Portal Educación Cívico Tributaria. Agencia Tributaria. - Profesores versión flash

Axencia Tributaria, coa colaboración do Instituto de Estudios Fiscais.

¿Que son as aduanas?

  1. Obxectivos
      
  2. Contidos
      
  3. Recordemos que...
     
  4. Glosario
        
  5. Suxestións de uso para educación primaria
     
  6. Suxestións de uso para educación secundaria
     


1 Obxectivos
 

Ao final da sesión, os alumnos serán capaces de:

 

2 Contidos

2.1 Fronteiras de España e da Unión Europea
2.2 As alfándegas e o territorio aduaneiro comunitario (TAC)
2.3 Declaración aduaneira e outros controis
2.4 Actividades profesionais relacionado con “ import/export ”
2.5 Contrabando e branqueo de capitais
2.6 A alfándega e o control das especies en perigo de extinción
2.7 A alfándega e a protección da propiedade intelectual e industrial
2.8 A alfándega e a protección do medio
2.9 A alfándega e as homologacións de xoguetes e bicicletas

2.1 Fronteiras de España e da Unión Europea

Dende 1993, data de implantación do mercado único europeo, xa non existen fronteiras físicas entre os distintos estados membro da Unión Europea (entón 12 países, 15 en 1995 e 25 en 2004, 27 en 2007 y 28 en 2013). Isto significa que as mercadorías e as persoas con equipaxes poden circular libremente dun estado membro a outro dentro da Unión sen que existan controis administrativos.

Polo tanto, as fronteiras, que determinan o réxime tributario e comercial das mercadorías no interior dun territorio determinado, quedaron establecidas en 1993 entre o conxunto dos países da Unión Europea e os restantes países. Dende entón, o que interesa é o control do intercambio de mercadorías entre os estados membro da Unión Europea e os “terceiros países” non pertencentes a esta.


2.2 As alfándegas e o territorio aduaneiro comunitario (TAC)

Este control do movemento de bens, tanto de entrada na Unión Europea (importacións), como de saída desta (exportacións), lévase a cabo nas instalacións que coñecemos co nome de aduanas.

Así pois, nas alfándegas (ou nos lugares que determinen as autoridades aduaneiras), deposítanse as mercadorías que van entrar ou saír do territorio aduaneiro comunitario (TAC) e que, antes de poder circular libremente na Unión Europea ou ser transportadas a outros países, están suxeitas a control con diferentes tipos de medidas.

O territorio aduaneiro comunitario basicamente coincide co territorio da Unión Europea, aínda que existen algunhas excepcións. Un exemplo, en España, Ceuta e Melilla forman parte do territorio da Unión Europea pero non se inclúen no territorio aduaneiro comunitario. Outro exemplo, San Marino e Mónaco non forman parte do territorio da Unión Europea pero si se inclúen no territorio aduaneiro comunitario.

 


2.3 Declaración aduaneira e outros controis

Antes de poder circular libremente na Unión Europea ou ser transportadas a outros países, as mercadorías están suxeitas nas alfándegas a control con diferentes tipos de medidas.

Unha vez realizados estes trámites as autoridades aduaneiras conceden o levante das mercadorías para que, segundo sexa o caso, poidan entrar ou saír do territorio aduaneiro comunitario.

Outro tipo de movemento de artigos que require unha tramitación específica, é o tránsito pola Unión Europea de bens que teñen a súa orixe e destino en países non pertencentes a ela ou, noutro caso, o paso dun país a outro da Unión a través dun estado non membro desta.


2.4 Actividades profesionais relacionado con “ import/export ”

Resulta significativa a diversidade de operadores que, con distintas funcións, interveñen nas xestións do comercio exterior: transportistas, consignatarios de mercadorías, autoridades aduaneiras, exportadores, importadores, axentes de alfándegas, etc.


2.5 Contrabando e branqueo de capitais

Cando se incumpren as normas que regulan a actividade descrita anteriormente, prodúcense infraccións administrativas ou delitos, segundo sexa a gravidade das condutas observadas, que reciben a denominación xenérica de contrabando.

Entre os distintos tipos de contrabando pódense citar:

Como consecuencia destas actividades ilícitas xéranse fondos que logo tratan de ser utilizados legalmente, a través do que se coñece como “branqueo de capitais”. Para evitar o “branqueo de capitais” establécense normas para os bancos e demais entidades financeiras para que identifiquen os clientes, controlen as operacións, etc.


2.6 A alfándega e o control das especies en perigo de extinción

O Convenio sobre o comercio internacional de especies ameazadas de fauna e flora silvestres (CITES) regula o comercio internacional de animais e plantas en perigo de extinción (estas especies aparecen relacionado no propio convenio). Este convenio esixe, para que o comercio destas especies sexa legal, unha serie de permisos e certificados que han de verificarse pola alfándega antes de autorizar que as mercadorías entren ou saian dun país.

