Xeración T - Portal Educación Cívico Tributaria. Agencia Tributaria. - Alumnos

Xeración T - Axencia Tributaria, coa colaboración do Instituto de Estudios Fiscais.

Primeiro ciclo de secundaria

ESCENARIOS:

Escenario 1. Colexio

Escenario 2. Biblioteca

Escenario 3. Parque

Escenario 4. Centro de día

Escenario 5. Hospital

Escenario 6. Bombeiros

Escenario 7. Estación de tren

Escenario 8. Vila

Escenario 9. Tenda

Escenario 10. Xente traballando

Escenario 11. Axencia Tributaria

Escenario 12. Comunidade de veciños

Escenario 13. Museo

Escenario 14. Cidade sen impostos

 

Convidámoste a vivir unha aventura ao lado dos nosos amigos da Xeración T, que son dúas rapazas e dous rapaces da túa idade. Chámanse Alba, Laura, Dani e Gabriel. Darás un paseo pola súa cidade e poderás visitar un gran número de lugares: un colexio, un parque, un hospital, un parque de bombeiros, etc.

A cada un dos lugares que iremos visitando chamarémoslle escenario e en cada escenario atoparemos personaxes que nos contarán historias moi interesantes.

¡Esperamos que aprendas e que te divirtas cos nosos amigos da Xeración T!


ESCENARIO 1. COLEXIO

Estamos nunha aula na que hai un profesor novo, que se atopa detrás da súa mesa, un encerado no que está escrito un problema de matemáticas, un pequeno estante con libros sobre o que descansa un globo terráqueo. Fronte ao profesor, están os pupitres dos alumnos. Hai dúas rapazas (Alba e Laura) e dous rapaces (Dani e Gabriel) de costas. Nos seus pupitres teñen cadernos e libros abertos e algúns bolígrafos.

O profesor dá comezo á clase dirixíndose aos alumnos, e isto xera un diálogo entre o profesor e dous dos alumnos: Dani e Alba.

Profe: Bo día, mozos. Hoxe vouvos falar dos impostos, inda que, antes de explicarvos que son, imos pensar sobre o que acontece ao noso redor. Comezaremos reflexionando sobre o que temos máis perto. ¿Que facedes vós todos os días?

Dani: Vimos ao instituto

Profe: ¿O resto das rapazas e dos rapaces españois fan o mesmo?

Alba: ¡Si, claro! Todos imos a un instituto. Uns acoden a centros públicos, outros, a centros concertados e outros, a centros privados, pero todos estudamos, porque en España a educación secundaria é obrigatoria.

Profe: ¿Sabedes por que a ESO ten carácter obrigatorio?

Dani: Si, porque ata os 16 anos non se pode traballar.

Profe: Esa é unha das razóns, inda que existen outras. Ademais, como é obrigatoria, as administracións públicas deben garantir que todas as rapazas e rapaces teñan unha praza escolar gratuíta.

Alba: Non sempre pasou iso, ¿verdade?

Profe: Non. Noutrora as cousas non eran así, pois os nenos traballaban desde moi cativos e só algúns dispuñan de tempo e cartos para acudiren á escola. Agora iremos á biblioteca e alí buscaremos máis información.

A continuación contarémosche algunhas cousas bastante interesantes

SABÍAS QUE...

En España, hai moitos anos, non todos ían ao colexio. Se lles preguntades aos vosos avaos, moitos diranvos que seus pais, e mesmo eles, non puideron estudar. Por exemplo, a principios do século XX, case un 59% da poboación de máis de 9 anos era analfabeta. Agora, o 100% dos nenos e nenas en España teñen dereito a unha praza escolar gratuíta ata os 16 anos. (Datos Instituto Nacional de Estatística)

¿E QUE...?

Para poder acceder ao mundo laboral é importante ter estudos. Sen eles dificúltase moito que a persoa logre un posto de traballo e unhas mellores condicións laborais. Por iso, as administracións públicas garanten que todos os nenos teñan, polo menos, un nivel básico de formación.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Quen debe garantir que a educación básica sexa gratuíta para todos?

  1. As administracións públicas
  2. Os profesores.
  3. As dúas son certas.

A resposta correcta é a a: "As administracións públicas".

 

ESCENARIO 2. BIBLIOTECA

Os nosos amigos están agora na biblioteca. Hai moitos libros nos estantes que rodean a sala. Na zona central hai mesas con ordenadores para poder estudar e facer traballos. Ao fondo da sala atópanse a sala para escoitar música e a videoteca.

As dúas rapazas (Alba e Laura) e os dous rapaces (Dani e Gabriel) están de pé, nun lateral da sala escoitando o seu profesor.

Profe: ¿Que podemos facer nunha biblioteca pública?

Laura: Consultar e/ou ler libros, xornais, revistas, navegar en internet, coller prestados CDs, DVDs…

Profe: Ademais, nas bibliotecas podedes atopar moitas alternativas para o tempo libre, que non vos custarán cartos.

Laura: Pero eu pódolles pedir cartos aos meus pais para mercar as revistas ou os DVDs que queira e ademais teño ADSL na casa para navegar na internet. Logo as bibliotecas son para os pobres.

Profe: Non, Laura. Non se trata de que as cousas sexan de balde para os pobres, senón de que todos poidamos gozar das mesmas oportunidades con independencia dos cartos que teñamos.

