrecémosche algúns datos de interese

SABÍAS QUE...

Foron os musulmáns en España quen, por primeira vez, definiron o imposto sobre a compra e a venda. A este imposto puxéronlle o nome de gabelas.

¿E QUE...?

Na Idade Media eran os campesiños os que lles pagaban os impostos aos señores feudais, a cambio da súa protección.

ADEMAIS...

No século XVI houbo en España unha revolta popular moi importante, a dos Comuneiros, en gran medida, como protesta polos novos impostos que se estableceron coa chegada do Emperador Carlos V.

RECORDA QUE...

Un dos principios fundamentais da democracia é que só se poden establecer impostos coa aprobación dos representantes elixidos polos cidadáns. Por iso, segundo a Constitución, os impostos teñen que establecerse por lei aprobada no Parlamento.

Para seguir terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta

O diñeiro recadado nos impostos serve para:

  1. Financiar a educación, a sanidade e a protección do medio ambiente.
  2. Financiar a protección social, a administración de xustiza e o mantemento da seguridade interior e exterior.
  3. As dúas son correctas.

A resposta correcta é a c: "As dúas son correctas".


ESCENARIO 14: CIDADE SEN IMPOSTOS

Os nenos seguen na sala do museo, escoitando o seu profesor. Imaxinan unha cidade sen impostos. Xunto ás súas cabezas un bocadillo mostra un lugar con lixo no chan, coas rúas sen asfaltar, un ancián pedindo esmola, un campo de fútbol coas porterías rotas... Mentres imaxinan, falan entre eles.

Dani: Nada sería como é agora. Non teriamos museos nin bibliotecas nin institutos nin hospitais; non habería policías nin bombeiros nin estacións de tren nin estradas; non existirían varredores que limpasen as rúas...

Alba: O meu avao non podería ir ao centro de día, non tería pensión e as menciñas custaríanlle tan caras que non as podería mercar. Non teriamos parques e moitos de nós xa estariamos traballando no canto de ir ao colexio. ¡Uf, que mal!

Gabriel: ¡Con isto dos impostos estou descubrindo cousas interesantes! Os impostos axudan a que todos teñamos as mesmas oportunidades.

Alba: Agora doume conta de que estaba equivocado. Os impostos son un tema que ten tamén moito que ver connosco.

A continuación te ofrecemos algunas cosas que merece la pena saber,

SABÍAS QUE...

A pesar de todas as vantaxes que ten pagar os impostos, hai persoas insolidarias que intentan non facelo ou pagar menos do que lles corresponde. Por iso, a Axencia Tributaria fai un gran esforzo para investigar e descubrir os defraudadores.

¿E QUE...?

As persoas que non pagan os impostos que lles corresponden son multadas ou mesmo poden chegar a ir ao cárcere se a cantidade defraudada é superior a 120.000 euros e cometen delito fiscal.

Xa concluíches a aventura. Esperamos que aprenderas cousas interesantes e...

RECORDA QUE...

Todos teñen necesidades individuais, que satisfacemos cada un co noso diñeiro, pero ademais temos outras colectivas, que un a un non poderiamos pagar. Para iso, realízanse achegas a un fondo común. Estas achegas fanse fundamentalmente mediante o pagamento de impostos. Con eles cóbrense os gastos precisos para establecer e manter os servizos públicos necesitamos e que queremos ter para gozar dunha mellor calidade de vida.

 

 

RESPUESTAS A LAS PREGUNTAS:


RESPOSTA ESCENARIO 1. COLEXIO

¿Onde figura que a educación básica debe ser gratuíta e obrigatoria para todos?

A resposta: "Na Constitución española de 1978" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Nalgúns documentos municipais" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Non está recollido en ningunha parte" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 2. BIBLIOTECA

¿Quen cres que compra os libros, as revistas e os CD’s que hai nas bibliotecas?

A resposta: "Os organismos públicos que as xestionan" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Os libros que hai nelas son os excedentes que as librarías non conseguiron vender" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Lévanos persoas que teñen moitos na súa casa" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 3. PARQUE

¿Cres que habería parques públicos se non existiran administracións públicas que se encargasen deles?

A resposta: "Si, porque os parques crecen sós, ponos a natureza" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Non, ningúen se encargaría de facer un parque e mantelo limpo e coidado sen cobrar nada" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Nin si, nin non, é un tema que non é importante" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 4. CENTRO DE DÍA

Cando as persoas se xubilan, reciben un diñeiro mensual. ¿Cal é o nome deste diñeiro?

A resposta: "Indemnización" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Pensión de xubilación" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Soldo" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 5. HOSPITAL

¿É gratis ir ao médico en todos os países?

A resposta: "Si, porque todas as persoas somos iguais e temos dereito á sanidade" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Non, só naqueles nos que as administracións públicas, mediante o diñeiro recadado, pagan a construcción de hospitais, centros de saúde e o soldo do persoal sanitario" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 6. BOMBEIROS

¿Que servizos públicos atenden emerxencias?

A resposta: "Bombeiros, Garda Civil, Policía e Protección Civil" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Bombeiros e Protección Civil" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Policía e Bombeiros" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 7. ESTACIÓN TREN

Se rompen as vías polas que pasa o tren que te leva á cidade na que pasas as túas vacacións, ¿Quen paga o arranxo?

A resposta: "Os teus pais, que terán que pagar máis polo billete para que arranxen as vías" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "O condutor do tren" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "As administracións públicas a través do diñeiro recadado" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 8. VILA

¿Quen son as persoas que contribúen con parte do seu diñeiro para pagar os gastos públicos?

A resposta: "Só as persoas que traballan" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "As nais e mais os pais" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Todos os cidadáns" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 9. TENDA

Cando un empresario lles compra aos seus provedores, págalles o IVE e cando lles vende aos seus clientes, cóbralles o IVE ¿Que ten que facer despois o empresario co IVE que cobrou dos seus clientes?

A resposta: "Queda co IVE que lles cobrou aos seus clientes porque é parte do seu beneficio" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Ten que ingresar na Axencia Tributaria a cantidade que resulta de restarlle ao IVE que lles cobrou aos seus clientes o IVE que lles pagou aos seus provedores" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Devólvelles o IVE aos clientes e pídellelo aos provedores" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 10. XENTE TRABALLANDO

¿De que depende a cantidade do IRPF que paga unha persoa?

A resposta: "Da renda que obtivo durante o ano e da súa situación persoal e familiar" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Dos servizos públicos que utilizou" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Do que consumiu durante o ano" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 11. AXENCIA TRIBUTARIA

¿Quen se encarga de recadar a maioría dos impostos en España?

A resposta: "O Instituto Nacional de Estatística" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "A Axencia Tributaria" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "O Tribunal de Contas" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 12. COMUNIDADE DE VECINOS

¿Que son os Presupostos xerais do Estado?

A resposta: "A Lei onde figuran as contas do que o Estado vai gastar e vai ingresar nun ano" es correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Un documento aprobado por referéndum" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "O programa electoral do partido que goberna" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 13. MUSEO

O diñeiro recadado nos impostos serve para:

A resposta: "Financiar a educación, a sanidade e a protección do medio ambiente" es incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  1. A resposta: "Financiar a protección social, a administración de xustiza e o mantemento da seguridade interior e exterior" es incorrecta

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

  2. A resposta: "As dúas son correctas" es correcta