España forma parte do Convenio CITES dende o 16 de maio de 1986. As autoridades administrativas competentes para a expedición deses permisos e autorizacións son a Dirección Xeral de Comercio e Investimentos dependente da Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade, o Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais da Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

A alfándega, en virtude da especie coa que se queira comerciar, deberá comprobar toda a documentación que acompaña o animal ou a planta protexidos, como é o permiso de importación ou exportación que expide Comercio Exterior ou a autoridade competente do país do que se trate. Tras verificalo, a alfándega procederá a dilixencialo e devolverllo ao organismo de orixe.

En caso de incumprirse os requisitos necesarios para un comercio lícito, a alfándega comisará os espécimes de fauna e flora silvestres e iniciar un expediente sancionador por comisión dunha infracción ou un delito de contrabando, segundo sexa a gravidade da operación realizada.


2.7 A alfándega e a protección da propiedade intelectual e industrial

A alfándega tamén ten encomendada a protección en fronteira dos dereitos de propiedade intelectual (dereitos de autor) e industrial (marcas) na comercialización dos seguintes produtos:


2.8 A alfándega e a protección do medio

A alfándega prohibe as importacións de produtos que poidan ser prexudiciais para o medio, por exemplo, os acondicionadores de aire deben funcionar cun determinado gas que non sexa prexudicial para a capa de ozono.


2.9 A alfándega e as homologacións de xoguetes e bicicletas

A homologación acredita que a elaboración dun produto cumpre os requisitos que a Unión Europea establece para garantir a súa comercialización con plena seguridade. Por exemplo, no caso de xoguetes e bicicletas, a alfándega debe comprobar que levan gravada a clave da súa homologación que se compón das letras BI seguido dun código numérico.

3 Recordemos que...
 

As fronteiras marcan os límites territoriais dun país. As mercadorías e persoas con equipaxes que viaxan dun país a outro, ao cruzar a fronteira, han de pasar un control na alfándega.

As alfándegas son todo o conxunto de instalacións onde se controlan as mercadorías que entran ou saen dun determinado territorio.

Dende 1993, dentro da Unión Europea non existen fronteiras entre os seus países membros. Isto significa que as mercadorías e as persoas con equipaxes poden ir libremente dun estado a outro da Unión Europea sen que teñan que pasar controis administrativos na alfándega. Polo tanto, as alfándegas controlan o intercambio de mercadorías con países de fóra da Unión Europea.

Os produtos que non cumpren a normativa aduaneira son produtos de contrabando. Distintos tipos de contrabando son:

Así mesmo, a alfándega ten importantes funcións en materia de loita contra as falsificacións de artigos e contra a piratería de discos, programas de ordenador, etc.

 

4 Glosario
 

Ademais, forman parte do territorio aduaneiro comunitario San Marino e Mónaco, a pesar de non formar parte do territorio da Unión Europea.

  

5 Suxestións de uso para educación primaria
 
5.1 Antes de empezar
5.2 Exposición do profesor
5.3 Actividades para o terceiro ciclo de primaria
5.3.1 As fronteiras da Unión Europa
5.3.2 Países da Unión Europea: transporte de mercadorías
5.3.3 Instalacións aduaneiras
5.3.4 Policías e ladróns
5.3.5 Unha de acción

5.1 Antes de empezar


5.2 Exposición do profesor

Na Europa actual non existen obstáculos para que as cousas poidan ir libremente dun país a outro, se é que o seu traslado se produce a través do territorio dos estados que pertencen á Unión Europea.

Pódese transportar unha mercadoría dende, por exemplo, Portugal a Francia pasando por España, sen que ningún destes tres países poida limitar este desprazamento.

Todos os bens e persoas dentro do territorio da Unión Europea poden ir dun estado a outro sen ter que pagar nada por pasar dun país a outro. É unha das consecuencias da existencia, dende 1993, do mercado único europeo.

Outra consecuencia, complementaria da anterior e que vén ser como a outra cara da mesma moeda, é que a entrada ou saída de produtos dende ou cara aos países alleos á Unión Europea terá sempre que seguir os mesmos trámites, calquera que sexa o Estado da Unión que reciba ou envíe estes produtos.

Existe, polo tanto, unha soa fronteira entre a Unión Europea e o resto do mundo, o que supón un sistema único para que as mercadorías se trasladen entre os estados membro da Unión Europea e os restantes países.

As alfándegas son os lugares onde se levan a cabo as operacións para autorizar que as mercadorías poidan intercambiarse entre un país da Unión Europea e outro de fóra dela.

Nas alfándegas preséntase a documentación declarando as cousas que se van importar (cando se introducen no territorio da Unión Europea) ou exportar (cando se envían a países que non son da Unión Europea).

Nelas deposítanse as mercadorías, que son revisadas polas autoridades aduaneiras para controlar que estean de acordo co que se declarou e non teñan ningún problema.