Dani: ¿Por ese motivo as administracións públicas se ocupan de manter as bibliotecas?

Profe: Si, pero no só as bibliotecas, tamén as salas de exposicións e os museos. Coidar o patrimonio cultural e facilitarlles aos cidadáns o acceso á cultura é responsabilidade das administracións públicas. Antes de marchardes, revisaremos este exemplar da Constitución española, onde se recollen os dereitos e deberes dos cidadáns. Pronto faremos unha visita ao museo para ver unha exposición sobre a historia dos impostos.

A continuación contarémosche algunhas cousas bastante interesantes

SABÍAS QUE...

Segundo a Constitución española, as administracións públicas deberán promover o acceso á cultura e garantir a conservación e o enriquecimento do patrimonio histórico, cultural e artístico de España.

¿E QUE...?

En España existe unha rede de case 5.500 bibliotecas públicas, sumando as que xestionan o Estado, as comunidades autónomas e os municipios. (Datos Instituto Nacional de Estadística).

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Quen cres que merca os libros, as revistas e os CD’s que hai nas bibliotecas?

  1. Os organismos públicos que as xestionan.
  2. Os libros que hai nelas son os que non se venden nas librarías.
  3. Lévanos persoas que teñen moitos na casa

A resposta correcta é a a: "Os organismos públicos que as xestionan".

 

ESCENARIO 3. PARQUE

Pasamos de pantalla e o nosa amiga Alba está agora no parque. Aquí atópase co seu avao. É un parque con moitas árbores; hai rapaces e rapazas xogando ao baloncesto; outras persoas pasean por un camiño que ascende a un pequeno montiño. En primeiro plano vemos unha fonte, unha papeleira e o carriño do varredor. Hai moitos papeis e algunhas botellas rotas arredor da papeleira. O avao e Alba están sentado nun banco e comezan a falar.

Alba: ¡Ola, avao! Hoxe no instituto dixéronnos que as administracións públicas se encargan de facilitar que todos teñamos acceso á cultura e á educación, ¿sabíalo?

Avao: Claro que o sabía. E ti ¿decatáraste de que sen pagar nada podemos gozar do aire libre vendo as árbores, o céspede, as flores e podemos sentarnos nos bancos, facer deporte….?

Alba: É certo, non me decatara. Ademais, cando se rompe unha portería ou unha canastra de baloncesto, unha papeleira, un banco ou a fonte, amáñanos e non nos custa nada.

Avao: Os parques son zonas importantísimas, porque permiten que todos os cidadáns teñamos sitios limpos e agradables para pasar o tempo de lecer. Ademais, melloran o medio.

Alba: ¿Queres dicir que as administracións públicas tamén se encargan de que teñamos parques?

Avao: Si, poñen á nosa disposición espazos nos que gozar do aire libre e da natureza. Para seguir gozando deles debemos coidalos e mantelos limpos, no canto de guindar o lixo ao chan como vemos aí. Gustaríame que me acompañaras ao centro de día e explicareiche o que fai posible todo o que che contei.

Alba: ¡Vale, acompáñote! Pero, ¿que é un centro de día?

A continuación contámosche algunhas curiosidades.

SABÍAS QUE...

As administracións públicas son as que se ocupan de pagar os servizos de limpeza e xardinería que manteñen limpos e coidados os parques.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta.

¿Cres que habería parques públicos se no existisen administracións públicas que se encargaran deles?

  1. Si, porque os parques crecen sós. Ponos a natureza.
  2. Non, ninguén se encargaría de facer un parque e de mantelo limpo e coidado sen cobrar entrada
  3. Nin si, nin non, é un tema que non é importante.

A resposta correcta é a b: "Non, ninguén se encargaría de facer un parque e de mantelo limpo e coidado sen cobrar entrada".

 

ESCENARIO 4. CENTRO DE DÍA

Pasamos de pantalla e atopamos o nosa amiga Alba no centro de día co seu Avao. Están no xardín do edificio onde hai flores, árbores e bancos. Nunha mesa están o avao de Alba e dous amigos seus xogando ao parchís. Nunha hamaca hai outra señora maior que le un xornal. No fondo da imaxe, a través dos cristais do edificio, vese unha sala onde algúns anciáns ven a tele e outra sala onde outras persoas maiores fan ximnasia.

Avao: ¡Ola! Veño presentarvos a Alba, que quere saber que é un centro de día

Avoa: ¡Ola, Alba! Explícocho eu. Un centro de día é un lugar onde as persoas que estamos xubiladas nos reunimos cos nosos amigos, lemos, podemos xogar ás cartas, facer ximnasia, comer ou planificar excursións. Se o precisamos, mesmo podemos ter asistencia médica e rehabilitación.

Alba: ¿Canto custa vir aquí? ¿Sodes socios? ¿É coma un club?

Avao: ¡Ha, ha, ha! Inda que non é gratis, gran parte do que custa págano as administracións públicas. Ademais, os vellos tamén temos dereito a descontos nas viaxes, mesmo algúns non pagan no autobús urbano. Os xubilados podemos ter tamén medicinas gratis. Como ves, contamos con algunhas axudas.

