¿Quen recada os impostos e controla as aduanas?
- Obxectivos
- Contidos
- Recordemos que...
- Glosario
- Suxestións de uso para educación
primaria
- Suxestións de uso para educación
secundaria
1 Obxectivos
Ao final da sesión, os alumnos serán capaces de:
- Identificar a función que, dentro do Estado, cumpre a Axencia Tributaria e
a función das administracións tributarias autonómicas e locais.
- Coñecer e valorar os servizos que lle presta ao cidadán.
- Identificar as delegacións e administracións da Axencia Tributaria máis
próximas ao alumno.
- Coñecer os distintos medios (teléfono, Internet) a través dos cales
se pode contactar coa Axencia Tributaria.
NOTA: esta guía didáctica pode empregarse para preparar as xornadas de
portas abertas ás delegacións da Axencia Tributaria e as visitas que realicen
ao centro escolar funcionarios da Axencia Tributaria.
2 Contidos
2.1 A Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT)
A Axencia Estatal de Administración Tributaria, en diante Axencia Tributaria,
é unha entidade de dereito público adscrita ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Como tal entidade de dereito público, conta cun réxime xurídico
propio distinto ao da Administración xeral do Estado que, sen menoscabo dos
principios esenciais que deben presidir toda actuación administrativa, lle
confire certa autonomía en materia orzamentaria e de xestión do persoal.
A Axencia Tributaria ten como principal labor garantir a aplicación efectiva
do sistema tributario estatal e do alfandegueiro.
2.2 Organización da Axencia Tributaria
A Axencia Tributaria, como toda grande organización, está formada por
distintos departamentos e servizos. O organigrama da Axencia Tributaria é o
seguinte:
Ver
gráfico
Como pode apreciarse, xunto coa Dirección da Axencia Tributaria, existen:
- Unha serie de departamentos, para as actuacións de planificación e seguimento
do seu ámbito de competencias.
- Unha organización territorial de oficinas que son as que están en contacto
directo cos contribuíntes e desenvolven as actuacións concretas da Axencia
Tributaria. Estas oficinas son as delegacións especiais, as delegacións
e as administracións da Axencia Tributaria. Hai unha delegación especial
en cada comunidade autónoma e unha delegación en cada capital de provincia
e en determinadas cidades grandes. As administracións atópanse nas vilas
grandes e tamén nos barrios das grandes cidades. Así mesmo, en determinadas
cidades hai administracións de alfándegas.
2.3 Funcións da Axencia Tributaria
A Axencia Tributaria ten encomendada a aplicación efectiva do sistema tributario
estatal e aduaneiro, así como daqueles recursos doutras administracións
públicas nacionais ou da Unión Europea cuxa xestión se lle encomenda
por lei ou por convenio.
Polo tanto, correspóndelle á Axencia Tributaria aplicar o sistema tributario
de tal forma que se cumpra o principio constitucional, en virtude do cal todos os
cidadáns han de contribuír ao sostemento dos gastos públicos de acordo
coa súa capacidade económica. Non obstante, a Axencia Tributaria non ten
competencias para a elaboración e aprobación das normas tributarias, nin
na vertente do gasto público para asignar os recursos públicos entre as
diversas finalidades.
A función de xestión integral do sistema tributario estatal e aduaneiro
materialízase nun amplo conxunto de actividades, entre as que destacan:
- Xestión, inspección e recadación dos tributos estatais (IRPF; IVE,
sociedades e impostos especiais).
- Recadación de ingresos das comunidades e cidades autónomas, ben por disposición
legal ou ben por convenio.
- Recadación dos ingresos propios da Unión Europea.
- Xestión aduaneira e represión do contrabando.
- Recadación, en período voluntario, das taxas do sector público estatal.
- Recadación, en vía executiva, de ingresos de dereito público da Administración
xeral do Estado.
- Colaboración na persecución de delitos, especialmente contra a Facenda
pública e os de contrabando.
Así mesmo, hai que ter en conta que, as comunidades autónomas e as entidades
locais tamén teñen competencias sobre impostos. Por iso, nas súas
respectivas administracións hai igualmente órganos encargados desta materia.
O obxectivo esencial da Axencia Tributaria é o fomento do cumprimento polos
cidadáns das súas obrigas tributarias. Para iso, desenvolve dúas
liñas de actuación:
- Informar e axudarlles aos contribuíntes a cumprir as súas obrigas tributarias,
- Detectar e corrixir aquelas actuacións que non se axustan ao que establecen
as leis tributarias.
Os servizos de información e asistencia ao contribuínte máis importantes
son:
- Información telefónica sobre dúbidas de carácter tributario.
Nos últimos anos, atendéronse, anualmente, máis de cinco millóns
de chamadas telefónicas.
- Programas de axuda para a confección de declaracións. Existen programas
informáticos de axuda para realizar as declaracións de practicamente todos
os impostos. Con eles, encher os formularios, resulta moito máis sinxelo. No
imposto sobre a renda o programa de axuda PADRE é utilizado por máis do
96% dos contribuíntes obrigados a declarar.
- Servizos de axuda á confección de declaracións. Nas oficinas e con
petición de cita previa, axúdaselles gratuitamente a moitos cidadáns
a realizar a declaración anual do imposto da renda.
- Borrador de declaración e envío de datos fiscais. A Axencia Tributaria
confecciónalles o borrador de declaración da renda (IRPF) a moitos contribuíntes
e envíallelo á casa. Tamén lles envía aos contribuíntes
que os soliciten, os datos fiscais relevantes para a declaración da renda.