Alba: Pero, ¿de onde saen os cartos para que poidades mercar cousas e ir de viaxe?

Avao: Os que xa non traballamos recibimos unha pensión de xubilación. É un dereito que gañamos despois de contribuír cunha parte do noso soldo ao longo de toda unha vida de traballo. Isto é posible porque as persoas que traballan hoxe contribúen cunha parte do seu soldo, os empresarios cunha parte das súas ganancias e o Estado fai tamén unha achega a un fondo común que se chama Seguridade Social. Dese xeito, da mesma maneira que eu contribuín á Seguridade Social para outros, ti faralo para os teus pais e os teus fillos para ti.

Alba: ¡Ti si que sabes avao! ¿Por que non me contas máis cousas?

Avao: Ven comigo ao hospital e seguiremos falando.

Alba: ¡Veña, vamos!

A continuación contámosche algunhas curiosidades.

SABÍAS QUE...

Ademais das pensións de xubilación, existen outros tipos de pensións, coma as de incapacidade, viuvez, orfandade, etc

¿E QUE...?

Hai persoas que, inda que non contribuíron ao fondo común porque as súas circunstancias ao longo da vida non llelo permitiron, reciben unha pensión á que se lle chama pensión non contributiva.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Como se lle chama ao fondo común ao que contribúen as persoas e as empresas para facer posible que o avao cobre unha pensión de xubilación?

  1. Seguridade Social.
  2. Facenda Pública.
  3. Administración pública.

A resposta correcta é a a: "Seguridade Social".

 

ESCENARIO 5. HOSPITAL

Pasamos de pantalla para atoparnos no hospital. Estamos nun cuarto de hospital, no que hai dúas camas, dúas cadeiras para acompañantes, mesiñas ao lado das camas para que coman os enfermos, unha televisión colgada da parede. Nunha das mesiñas, hai un floreiro con flores. A través das ventás do cuarto, unha vista panorámica da cidade. En primeiro plano unha doutora atende o avao de Alba, mentres mira a radiografía dunha man. A doutora pregúntalle ao avao polo seu estado de saúde e así comezan a falar as tres personaxes:

Doutora: Ola, bo día, ¿como anda? Vexo na súa radiografía que todo vai moi ben.

Avao: Si, estou bastante ben. Hoxe veño aprenderlle ao meu neto algunhas cousas sobre a sanidade pública.

Doutora: A sanidade pública conta con centros de saúde e hospitais para proporcionar os servizos sanitarios que precisamos os cidadáns.

Alba: ¿A sanidade pública só se ocupa de atender os enfermos?

Doutora: Non. Nos centros sanitarios públicos, ademais de atender os pacientes que o precisen, fanse transplantes e investígase para encontrar cura a enfermidades difíciles de tratar, coma a SIDA ou o cancro. Tamén se levan a cabo campañas de prevención de enfermidades, mediante vacinas, tratamentos e información pública. Supoño que terás visto algún dos nosos carteis.

Avao: Alba, todo isto é posible porque as administracións públicas destinan moitos cartos a construír e manter os centros de saúde e os hospitais. Nalgúns sitios onde isto non sucede as persoas morren antes porque non teñen para pagar un médico.

Alba: Xa maxinaba eu que todo isto tiña algunha explicación. Vamos á vila dar unha voltiña e séguesme a contar como funcionan os servizos públicos que temos en España.

A continuación contámosche algunhas curiosidades.

SABÍAS QUE...

A principios do século XX, en España, a esperanza de vida ao nacer non chegaba aos 35 anos. A causa principal era a alta taxa de mortaldade infantil pola falta de coidados médicos para a nai e o bebé. Ao principiar o século XXI, a esperanza de vida é de 79 anos (a segunda máis alta despois de Xapón), unha das máis altas do mundo. No caso da muller española é de 83 anos. Nalgúns países pobres está entre 35 e 40 anos.

¿E QUE...?

Máis de 10.000 bebés acabados de nacer morren cada día no terceiro mundo. O 70% destes bebés poderían sobrevivir utilizando técnicas médicas sinxelas. (Datos UNICEF)

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿É gratis ir ao médico en todos os países?

  1. Si, porque todas as persoas somos iguais e temos dereito á sanidade.
  2. Non, só naqueles nos que as administracións públicas, mediante o diñeiro recadado, pagan a construcción de hospitais e centros de saúde e o soldo do persoal sanitario.

A resposta correcta é a b: "Non, só naqueles nos que as administracións públicas, mediante o diñeiro recadado, pagan a construcción de hospitais e centros de saúde e o soldo do persoal sanitario".

 

ESCENARIOS 6. BOMBEIROS

Neste escenario, avao e neta camiñan pola rúa en dirección á estación. Pasan por diante da comisaría de policía e, ao chegar ao parque de bombeiros, atopan un bombeiro que parece coñecer o nosa amiga e saúdao:

Bombero: ¡Ola, Alba! ¿Xa volves á casa?

Alba: Non, vou co meu avao á estación. Contoume que os cidadáns temos un lote de cousas gratis. Hai moitas historias que eu non sabía.

Bombero: ¿Sabes que os bombeiros, os policías, a Garda Civil e as persoas de Protección Civil tamén formamos parte dos servizos públicos?

Alba: ¡Sei, claro! Ofrecer seguridade e axuda para todos, cando é preciso, é responsabilidade das administracións públicas. Ninguén ten a súa propia Policía ou Bombeiros. Os cidadáns chaman os servizos públicos cando precisan deles.

Bombero: Vexo que aprendiches moito sobre como funcionan as cousas. Agora teño que marchar, pois precisamente debo ir atender unha emergencia. ¡Adeus!

Avao: ¡Temos que apurar ou perderemos o tren!

A continuación algunhas curiosidades.

SABÍAS QUE...

Os servizos de axuda ao ciudadán (Bombeiros, Garda Civil, Policía e Protección Civil) son públicos, é dicir, son posibles grazas aos cartos recadados polas administracións públicas

¿E QUE...?

O salvamento de náufragos ou bañistas en perigo, a protección de nenos perdidos ou abandonados, a busca de persoas desaparecidas, a reparación urxente de cornixas ou tellados que puideran caer ou o rescate de montañeiros perdidos na neve tamén son servizos que prestan a Policía, a Garda Civil, os Bombeiros e Protección Civil.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Que servizos públicos atenden emerxencias?

  1. Bombeiros, Garda Civil, Policía e Protección Civil.
  2. Bombeiros e Protección Civil.
  3. Policía e Bombeiros.

A resposta correcta é a a: "Bombeiros, Garda Civil, Policía e Protección Civil".

 

ESCENARIO 7: ESTACIÓN DE TREN

Os nosos protagonistas chegaron á estación e viaxan nun tren con destino á vila. A través das ventás do vagón no que están sentados vese a plataforma. Hai un reloxo grande colgado e un cartel azul coa bandeira da Unión Europea e no centro lese FEDER. Mentres inician a súa viaxe, Alba e o seu avao falan:

Avao: ¿Fixáchete nas estacións de tren ou de autobús e nos portos e aeroportos? Tamén son instalacións das que gozamos sen pagar por elas. Son moi caras e difíciles de construír; por iso, ninguén podería facer a súa propia estación. A todas esas instalacións chamámoslles infraestruturas.

Alba: ¿Os países máis desenvolvidos teñen máis cartos e, polo tanto, mellores infraestruturas?

Avao: ¡Claro! E tamén, ao revés: canto mellores son as infraestruturas máis posibilidades de desenvolvemento teñen os países.

Alba: As estradas, as vías do tren, os portos... ¿tamén son gratis?

Avao: Por suposto. Constrúense con cartos públicos. ¿Cres que alguén gastaría o seu diñeiro para facer estradas que chegaran ás vilas máis pequenas e afastadas?

Alba: Non. Pero ¿de onde saen tantos cartos?

Avao: Boa pregunta. Vouche responder axiña...

Agora contámosche algunhas curiosidades

SABÍAS QUE...

A modernización das estradas en España foi posible grazas aos cartos que as administracións públicas investiron na súa construcción e ás axudas que a Unión Europea ofreceu ao noso país.

¿E QUE...?

As infraestruturas non son un fin en si mesmas senón un instrumento ao servizo da integración, da cohesión social e da xeración de emprego e riqueza. As infraestruturas teñen un marcado carácter social, pois contribúen a eliminar as diferenzas entre territorios, en definitiva, a eliminar as diferenzas de oportunidades.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

Se rompen as vías polas que pasa o tren que te leva á cidade na que pasas as túas vacacións, ¿quen paga o arranxo?

  1. Os teus pais, que terán que pagar máis polo billete para que amañen as vías.
  2. O condutor do tren.
  3. As administracións públicas, a través dos cartos recadados.

A resposta correcta é a c: "As administracións públicas, a través dos cartos recadados".

 

ESCENARIO 8: VILA

Alba e o seu avao chegaron ao seu destino. Están nunha rúa da vila. Hai casas baixas con soportais na rúa. Ao final da rúa hai unha vaca. Nun primeiro plano, está a Casa do Concello, unha motocicleta aparcada e, en fronte, unha tenda de alimentación. Na porta da tenda de alimentación, os nosos amigos falan:

Avao: Ben, creo que xa chegou o momento de explicarche de onde saen os cartos que utilizan as administracións públicas. Verás, todas as persoas que vivimos en España contribuímos con parte do noso diñeiro a través do pagamento dos impostos.

Alba: Pero, ¿ todos, todos?

Avao: Si, inda que te sorprenda, ata ti pagas impostos.

Alba: ¡Avao, pero se eu non traballo nin teño diñeiro!

Avao: De xeito moi simple podo dicirche que os impostos son de dous tipos. Os que pagan as persoas maiores e que teñen que ver cos cartos que se gañan chámanse impostos directos e o máis importante e coñecido deles é o imposto sobre a renda (IRPF); e os que teñen que ver co que se merca, aos que se lles chama impostos indirectos. Destes, o máis importante é o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), que pagamos todos, ti tamén, cada vez que compramos algo. Imos entrar na tenda para que o entendas mellor.

Alba: Vale, e mercamos uns refrescos.

A continuación te contamos algunas cosas bastante interesantes,

SABÍAS QUE...

Un imposto é unha cantidade de cartos que deben pagar obrigatoriamente os cidadáns para que as administracións públicas poidan atender os gastos públicos de todos (educación, sanidade, infraestruturas, servizos de emerxencia, etc.)