- Información e asistencia por Internet: na páxina web da Axencia Tributaria
( www.agenciatributaria.es ) é
posible obter información sobre normativa e procedementos tributarios e, ademais,
se se dispón de sinatura electrónica, realizar practicamente todo tipo
de xestións sen necesidade de desprazamento ás oficinas.
As actuacións de control lévanse a cabo polos órganos de xestión
e inspección tributaria e alfandegueira e están destinadas a detectar
e corrixir aquelas actuacións dos contribuíntes que non se axustan nas
súas obrigas tributarias ao que establecen as leis, investigando, reprimindo
e sancionando os infractores. Tamén os órganos de recadación informan
e asesoran no pagamento dos impostos e recadan coactivamente aquelas débedas
que non son atendidas nos prazos establecidos nas leis.
2.4 ¿Con que medios conta para levar a cabo a súa actividade?
Na Axencia Tributaria prestan os seus servizos máis de 27.000 persoas que fan
posible a aplicación efectiva dos tributos establecidos polas leis.
Conta con máis de 350 oficinas: delegacións especiais, delegacións,
administracións e administracións de alfándegas, distribuídas
por todo o territorio nacional co fin de garantir a maior proximidade na información
e asistencia ao contribuínte e a recadación e inspección dos tributos.
Os ordenadores e os sistemas informáticos da Axencia Tributaria teñen
un importantísimo papel en todo este traballo, xa que é preciso manexar
unha inxente cantidade de información procedente das declaracións dos
contribuíntes e dos pagadores dos distintos tipos de rendas sometidas a tributación.
Para finalizar, é preciso destacar que tamén se conta con automóbiles,
embarcacións e aeronaves destinadas ao control e represión do contrabando
e o tráfico de substancias de ilícito comercio.
3 Recordemos que...
A Axencia Estatal de Administración Tributaria é un organismo do Estado
dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que xestiona o sistema tributario
estatal e aduaneiro.
O obxectivo esencial da Axencia Tributaria é o fomento do cumprimento polos
cidadáns das súas obrigas tributarias. Para iso, desenvolve dúas
liñas de actuación:
- Informar e axudarlles aos contribuíntes a cumprir as súas obrigas tributarias,
- Detectar e corrixir aquelas actuacións que non se axustan ao que establecen
as leis tributarias.
Para iso existe unha organización territorial moi extensa, que achega as oficinas
da Axencia Tributaria ao cidadán: existen delegacións e administracións
da axencia dispersas polas cidades e pobos do noso país.
Tamén a axencia ofrece os seus servizos por Internet, de tal forma que os cidadáns
poden facer as súas xestións telematicamente, sen moverse da súa
casa.
4 Glosario
- Administracións da Axencia Tributaria: como as delegacións,
son tamén oficinas da Axencia Tributaria. Atópanse en vilas grandes e
tamén nos barrios das grandes cidades. Estas oficinas, como as delegacións,
están preto das persoas que teñen que pagar impostos (contribuíntes)
para axudarlles cando teñen dúbidas ou non saben moi ben que é o
que hai que facer. Dentro da rede de administracións da Axencia Tributaria,
atópanse tamén as administracións de alfándegas que hai en determinadas
cidades de España.
- Axencia Tributaria: é unha entidade de dereito público
adscrita ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Como tal entidade de dereito
público, conta cun réxime xurídico propio distinto a da Administración
Xeral do Estado que, sen menoscabo dos principios esenciais que deben presidir toda
actuación administrativa, lle confire certa autonomía en materia presupostaria
e de xestión de persoal. A Axencia Tributaria, creada polo artigo 103 da Lei
31/1990, do 27 de decembro, de presupostos xerais do Estado para 1991, constituíuse
de xeito efectivo o 1 de xaneiro de 1992. A Axencia Tributaria ten encomendada a
aplicación efectiva do sistema tributario estatal e do aduaneiro, así
como daqueles recursos doutras administracións públicas nacionais ou da
Unión Europea a xestión da cal se lle encomende por lei ou por convenio.
- Delegacións especiais da Axencia Tributaria: son oficinas
da Axencia Tributaria. Hai unha na capital de cada comunidade autónoma.
- Delegacións da Axencia Tributaria: son oficinas da Axencia
Tributaria. Hai unha en cada capital de provincia e en determinadas cidades grandes.
Estas oficinas están preto das persoas que teñen que pagar impostos (contribuíntes)
para axudarlles cando teñen dúbidas ou non saben moi ben que é o
que hai que facer.
- Outros servizos da Axencia Tributaria: encárganse dentro da
Axencia Tributaria de coidar a súa organización interna e planificar a
súa actividade. Así mesmo, ocúpanse de todo o relacionado cos recursos
humanos ou persoas que traballan na Axencia Tributaria. Ademais, tamén se encargan
de que a Axencia Tributaria conte con todos os medios materiais necesarios para
realizar as súas funcións. Por último, tamén se ocupan de que
a actuación da Axencia se axuste á lei e que cumpra debidamente os seus
obxectivos.
- Portal da Axencia Tributaria: a través de
www.agenciatributaria.es s pódese obter moita información relativa
ao sistema fiscal español e á Axencia Tributaria.
- Servizos de alfándegas: encárganse, dentro da Axencia
Tributaria, de verificar que se paguen os aranceis cando entran ou saen mercadorías
da Unión Europea. Ademais, estes servizos ocúpanse de vixiar e loitar
contra o contrabando, actividade ilegal que consiste en que entren en España
artigos e produtos prexudiciais como as drogas ou prohibidos como as armas ilegais
ou tamén en que saian do noso país obxectos valiosos como as obras de
arte ou as especies animais e vexetais protexidas.