¿E QUE...?

Os impostos non son unha cantidade fixa igual para todos os cidadáns, pois iso sería inxusto, xa que non todas as persoas teñen os mesmos cartos. Por iso, pagan máis impostos os que teñen máis ou gañan máis e pagan menos impostos os que menos diñeiro teñen. É dicir, pagan impostos de acordo coa súa capacidade económica.

ADEMAIS...

A capacidade económica das persoas pódese saber a través das cousas que teñen, é dicir, a súa riqueza (patrimonio), a través dos cartos que gañan (renda) ou a través do que gastan mercando (consumo).

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Cales son as persoas que contribúen con parte dos seus cartos para pagar os gastos públicos?

  1. Só as persoas que traballan.
  2. As nais e os pais
  3. Todos os cidadáns.

A resposta correcta é a c: "Todos os cidadáns".

 

ESCENARIO 9: TENDA

Entran na tenda. É unha tenda na que venden case de todo. Nun primeiro plano hai caixas de mazás, peras, plátanos, tomates, laranxas, cogombros, allos, etc. No lateral da tenda hai un estante con caixas de zumes e latas de tomate. No mostrador, hai unha caixa rexistradora e unha báscula. Detrás, está a tendeira, unha señora riseira que os atende:

Avao: Bo día, Pilar. ¿Posnos dous cartóns de zume e unha bolsa de patacas fritidas?

Pilar: ¡Claro, como non! Son 2,10 €. Velaí tes o tícket.

Avao: Olla, Alba, ¿ves? No tícket pon “IVE”. Ao lado hai unha cantidade, ¿verdade?

Alba: Si, 19 céntimos é o IVE e 1,91 é o importe.

Avao: Os 19 céntimos é o imposto que pagamos pola compra que acabamos de facer. Todas as compras, sexan cousas moi pequenas, coma un chicle, ou algo moi grande, coma unha bicicleta, teñen IVE. Isto significa que as administracións públicas recadan unha parte dos cartos da compra para investila despois en todos eses servizos dos que gozamos (educación, sanidade, estradas, etc.)

Alba: Pois son moi poucos cartos.

Avao: A cantidade depende do importe da compra. O importante é asegurarte de que o pagas. Esa é a finalidade das facturas e os tíckets de compra. Para explicarche o outro tipo de imposto do que che falei imos ver a túa nai ao traballo.

A continuación contámosche algunhas curiosidades.

SABÍAS QUE...

Ademais do IVE, existen outros impostos que recaen sobre as bebidas alcohólicas, os carburantes e o tabaco. Chámanse impostos especiais.

¿E QUE...?

É importante pedir sempre a factura ou o tícket , inda que alguén nos ofreza un prezo máis barato se non nos dá o comprobante, se non esiximos as facturas ou os tíckets, é posible que non esteamos pagando o IVE das nosas compras. Ademais, se o produto que adquirimos é defectuoso, para reclamar necesitaremos presentar a factura ou o tícket.

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿Para que serve pedir a factura ou o tícket ?

  1. Para poder reclamar en caso de defecto ou problema.
  2. Para asegurarse de que se paga o IVE.
  3. Ambas as dúas son correctas.

A resposta correcta é a c: "Ambas as dúas son correctas".

 

ESCENARIO 10: XENTE TRABALLANDO

Pasamos de pantalla e atopamos o nosa amiga Alba na oficina na que traballa a súa nai. Na oficina, hai mesas con ordenadores e persoas traballando. Hai plantas e cadros. Dende as ventás vense outros edificios. Unha señora sentada nunha mesa fala cun dos seus compañeiros. Nun primeiro plano vemos a nosa personaxe falando coa súa nai.

Alba: O avao contoume que todas as persoas que traballan contribúen cunha parte do seu soldo aos impostos. ¿Ti falo, mamá?

Mamá: Fágoo, claro. As persoas que traballamos contribuímos con parte do noso soldo. A esta contribución chámaselle imposto sobre a Renda (IRPF). Non todos pagamos o mesmo porque se contribúe en función do que se gaña, é dicir, que o que gaña máis paga máis. Ademais, tamén contan as circunstancias persoais e familiares, e, en determinadas situacións, por exemplo, se a persoa ten fillos ou é discapacitada, págase menos.

Alba: ¿Quen se encarga de recoller e xuntar todos os cartos?

Mamá: No Estado, a Axencia Tributaria; nas comunidades autónomas e nos municipios, as súas respectivas administracións tributarias.

Alba: ¿Que é a Axencia Tributaria ?

Mamá: Como aquí cerca hai unha oficina, podemos ir vela.

Algunhas cuestións de interese.

SABÍAS QUE...

O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) é un imposto que se paga en función dos cartos que se gañan. Así, o que gaña máis paga máis e o que gaña menos paga menos, e mesmo as persoas que teñen só o xusto para poder vivir non pagan nada.

¿E QUE...?

No imposto sobre a renda (IRPF) considérase que hai unha cantidade mínima de diñeiro que todos necesitamos gastar para poder vivir dignamente e cubrir as necesidades básicas. Por esa cantidade non hai que pagar o imposto sobre a renda. Ademais, esa cantidade mínima é maior para as persoas que teñen fillos, xa que deben alimentalos, mercarlles roupa, libros, etc.