- Servizos de xestión tributaria: encárganse, dentro da
Axencia Tributaria, de informar e axudarlles a todas as persoas (contribuíntes)
para que poidan cumprir as súas obrigas fiscais. Tamén se ocupan, xunto
cos servizos de inspección, de corrixir aquelas actuacións puntuais que
non se axustan ao que establecen as leis tributarias.
- Servizos de informática: encárganse, dentro da Axencia
Tributaria, de almacenar, organizar e tratar informaticamente os millóns de
datos dos que dispón a Axencia Tributaria.
- Servizos de inspección tributaria: encárganse, dentro
da Axencia Tributaria, de controlar que todas as persoas (contribuíntes) cumpran
coas súas obrigas tributarias, corrixindo aquelas actuacións que non se
axustan ao que establecen as leis e, polo tanto, investigando, reprimindo e sancionando
os infractores.
- Servizos de recadación: encárganse, dentro da Axencia
Tributaria, de recibir o diñeiro que pagan os cidadáns (contribuíntes)
en cumprimento das súas obrigas tributarias. Tamén se ocupan de lles conceder
prazos aos cidadáns que non poden pagar os seus impostos dunha vez, nos casos
en que a lei o permite. Finalmente, estas dependencias tratan de conseguir que paguen
os que se atrasaron, non só no pagamento dos seus impostos senón tamén
no pagamento doutras cantidades que deben, como son as multas de tráfico.
5 Suxestións de uso para educación primaria
5.1 Antes de empezar
- ¿Sabes que significa AEAT? ¿A que soa? ¿Con que ten que ver?
- ¿Viches algunha vez este logotipo?

- ¿Sabes cál é a súa función principal?
5.2 Exposición do profesor
Sabemos xa que son os impostos, para que serven, quen os paga e tamén que son
as alfándegas. Pero, ¿quen se ocupa de que todo isto funcione?, ¿quen
recada os impostos e controla as alfándegas?
Pois ben, hai unha organización no Estado que se encarga de todo isto: é
a Axencia Tributaria, que depende do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
Seguramente oiriades falar da Axencia Tributaria e veriades o seu símbolo ou
logotipo en anuncios ou en impresos e papeis que utilizaran os vosos pais, ou mesmo
pode que pasarades algunha vez por diante dalgún dos seus edificios, pois a
Axencia ten oficinas en todas as capitais de provincia de España e tamén
en moitos pobos.

A Axencia Tributaria ten dous obxectivos fundamentais: un é o de axudarlles
ás persoas a cumprir as súas obrigas en relación cos impostos e o
outro é tratar de evitar e perseguir a fraude.
Para cumprir eses obxectivos, a Axencia ten que realizar moitas tarefas e actividades;
por iso, é unha organización moi grande (máis de 350 oficinas) onde
traballan moitas persoas (máis de 27.000). Como todas as grandes organizacións,
a Axencia está formada por distintas áreas e cada unha delas ocúpase
de realizar unha función ou un tipo de tarefas determinadas.
A continuación, imos describir brevemente as principais áreas (departamentos)
da Axencia Tributaria e as funcións que cada unha desenvolve.
- Información e asistencia
A Axencia Tributaria conta con moitos servizos para informar os cidadáns e
para axudarlles a cumprir as súas obrigas sobre o pagamento de impostos. Se
alguén ten algunha dúbida ou pregunta pode facer o seguinte:
- Acudir ás oficinas onde hai persoas que atenden os cidadáns.
- Poden chamar a un teléfono especial (901335533) para preguntar o que queiran
e as persoas que traballan na Axencia explícanllelo.
- Ademais, a Axencia pódelle facer nas súas oficinas gratuitamente a declaración
da renda a moitas persoas. Para que non teñan que esperar colas, pódese
pedir hora.
- Para os cidadáns que queiran facer elas mesmas as súas declaracións,
a Axencia Tributaria creou uns programas de axuda informáticos cos que é
moi doado que a xente faga a súa declaración no ordenador (por exemplo,
o programa PADRE para o IRPF).
- Os que teñan Internet poden presentar dende a súa casa por esta vía
a súa declaración e tamén poden entrar na páxina web da Axencia
para obter a información que necesiten.
- A Axencia tamén lles envía un borrador de declaración da renda á
casa a moitas persoas. Desta forma, o contribuínte, en caso de estar de acordo
co borrador, só ten que dar a conformidade e pode dala ata cunha mensaxe de
móbil.
- Control
Os servizos de control existen para detectar os defraudadores, que son os que non
pagan ou pagan menos dos que deben, aínda que si se benefician dos servizos
públicos que se financian co que pagan outros. Por iso, porque hai algunhas
persoas insolidarias e egoístas, debe existir un control.
- Recadación
Na Axencia tamén se recada o que os cidadáns deben pagar. Tamén se
poden pagar os impostos en determinados prazos, se a lei o permite.
- Alfándegas
A Axencia vixía para que as mercadorías que entran en España ou saen
de España a países fóra da Unión Europea paguen os seus aranceis.
Ademais, estes servizos ocúpanse de vixiar e loitar contra o contrabando, actividade
ilegal que consiste en que entren en España artigos e produtos prexudiciais
como as drogas ou prohibidos como as armas ilegais ou tamén en que saian do
noso país obxectos valiosos como as obras de arte ou as especies animais e
vexetais protexidas. Para Para este labor, a miúdo arriscado, a Axencia conta
con especialistas e con medios como avións, helicópteros e barcos.
- Informática
A Axencia Tributaria dispón de millóns de datos que obtén de numerosas
fontes. Pero eses datos teñen que ser almacenados, organizados e tratados informaticamente
para poder ser correctamente utilizados e sacar deles o máximo partido, tanto
para lles poder axudar aos cidadáns a cumprir coas súas obrigas tributarias
coma para descubrir os defraudadores que non as cumpren. Por iso é esencial
a informática.
- Outros servizos e oficinas
Para que un organismo tan grande e complicado como a Axencia Tributaria poida funcionar
correctamente fan falta outros servizos que traballan internamente. Así, existe
un departamento que coida da axeitada organización interna da Axencia e de
planificar a súa actividade. Outro departamento é responsable das cuestións
que lles afectan aos recursos humanos ou persoas que traballan na Axencia e de que
esta conte con todos os medios materiais necesarios para realizar as súas funcións.
Por último, hai outros servizos que vixían que a actuación da Axencia
se axuste á lei e cumpra debidamente os seus obxectivos.
Como diciamos, a Axencia Tributaria conta con moitas oficinas: polo menos unha en
cada capital de provincia e nas cidades con máis habitantes. Estas oficinas
chámanse delegacións (cando están nas capitais de provincia ou en
cidades grandes) e administracións da Axencia Tributaria (cando están
en vilas grandes ou en barrios de cidades moi grandes). Estas oficinas están
preto das persoas que teñen que pagar impostos para axudarlles cando teñen
dúbidas ou non saben moi ben que é o que hai que facer.
Finalmente, hai que ter en conta que, as comunidades autónomas e as entidades
locais tamén teñen competencias sobre impostos. Por iso, nas súas
respectivas administracións hai igualmente órganos encargados desta materia.
5.3 Actividades para o terceiro ciclo de primaria
Información para o profesor
A Axencia Tributaria está a desenvolver un programa de portas abertas nas delegacións.
Por iso, se vostede está interesado, pode solicitar unha visita á delegación
da Axencia Tributaria da súa cidade, envíandolle unha carta ao delegado.
A dirección postal da delegación da Axencia da súa cidade pode obterse
na páxina web da Axencia Tributaria: www.agenciatributaria.es
5.3.1 Visita á Axencia Tributaria
Área: coñecemento do medio/interdisciplinar.
Tipo: grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.
- Unha vez realizada a visita á oficina da Axencia Tributaria, preparade en grupo
un mural utilizando os folletos e a información que se vos entregou na visita
á delegación da Axencia Tributaria.
- Trala visita, contade cada un por escrito que vos chamou máis a atención
ou que vos interesou máis.
5.3.2 Investiga: a túa delegación
Área: coñecemento do medio.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.
- ¿Sabes cal é a oficina da Axencia Tributaria máis próxima á
túa casa? Navega pola páxina web da Axencia Tributaria:
www.agenciatributaria.es e busca a delegación ou a administración
da Axencia Tributaria máis próxima a ti.
Ver mapa
5.3.3 Explícate
Área: lingua.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.
- Fai unha visita virtual á web da Axencia Tributaria
www.agenciatributaria.es .Despois entre o que aprendiches e o que viches feixe
unha redacción que explique que é a Axencia e como está organizada.
5.3.4 ¿Como podes axudar?
Área: lingua/interdisciplinar.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.
- ¿Como podes axudar os teus pais ou avós a facer unha declaración
de impostos, por exemplo o IRPF?
- Dilles cal é a oficina da Axencia máis próxima ao teu domicilio.
- Sinálalles as diferentes formas de presentación dos impostos.
- Facilítalles o programa PADRE e axúdalles a utilizalo co ordenador.
- Investiga que teléfonos pon a Axencia para resolver dúbidas.
- Facilítalles o número de teléfono para pedir cita previa para facer
a declaración da renda.
5.3.5 A Axencia na prensa
Área: lingua/interdisciplinar.
Tipo: individual/grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.
- [O profesor levará á clase recortes de prensa, artigos, xornais ou revistas,
etc.].
- Pídeselles aos alumnos que, despois de analizar os artigos en grupo, indiquen
as funcións da Axencia Tributaria que se describen en cada artigo.
5.3.6 O reporteiro da Axencia
Área: lingua/interdisciplinar.
Tipo: individual/grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.
- Redactade un artigo para o xornal escolar, se o tedes, ou para un xornal da vosa
localidade, explicando que é, na vosa opinión, a Axencia Tributaria, como
está organizada, para que serve, que fai, etc.
5.3.7 Historia dunha viaxe (eu son unha declaración)
Área: lingua/interdisciplinar.
Tipo: individual/grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.
- “A viaxe dunha declaración de impostos”: na clase, e coa axuda
do profesor, investigade entre todos que pasa cunha declaración de impostos:
dende que entra nunha oficina da Axencia Tributaria ata que se arquiva e se garda.
- Imaxinade os sucesivos sitios por onde pasa coma se fosen “hoteis” onde
se aloxa esta declaración. E por certo, ¿como se fai o “transporte”?,
¿faise de xeito físico ou por medios telemáticos?
- E ¿que pasa co diñeiro que o contribuínte ten que pagar?
- E ao final da viaxe ¿onde queda definitivamente aloxada a declaración?,
¿existen carpetas ou arquivos ou algo así?
Podedes imaxinar esta viaxe, antes ou despois da visita á delegación ou
á administración da Axencia Tributaria. No primeiro caso, para ver se
imaxinastes ben a vosa “viaxe”. No segundo, para recordar o que vistes.