ADEMAIS...

O imposto sobre a renda non se ten que pagar de golpe, senón que se vai pagando a prazos ao longo do ano (retencións, ingresos a conta e pagamentos fraccionados).

Para seguir coa aventura terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta:

¿De que depende a cantidade de IRPF que paga unha persoa?

  1. Da renda que obtivo durante o ano e da súa situación persoal e familiar.
  2. Dos servizos públicos que utilizou.
  3. Do que consumiu durante o ano.

A resposta correcta é a a: "Da renda que obtivo durante o ano e da súa situación persoal e familiar".

 

ESCENARIO 11. AXENCIA TRIBUTARIA

Pasamos de pantalla e atopamos a Alba e a súa nai nunha oficina da Axencia Tributaria. Os traballadores da axencia están a atender os cidadáns que acoden a realizar a súa declaración da renda.

A nosa protagonista e a súa nai, están de pé no centro da sala e falan.

Mamá: No Estado é a Axencia Tributaria a que se encarga de recadar o diñeiro dos impostos. Unha vez ao ano, todo o mundo fai as súas contas para ver se ten que declarar ou non polo IRPF e, no seu caso, se lle sae a pagar ou a devolver en función do gañado, da situación persoal e familiar e dos pagamentos a conta realizados.

Alba: ¿E todo iso teno que facer cada persoa?

Mamá: Si, pero a Axencia Tributaria infórmanos a todos e axúdalles a facer esta declaración a moitas persoas. Tamén envía ao domicilio un borrador da declaración ao que se lle pode dar a conformidade ata polo móbil.

Alba: ¿E se algunha persoa non quere pagar os impostos?

Mama: A Axencia Tributaria encárgase de vixiar que todos cumpramos co noso deber de pagar os impostos, para que todo o que cómpre facer con ese diñeiro poida realizarse e para que non haxa persoas que se aproveiten dos demais. Ninguén debería deixar de pagar os seus impostos, pois iso é defraudar, un comportamento insolidario que nos prexudica a todos. É coma se, ao organizar unha festa, algúns compañeiros non quixesen colaborar na preparación ou nos gastos e logo participaran nela. Non o aceptariades, ¿verdade?

Alba: Entón, ¿a Axencia Tributaria é a que constrúe os hospitais, os institutos, as bibliotecas…?

Mamá: Non. A decisión sobre en que se gastan os cartos e canto en cada cousa tómana os representantes dos cidadáns nas Cortes Xerais así coma nas Asembleas Lexislativas das comunidades autónomas e nos Plenos dos concellos.

Alba: ¡Ah xa! Os políticos son os que mandan e poden facer o que queiran.

Mamá: Non. Os partidos políticos preséntanse ás eleccións cun programa no que cada un di que faría cos cartos públicos se gañase, e a xente vótalle ao partido que lle parece mellor. Ademais, cada ano o Parlamento ten que aprobar as propostas do Goberno acerca de onde quere gastar o diñeiro de todos.

Alba: Vale, vale, pero agora ¡veña, vámonos á casa!

Ahora te ofrecemos algunos datos curiosos.

SABÍAS QUE...

A Axencia Tributaria ten dous obxectivos: axudar as persoas a cumprir as súas obrigas en relación cos impostos e tratar de evitar que haxa persoas que non cumpran coas súas obrigas.

¿E QUE...?

As comunidades autónomas e as administracións locais (municipios…) tamén recadan determinados impostos. Por exemplo, cando unha persoa lle vende a súa casa a outra, quen a compra ten que pagar á comunidade autónoma un imposto ao que se lle chama de “Transmisións Patrimoniais”. Os municipios tamén recadan impostos, como o que se paga por ter coche, ou unha especie de impostos aos que se lles chaman taxas, como a que pagamos para que nos recollan o lixo

ADEMAIS...

Outra das funcións da Axencia Tributaria é vixiar as fronteiras para evitar, por exemplo, que entren drogas no país, que se trafique con animais de especies protexidas ou que saian indebidamente obras de arte.

Para seguir terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta

¿Quen é o encargado de recadar a maioría dos impostos en España ?

  1. O Rei.
  2. A Axencia Tributaria.
  3. O Presidente do Goberno.

A resposta correcta é a b: "A Axencia Tributaria".

 

ESCENARIO 12. COMUNIDAD DE VECINOS

Pasamos de pantalla e atopamos a Alba e á súa nai no portal da súa casa, onde un grupo de veciños parece estar reunido. Un señor, que parece ser o presidente da comunidade, unha señora, que está a ler un papel, e outros catro veciños que están sentados ao lado do ascensor. Na porta do ascensor hai un cartel de avariado.

Nai e filla, de pé, contemplan a escena mentres comentan:

Mamá: ¡Olla! Hai reunión de propietarios. As comunidades de veciños son coma os países. Todos contribúen cun pouco de diñeiro para poder ter limpos e amañados os espazos comúns, como as escaleiras, o ascensor, as bombillas dos corredores...

Alba: ¿Todos pagan o mesmo?

Mamá: Non. O que ten a casa máis grande paga máis e o que ten a casa máis pequena paga menos.

Alba: ¿E se alguen non paga?