5.3.8 “Os detectives da Axencia Tributaria”
Área: lingua/interdisciplinar
Tipo: individual/grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.
- Na túa clase, antes da visita á delegación da Axencia Tributaria,
e coa axuda do profesor, imaxinade entre todos como se amañan os funcionarios
da Axencia Tributaria para descubrir unha persoa que non pagou correctamente os
seus impostos: ¿Como se decatan?, ¿que fan para demostrarlle ao cidadán
que non o fixo ben? Preparade entre todos na clase un cuestionario e pedídelles
aos funcionarios da delegación da Axencia Tributaria que visitedes que vos
contesten o dito cuestionario. Posteriormente outra vez na clase, preparade un artigo
coa información que obtivestes e explicádeo tamén nun mural dividíndoo
en viñetas.
6 Suxestións de uso para educación secundaria
6.1 Antes de empezar
- Sabemos que hai impostos. ¿Como se chama o organismo encargado de xestionalos
no Estado?
- ¿Viches algunha vez este logotipo?

- ¿Que funcións ten a Axencia para cumprir o seu labor?
- ¿De que ministerio depende a Axencia Tributaria?
- ¿Con que medios cres ti que conta para cumprir o seu labor?
6.2 Exposición del profesor
Sabemos xa que son os impostos, para que serven, quen os paga e tamén que son
as alfándegas. Pero, ¿quen se ocupa de que todo isto funcione?, ¿quen
recada os impostos e controla as alfándegas?
Pois ben, hai unha organización no Estado que se encarga de todo isto: é
a Axencia Tributaria, que depende do Ministerio de Facenda e Administracións
Públicas. As súas
siglas son: AEAT que significa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Non obstante, en diante referirémonos a ela como Axencia Tributaria.
Seguramente oiriades falar da Axencia Tributaria e veriades o seu símbolo ou
logotipo en anuncios ou en impresos e papeis que utilizaran os vosos pais, ou mesmo
pode que pasarades algunha vez por diante dalgún dos seus edificios, pois a
Axencia ten oficinas en todas as capitais de provincia de España e tamén
en moitas vilas.

A Axencia Tributaria funciona dende 1992 e ten dous obxectivos fundamentais: un
é o de axudarlles ás persoas a cumprir as súas obrigas en relación
cos impostos e o outro é tratar de evitar e corrixir os casos en que haxa persoas
que non cumpran a súa obriga de pagar os impostos.
Para cumprir eses obxectivos, a Axencia ten que realizar moitas tarefas e actividades;
por iso, é unha organización moi grande (máis de 350 oficinas) onde
traballan moitas persoas (máis de 27.000). Como todas as grandes organizacións,
a Axencia está formada por distintas áreas e cada unha delas ocúpase
de realizar unha función ou un tipo de tarefas determinadas.
A continuación, imos describir brevemente as principais áreas (departamentos)
da Axencia Tributaria e as funcións que cada unha desenvolve:
- Información e asistencia.
A Axencia Tributaria conta con moitos servizos para informar os cidadáns e
para axudarlles a cumprir as súas obrigas sobre o pagamento de impostos.
Así, os cidadáns que teñan dúbidas sobre o que deben facer poden
acudir á oficina da Axencia máis próxima ou ben chamar a un teléfono
especial (901335533) para preguntar o que queiran e as persoas que traballan na
Axencia explícanllelo.
Ademais, a Axencia pódelles facer nas súas oficinas, gratuitamente, a
declaración da renda a moitas persoas. Para que non teñan que esperar
colas, pódese pedir hora.
Para os cidadáns que queiran facer eles mesmos as súas declaracións,
a Axencia Tributaria creou uns programas de axuda informáticos cos que é
moi doado que a xente faga a súa declaración no ordenador (por exemplo,
o programa PADRE para o IRPF).
Os que teñan Internet poden presentar, dende a súa casa, por esta vía
a súa declaración e tamén poden entrar na páxina web da Axencia
para obter a información que necesiten.
A Axencia tamén lles envía borradores de declaración da renda á
casa a moitas persoas. Se se está de acordo co borrador, só hai que confirmalo
e pódese facer ata cunha mensaxe de móbil.
- Control.
Por desgraza, non todo o mundo cumpre coa súa obriga de pagar os impostos que
lle corresponden.
Hai xente egoísta e insolidaria que intenta pagar menos ou non pagar co cal
nos está a prexudicar a todos, xa que, ao non poñer a súa parte,
hai menos diñeiro para pagar os gastos comúns, como son as estradas, os
hospitais, os colexios, os xardíns e polideportivos, os bombeiros e policía
e tantas cousas máis.
Estas persoas, que son as defraudadoras, benefícianse de todos os servizos
públicos igual que os que si pagaron os seus impostos.
Isto é inxusto, por iso, a Axencia Tributaria ha de estar sempre a vixiar,
con persoas dedicadas a investigar e descubrir os defraudadores, co fin de que paguen
o que lle deben á sociedade.
- Recadación.
Outras dependencias da Axencia Tributaria encárganse de recibir o diñeiro
que pagan os cidadáns en cumprimento das súas obrigas tributarias.
Estes servizos tamén se ocupan de lles conceder prazos ás persoas que
non poden pagar os seus impostos dunha vez, nos casos en que a lei o permite.
Finalmente, estas dependencias tratan de conseguir que paguen os que se atrasaron,
non só no pagamento dos seus impostos senón tamén no pagamento doutras
cantidades que deben, como son as multas de tráfico.
- Alfándegas.