Mamá: Prexudica a todos, porque non só non contribúe coa súa parte senón que ademais segue usando as cousas igual que se pagase. Porque o que non paga tamén monta no ascensor, prende a luz e todo o demais.

Alba: ¿E quen toma a decisión de en que se gastan os cartos e en que non?

Mamá: A persoa que administra a comunidade encárgase de facer o presuposto onde figuran os gastos e ingresos da comunidade. Na reunión de veciños pídeselles opinión a todos e decídese se se aproba ou non o presuposto. Por iso fanse reunións de veciños.

Alba: Entón, iso de votar é moi importante, porque así é como se toman as decisións.

Mamá:Si, efectivamente. Votar é unha responsabilidade, ademais dun dereito, que ti pronto poderás exercer. De momento, vamos á casa, que é tarde.

Alba: Si, ademais mañá non teño clase, porque imos co profe ao museo.

A continuación ofrecémosche algúns datos de interese

SABÍAS QUE...

As persoas insolidarias que non pagan os seus impostos obrígannos a todos a recibir un número menor de servizos ou a recibir servizos públicos de peor calidade. Ademais, fan que os que cumpren coa súa obriga teñan que pagar máis, para compensar os cartos cos que os defraudadores deixan de contribuír.

¿E QUE...?

Os Presupostos xerais do Estado é a Lei onde figuran as contas que reflicten o que se vai gastar e ingresar na administración pública para proporcionar os bens e servizos públicos. Os ingresos obtéñense principalmente dos impostos que pagamos todos os cidadáns. Son elaborados polo Goberno e sometidos á aprobación do Congreso dos Deputados e do Senado.

Para seguir terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta.

As persoas que non pagan os seus impostos…

  1. Prexudícannos a todos.
  2. Se son poucos os cartos que teñen que pagar, non prexudican ninguén.
  3. Non existen, porque é imposible non pagar impostos.

A resposta correcta é a a: "Prexudícannos a todos".

 

ESCENARIO 13. MUSEO

É outro día. Os nenos están co seu profesor no museo ao que acudiron a ver unha exposición sobre a historia dos impostos. Vemos unha estatua de Apolo no centro da sala. Nas paredes hai cadros e debaixo deles vitrinas con obxectos. Unha señora mira atentamente un cadro, mentres o profesor, no centro da sala, xunto con con Dani e Alba, se dirixe a eles e lles di:

Profe: Viñemos ao museo, como vos dixen, porque imos visitar a exposición sobre a historia dos impostos, que explica moi ben a importancia que teñen para o benestar de todos. Os impostos existiron sempre, pois todos os gobernantes pedironlles ás persoas que contribuísen con parte dos seus cartos para pagar os bens comúns. Cando os gobernantes non foron xustos co uso do diñeiro recadado, a xente protestou.

Alba: Entón, os impostos son moi importantes para o funcionamento de todas as sociedades.

Profe: Sen dúbida. Nunha sociedade democrática, coma a nosa, grazas a que todos contribuímos con parte do noso diñeiro a través do que mercamos e do que gañamos, gozamos de ensino, sanidade, seguridade e pensións para todos.

Dani: ¡Profe!, ademais diso, os cartos dos impostos tamén se usan para amañar e limpar as cousas que se estragan ou ensucian ou que algúns vándalos rompen.

Alba: Logo, unha forma de contribuír ao fondo común é non guindar chicles ao chan, non pintar os bancos do parque, non romper papeleiras, coidar o material escolar do centro….

Profe: Moi boa observación. Non só é importante construír estradas, colexios, hospitais e parques, senón tamén mantelos e coidalos ben.
Como vexo que entendestes o concepto, vouvos formular unha pregunta: ¿Que pasaría se non houbese impostos?

Agora ofrecémosche algúns datos de interese

SABÍAS QUE...

Foron os musulmáns en España quen, por primeira vez, definiron o imposto sobre a compra e a venda. A este imposto puxéronlle o nome de gabelas.

¿E QUE...?

Na Idade Media eran os labregos os que lles pagaban impostos aos señores feudais, a cambio da súa protección.

ADEMAIS...

No século XVI houbo en España unha revolta popular moi importante, a dos Comuneros, en gran medida, como protesta polos novos impostos que se estableceron á chegada do Emperador Carlos V.

RECORDA QUE...

Un dos principios fundamentais da democracia é que só se poden establecer impostos coa aprobación dos representantes elixidos polos cidadáns. Por iso, segundo a Constitución, os impostos teñen que establecerse por lei aprobada no Parlamento.

Para seguir terás que responder a seguinte pregunta. Elixe a opción correcta.

Os cartos recadados nos impostos serven para:

  1. Financiar a educación, a sanidade e a protección do medio.
  2. Financiar a protección social, a administración da xustiza e o mantemento da seguridade interior e exterior.
  3. As dúas son correctas.

A resposta correcta é a c: "As dúas son correctas".

 

ESCENARIO 14. CIDADE SEN IMPOSTOS

Os nenos seguen na sala do museo, escoitando o seu profesor. Imaxinan unha cidade sen impostos. Xunto ás súas cabezas un bocadillo mostra un lugar con lixo no chan, coas rúas sen asfaltar, un ancián pedindo esmola, un campo de fútbol coas porterías rotas... Mentres imaxinan, falan entre eles.