Como xa todos vós coñecedes, España pertence, xunto con outros países
de Europa, á Unión Europea. Unha das consecuencias de ser membro desa
organización é que as mercadorías poden entrar e saír libremente
de todos os países da Unión sen pagar aranceis.
Non obstante, os produtos que veñan de ou vaian a outros países que non
son da Unión Europea si que teñen que pagar unha cantidade por aranceis.
Dentro da Axencia Tributaria hai uns servizos que se encargan de que esas cantidades
se paguen: son as alfándegas. Ademais, estes servizos ocúpanse de vixiar
e loitar contra o contrabando, actividade ilegal que consiste en que entren en España
artigos e produtos prexudiciais como as drogas ou prohibidos como as armas ilegais
ou tamén en que saian do noso país obxectos valiosos como as obras de
arte ou as especies animais e vexetais protexidas.
Para este labor, a miúdo arriscado, a Axencia conta con especialistas e con
medios como avións, helicópteros e barcos.
- Informática.
Para realizar as súas funcións, a Axencia Tributaria dispón de millóns
de datos que obtén de numerosas fontes. Pero eses datos teñen que ser
almacenados, organizados e tratados informaticamente para lles poder ser correctamente
utilizados e sacar deles o máximo partido, tanto para poder axudarlles aos
cidadáns a cumprir coas súas obrigas tributarias coma para descubrir os
defraudadores que non as cumpren.
Deste labor encárganse os servizos informáticos da Axencia, que coidan
tamén de instalar e que manter todos os ordenadores que se utilizan na Axencia
Tributaria.
- Outros servizos e oficinas
Para que un organismo tan grande e complicado como a Axencia Tributaria poida funcionar
correctamente fan falta outros servizos que traballan internamente. Así, existe
un departamento que coida da axeitada organización interna da Axencia e de
planificar a súa actividade.
Outro departamento é responsable das cuestións que lles afectan aos recursos
humanos ou persoas que traballan na Axencia e de que esta conte con todos os medios
materiais necesarios para realizar as súas funcións.
Por último, hai outros servizos que vixían que a actuación da Axencia
se axuste á lei e cumpra debidamente os seus obxectivos.
Como diciamos, a Axencia Tributaria conta con moitas oficinas: polo menos unha en
cada capital de provincia e nas cidades con máis habitantes. Estas oficinas
chámanse delegacións (cando están nas capitais de provincia ou en
cidades grandes) e administracións da Axencia Tributaria (cando están
en pobos grandes ou en barrios de cidades moi grandes). Estas oficinas están
preto das persoas que teñen que pagar impostos para axudarlles cando teñen
dúbidas ou non saben moi ben que é o que hai que facer.
Finalmente, hai que ter en conta que, as comunidades autónomas e as entidades
locais tamén teñen competencias sobre impostos. Por iso, nas súas
respectivas administracións hai igualmente órganos encargados desta materia.
6.3 Actividades para o primeiro ciclo de secundaria
Información para o profesor
A Axencia Tributaria está a desenvolver un programa de portas abertas nas delegacións.
Por iso, se vostede está interesado, pode solicitar unha visita á delegación
da Axencia Tributaria da súa cidade, enviándolle unha carta ao delegado.
A dirección postal da delegación da Axencia Tributaria da súa cidade
pode obterse na páxina web da Axencia Tributaria: www.agenciatributaria.es.
6.3.1 Investiga: a túa delegación
Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- ¿Sabes cal é a oficina da Axencia Tributaria máis próxima á
túa casa? Navega pola páxina web da Axencia Tributaria: www.agenciatributaria.es e busca a delegación ou a Administración
da Axencia Tributaria máis próxima a ti.
Ver mapa
6.3.2 Investiga a lexislación
Área: xeografía e historia/lingua.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- Navega pola páxina web da Axencia Tributaria: www.agenciatributaria.es e busca a Lei 58/2003, do 17 de decembro,
Lei xeral tributaria e contesta as seguintes preguntas:
- ¿Quen sanciona as leis?
- O saúdo do documento legal ás persoas que lean esa lei incorpora dous
verbos que non se usan na lingua coloquial, ¿cales son? Analízaos morfoloxicamente.
- ¿Cantos títulos ten? ¿Cales son
os seus nomes?
- Para que unha lei teña efecto normativo nos cidadáns, ¿que pasos
ha de dar?
6.3.3 Investiga a Axencia
Área: xeografía e historia/lingua.
Tipo: Individual
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- Navega pola páxina web da Axencia Tributaria: www.agenciatribuaria.es e busca o apartado “Informa”.
Alí atoparás respostas para as preguntas máis frecuentes que lles
preocupan aos contribuíntes. Busca dúas dúbidas que aparezan nesa
parte da web e escribe a solución.
6.3.4 A Axencia e a prensa
Área: lingua/interdisciplinar.
Tipo: individual/grupal.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- [O profesor levará á clase recortes de prensa, artigos, xornais ou revistas,
etc.].
- Pídeselles aos alumnos que, despois de analizar os artigos en grupo, indiquen
as funcións da Axencia Tributaria que se describen en cada artigo.
6.3.5 ¿Como podes axudar?
Área: lingua/interdisciplinar
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- ¿Como lles podes axudar aos teus pais ou avós a facer unha declaración
de impostos, por exemplo o IRPF?
- Dilles cal é a oficina da Axencia máis próxima ao teu domicilio.
- Sinálalles as diferentes formas de presentación dos impostos.
- Facilítalles o programa PADRE e axúdalles a utilizalo co ordenador.
- Investiga que teléfonos pon a Axencia para resolver dúbidas.