Dani: Ninguén sería como é agora. Non teriamos museos nin bibliotecas nin institutos nin hospitais; no habería policías nin bombeiros nin estacións de tren nin estradas; non habería varredores que limparan as rúas...

Alba: O meu avao non podería ir ao centro de día, non tería pensión e as medicinas custarían tan caras que non podería mercalas. Non teriamos parques e habería que pagar para poder ir ao instituto.

Dani: ¡Con isto dos impostos estou descubrindo cousas moi interesantes!

Alba: Os impostos axudan a que todos teñamos as mesmas oportunidades

A continuación ofrecémosche algunhas cousas que merece a pena saber.

SABÍAS QUE...

A pesar de todas as vantaxes que ten pagar os impostos, hai persoas insolidarias que tentan non facelo ou pagar menos do que lles corresponde. Por iso, a Axencia Tributaria fai un grande esforzo en investigar e descubrir os defraudadores.

¿E QUE...?

As persoas que non pagan os impostos que lles corresponden son multadas ou mesmo poden chegar a ir ao cárcere se a cantidade defraudada é superior a 120.000 euros e cometen delito fiscal.

Xa concluíches a aventura. Esperamos que aprenderas cousas interesantes e...

RECORDA QUE...

Todos temos necesidades individuais, que satisfacemos cada un co noso diñeiro, pero ademais temos outras colectivas, que un a un non poderiamos pagar. Para iso, realízanse achegas a un fondo común. Estas achegas fanse fundamentalmente mediante o pagamento de impostos. Con eles cóbrense os gastos precisos para establecer e manter os servizos públicos que precisamos e queremos ter para gozar dunha mellor calidade de vida.

 

 

RESPOSTAS AS PREGUNTAS:


RESPOSTA ESCENARIO 1. COLEXIO

¿Quen debe garantir que a educación básica sexa gratuíta para todos?

A resposta: "As administracións públicas" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Os profesores" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "As dúas son certas" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 2. BIBLIOTECA

¿Quen cres que merca os libros, as revistas e os CD’s que hai nas bibliotecas?

A resposta: "Os organismos públicos que as xestionan" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Os libros que hai nelas son os que non se venden nas librarías" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Lévanos persoas que teñen moitos na casa" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 3. PARQUE

¿Cres que habería parques públicos se no existisen administracións públicas que se encargaran deles?

A resposta: "Si, porque os parques crecen sós. Ponos a natureza" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Non, ninguén se encargaría de facer un parque e de mantelo limpo e coidado sen cobrar entrada" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Nin si, nin non, é un tema que non é importante" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 4. CENTRO DE DÍA

¿Como se lle chama ao fondo común ao que contribúen as persoas e as empresas para facer posible que o avao cobre unha pensión de xubilación?

A resposta: "Seguridade Social" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Facenda Pública" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Administración pública" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 5. HOSPITAL

¿É gratis ir ao médico en todos os países?

A resposta: "Si, porque todas as persoas somos iguais e temos dereito á sanidade" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Non, só naqueles nos que as administracións públicas, mediante o diñeiro recadado, pagan a construcción de hospitais e centros de saúde e o soldo do persoal sanitario" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 6. BOMBEIROS

¿Que servizos públicos atenden emerxencias?

A resposta: "Bombeiros, Garda Civil, Policía e Protección Civil" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Bombeiros e Protección Civil" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Policía e Bombeiros" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 7. ESTACIÓN DE TREN

Se rompen as vías polas que pasa o tren que te leva á cidade na que pasas as túas vacacións, ¿quen paga o arranxo?

A resposta: "Os teus pais, que terán que pagar máis polo billete para que amañen as vías" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "O condutor do tren" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "As administracións públicas, a través dos cartos recadados" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 8. VILA

¿Cales son as persoas que contribúen con parte dos seus cartos para pagar os gastos públicos?

A resposta: "Só as persoas que traballan" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "As nais e os pais" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Todos os cidadáns" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 9. TENDA

¿Para que serve pedir a factura ou o tícket ?

A resposta: "Para poder reclamar en caso de defecto ou problema" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Para asegurarse de que se paga o IVE" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Ambas as dúas son correctas" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 10. XENTE TRABALLANDO

¿De que depende a cantidade de IRPF que paga unha persoa?

A resposta: "Da renda que obtivo durante o ano e da súa situación persoal e familiar" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Dos servizos públicos que utilizou" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Do que consumiu durante o ano" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 11. AXENCIA TRIBUTARIA

¿Quen é o encargado de recadar a maioría dos impostos en España ?

A resposta: "O Rei" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "A Axencia Tributaria" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "O Presidente do Goberno" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 12. COMUNIDADE DE VECINOS

As persoas que non pagan os seus impostos…

A resposta: "Prexudícannos a todos" é correcta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Se son poucos os cartos que teñen que pagar, non prexudican ninguén" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Non existen, porque é imposible non pagar impostos" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RESPOSTA ESCENARIO 13. MUSEO

Os cartos recadados nos impostos serven para:

A resposta: "Financiar a educación, a sanidade e a protección do medio" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "Financiar a protección social, a administración da xustiza e o mantemento da seguridade interior e exterior" é incorrecta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A resposta: "As dúas son correctas" é correcta