- FFacilítalles o número de teléfono para pedir cita previa para facer
a declaración da renda.
- Mostrádelles a web da Axencia ( www.agenciatributaria.es ) ensínalles que se poden facer case
todos os trámites por Internet.
- Investiga que é iso dun “certificado electrónico”.
6.3.6 Os impostos no mundo
Área: tecnoloxía/linguas estranxeiras/interdisciplinar.
Tipo: individual/grupal.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- [Esta actividade pode requirir un pouco máis de tempo]
- ¿¿Como se relaciona a Axencia Tributaria con outros países do mundo?
Navega pola páxina web da Axencia Tributaria: ( www.agenciatributaria.es ), busca en “Enlaces”
e pica “Administracións tributarias no mundo”. Alí poderás
acceder ás webs de axencias tributarias similares á española pero
de case todos os países do mundo. Teñen cousas interesantes. Verás
as similitudes e as diferenzas entre os diversos sistemas tributarios dos distintos
países.
- Localiza axencias tributarias de dous ou tres países hispanoamericanos: ¿como
se chaman?
- Busca se existen impostos parecidos ao IRPF e ao IVE. ¿Tes a mesma denominación?
- Investiga se teñen algún apartado que lles achegue o sistema tributario
aos mozos.
- Faino con algún país de fala non española (Brasil ou Portugal; Italia;
Reino Unido ou Estados Unidos; Francia). Investiga os mesmos apartado de antes.
6.3.7 A Axencia e as comunidades autónomas
Área: interdisciplinar.
Tipo: individual
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- ¿Como se relaciona a Axencia Tributaria coas diferentes comunidades autónomas?
Navega pola páxina web da Axencia Tributaria: ( www.agenciatributaria.es ), busca en “C. Autónomas”.
- ¿Que apartados teñen os enlaces ás distintas comunidades autónomas?
- Pica na túa comunidade autónoma: saca información tributaria propia
da túa comunidade autónoma. Plásmao nun mural (por exemplo, o calendario
do contribuínte ou os impostos que se cederon, etc.).
- Compara a web da túa comunidade coa doutra comunidade autónoma: sinala
tres coincidencias e tres diferenzas.
6.3.8 Visita á AEAT (2)
Área: interdisciplinar.
Tipo: grupal.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- Unha vez realizada a visita á oficina da AEAT, preparade en grupo un mural
utilizando os folletos e a información que se vos entregou na visita á
delegación da AEAT.
- Facede unha relación de departamentos que visitarades e os servizos que ofrece.
- Tras a visita, escribide cada un o máis destacable ou interesante.
6.3.9 “A viaxe dunha declaración de impostos”
Área: interdisciplinar.
Tipo: grupal.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- Na túa clase, e coa axuda do profesor, imaxinade entre todos que pasa cunha
declaración de impostos: dende que entra nunha oficina da Axencia Tributaria
ata que se arquiva e se garda.
- Imaxinade os sucesivos sitios por onde pasa, coma se fosen “hoteis”
onde se aloxa esta declaración. E por certo, ¿como se fai o “transporte”?,
¿faise de xeito físico ou por medios telemáticos?
- E ¿que pasa co diñeiro que o contribuínte ten que pagar?
- E ao final da viaxe, ¿onde queda definitivamente aloxada a declaración?,
¿existen carpetas ou arquivos ou algo así?
E ao final da viaxe, ¿onde queda definitivamente aloxada a declaración?,
¿existen carpetas ou arquivos ou algo así?
6.3.10 “Os detectives da Axencia Tributaria”
Área: interdisciplinar.
Tipo: grupal.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.
- Na túa clase, e coa axuda do profesor, pensade entre todos como se amañan
os funcionarios da Axencia Tributaria para descubrir unha persoa que non pagou correctamente
os seus impostos
- &¿Como se decatan? ¿Que fan para demostrarlle ao cidadán que
non o fixo ben? ¿A que funcionario e de que dependencia da delegación
ou administración da Axencia Tributaria lle pediriades asesoramento para o
voso traballo de detectives?
- Preparade entre todos na clase un cuestionario e pedídelles aos funcionarios
da delegación da Axencia Tributaria que visitedes que vos contesten o dito
cuestionario. Posteriormente, outra vez na clase, preparade un artigo coa información
que obtivestes.
6.4 Actividades para o segundo ciclo de educación secundaria
Información para o profesor :
A Axencia Tributaria está a desenvolver un programa de portas abertas nas delegacións.
Por iso, se vostede está interesado, pode solicitar unha visita á delegación
da Axencia Tributaria da súa cidade, enviándolle unha carta ao delegado.
A dirección postal da delegación da Axencia Tributaria da súa cidade
pode obterse na páxina web da Axencia Tributaria: www.agenciatributaria.es.
6.4.1 Investiga: a túa delegación
Área: xeografía e historia.
Tipo: individual
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.
- ¿Sabes cal é a oficina da Axencia Tributaria máis próxima á
túa casa? Navega pola páxina web da Axencia Tributaria: www.agenciatributaria.es e busca a delegación ou a administración
da Axencia Tributaria máis próxima a ti.
Ver mapa
6.4.2 As leis
Área: xeografía e historia/lingua.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.
- Navega pola páxina web da Axencia Tributaria: www.agenciatributaria.es e busca a Lei 58/2003, do 17 de decembro,
Lei xeral tributaria e contesta as seguintes preguntas:
- ¿Cantos títulos ten? ¿Cales son
os seus nomes?
- Cal é a estrutura dunha lei:
- Exposición de motivos
- Articulado
- Disposicións transitorias
- Disposicións finais?
- Fíxate no articulado: ¿Que estrutura teñen os artigos? ¿Como
se agrupan os artigos? ¿En que partes se dividen?
- Para que unha lei teña efecto normativo nos cidadáns, ¿que pasos
ha de dar?
6.4.3 ¿Como podes axudar?
Área: lingua/interdisciplinar
Tipo: individual
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.
- ¿Como lles podes aos teus pais ou avós a facer unha declaración de
impostos, por exemplo o IRPF?
- Dilles cal é a oficina da Axencia máis próxima ao teu domicilio.
- Sinálalles as diferentes formas de presentación dos impostos.
- Facilítalles o programa PADRE e axúdalles a utilizalo co ordenador.
- Investiga que teléfonos pon a Axencia para resolver dúbidas.
- Facilítalles o número de teléfono para pedir cita previa para facer
a declaración da renda.
- Mostrádelles a web da Axencia ( www.agenciatributaria.es ) e ensínalles que se poden facer
case todos os trámites por Internet.
- Investiga que é “un certificado electrónicol”. Identifica que organismos
poden emitir un certificado dese tipo. ¿Como se conseguen?, ¿para que
valen eses certificados?
6.4.4 Os impostos no mundo (2)
Área: tecnoloxía/linguas estranxeiras/interdisciplinar.
Tipo: individual/grupal.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.
- NOTA: esta actividade pode requirir un pouco máis de tempo
- ¿Como se relaciona a Axencia Tributaria con outros países do mundo? Navega
pola páxina web da Axencia Tributaria: www.agenciatributaria.es, busca en “Enlaces” e
pica “Administracións tributarias no mundo”. Alí poderás
acceder ás webs de axencias tributarias similares á española pero
de case todos os países do mundo. Teñen cousas interesantes. Verás
as similitudes e as diferenzas entre os diversos sistemas tributarios dos distintos
países.
- Localiza axencias tributarias de dous ou tres países hispanoamericanos: ¿Como
se chaman?
- Busca se existen impostos parecidos ao IRPF e ao IVE. ¿Tes a mesma denominación?
- Investiga se teñen algún apartado que lles achegue o sistema tributario
aos mozos.
- Investiga se teñen algún apartado que lles achegue o sistema tributario
aos mozos.
- Tamén podes entrar no sitio do “CIAT”, que é un organismo
intergobernamental para a colaboración entre administracións tributarias
de países de América Latina e doutros países, entre eles España.
Busca que países pertencen a eses organismos e enuncia algunha das súas
funcións.
- Fai un cadro coas similitudes e diferenzas que atopedes nas páxinas web das
administracións tributarias de diversos países.
- Elixide (unha persoa ou un pequeno grupo) un país: redactade un artigo con
explicando as características do sistema tributario deses países en comparación
co español.
6.4.5 A Axencia e as comunidades autónomas (2)
Área: interdisciplinar.
Tipo: individual
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.
6.4.6 Visita á AEAT (3)
Área: interdisciplinar.
Tipo: grupal.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.
- Unha vez realizada a visita á oficina da AEAT, preparade en grupo un mural
utilizando os folletos e a información que se vos entregou na visita á
delegación da AEAT.
- Facede unha relación de departamentos que visitarades e os servizos que ofrece.
6.4.7 Un reporteiro na Axencia
Área: interdisciplinar/lingua.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.
- Redacta un artigo para o xornal ou a revista escolar describindo a organización,
funcións e principais obxectivos da Axencia Tributaria. Incorpora información
de Internet e da visita realizada.
- Escribe se che gustaría traballar na Axencia Tributaria explicando por que
si ou por que non.
6.4.8 “A viaxe dunha declaración de impostos”
Área: interdisciplinar/lingua.
Tipo: Individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.
- Na túa clase, e coa axuda do profesor, imaxinade entre todos que pasa cunha
declaración de impostos: dende que entra nunha oficina da Axencia Tributaria
ata que se arquiva e se garda.
- Imaxinade os sucesivos sitios por onde pasa, coma se fosen “hoteis”
onde se aloxa esta declaración. E por certo, ¿como se fai o “transporte”?,
¿faise de xeito físico ou por medios telemáticos?
- E ¿que pasa co diñeiro que o contribuínte ten que pagar?
- E ao final da viaxe, ¿onde queda definitivamente aloxada a declaración?,
¿existen carpetas ou arquivos ou algo así?
Podedes imaxinar esta viaxe, antes ou despois da visita á delegación ou
á administración da Axencia Tributaria. No primeiro caso, para ver se
imaxinastes ben a vosa “viaxe”. No segundo, para recordar o que vistes.
6.4.9 “Os detectives da Axencia Tributaria”
Área: interdisciplinar/lingua.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.
- Na túa clase, e coa axuda do profesor, pensade entre todos como se amañan
os funcionarios da Axencia Tributaria para descubrir unha persoa que non pagou correctamente
os seus impostos.
- ¿Como se decatan? ¿Que fan para demostrarlle ao cidadán que non o
fixo ben? ¿A que funcionario e de que dependencia da delegación ou administración
da Axencia Tributaria lle pediriades asesoramento para o voso traballo de detectives?
- Preparade entre todos na clase un cuestionario e pedídelles aos funcionarios
da delegación da Axencia Tributaria que visitedes que vos contesten o dito
cuestionario.
- Preparade entre todos na clase un cuestionario e pedídelles aos funcionarios
da delegación da Axencia Tributaria que visitedes que vos contesten o dito
cuestionario.