É o momento no que se debe proceder ao pagamento por exportar ou importar os artigos dos que se trate.

Unha vez concluídas todas estas operacións autorízase a trasladar os artigos dentro da Unión Europea (no caso das importacións) ou a que saian a outros países (nas exportacións).

O contrabando prodúcese cando se saltan todos estes controis para o intercambio de mercadorías.

Isto pode acontecer porque se trate de substancias ou artigos de uso prohibido, como é o caso das drogas ou armas. Nas drogas é o que se coñece por narcotráfico.

Tamén hai contrabando cando se pretende entrar ou sacar dun país, sen permiso, bens que están especialmente protexidos, por exemplo, obras de arte ou animais e plantas en vías de extinción.

As autoridades aduaneiras tamén vixían que non entren pola alfándega falsificacións de marca (xoguetes falsificados, bolsos falsificados, etc.) ou mercadorías pirateadas (CD, DVD, programas de ordenador, etc.)


5.3 Actividades para o terceiro ciclo de primaria

A continuación suxírense distintas actividades. Os criterios de busca de actividades pode ser de distinto tipo: a área ou materia, o tipo de actividade (individual ou grupal) e o nivel educativo para o que se propón.


5.3.1 As fronteiras da Unión Europa

Área : coñecemento do medio.
Tipo : individual.
Nivel : terceiro ciclo de educación primaria.

Ademais, forman parte do territorio aduaneiro comunitario San Marino e Mónaco, a pesar de non formar parte do territorio da Unión Europea.

 

5.3.2 Países da Unión Europea: transporte de mercadorías

Área : coñecemento do medio.
Tipo : individual.
Nivel : terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.3 Instalacións aduaneiras

Área : coñecemento do medio.
Tipo : individual/grupal.
Nivel : terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.4 Policías e ladróns

Área : coñecemento do medio. Interdisciplinar.
Tipo : grupal.
Nivel : terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.5 Unha de acción

Área : coñecemento do medio. Interdisciplinar.
Tipo : individual.
Nivel : terceiro ciclo de educación primaria. a

 

6 Suxestións de uso para educación secundaria

6.1 Antes de empezar
6.2 Exposición do profesor
6.3 Actividades para o terceiro ciclo de primaria
6.3.1 As fronteiras da Unión Europa
6.3.2 A través de Europa
6.3.3 Instalacións aduaneiras
6.3.4 Piratería moderna
6.3.5 O uso do sufixo -axe
6.3.6 Foro
6.4 Actividades para o segundo ciclo de secundaria
6.4.1 A historia de Marco Polo: comercio, xeografía e alfándega
6.4.2 Import/Export
6.4.3 Contra o delito organizado
6.4.4 A piratería e o contrabando
6.4.5 Foro

6.1 Antes de empezar


6.2 Exposición do profesor

Na Europa actual non existen obstáculos para que as mercadorías e as persoas poidan ir libremente dun país a outro, se é que o seu traslado se produce a través do territorio dos estados que pertencen á Unión Europea.

Pódese transportar unha mercadoría dende, por exemplo, Portugal a Francia pasando por España, sen que ningunha destas tres nacións poida limitar este desprazamento.

Isto quere dicir que se eliminaron as fronteiras comerciais existentes dentro da Unión Europea e que se creou un territorio aduaneiro comunitario único que é o formado por todos os países membros da Unión. Ou o que é o mesmo, todas as mercadorías e persoas que transporten equipaxes dentro deste territorio poden ir dun Estado a outro sen ter que pagar nada por pasar dun país a outro, sexa cal sexa a cantidade e o tipo de mercadoría transportada. É unha das consecuencias da existencia, dende 1993, do mercado único europeo.

Outra consecuencia, complementaria da anterior e que vén ser como a outra cara da mesma moeda, é que a entrada ou saída de produtos dende ou cara aos países alleos á Unión Europea terá sempre que seguir o mesmo tratamento, comercial e administrativo, calquera que sexa o estado da Unión que reciba ou envíe estes produtos.

Existe, polo tanto, unha soa fronteira entre a Unión Europea e o resto do mundo, o que supón un sistema único para realizar os intercambios comerciais entre os países integrados na Unión Europea e os restantes países do planeta.

As alfándegas son os lugares onde se levan a cabo os trámites e as operacións para autorizar que as mercadorías poidan intercambiarse entre un país da Unión Europea e outro de fóra dela

Nas alfándegas preséntase a documentación declarando as cousas que se van importar (cando se introducen no territorio da Unión Europea) ou exportar (cando se envían a terceiros países).

Nelas deposítanse as mercadorías, que son revisadas polas autoridades aduaneiras para comprobar que corresponden co declarado e para verificar que se axustan ás medidas que sobre política comercial ten establecidas a Unión Europea.

É o momento no que, se así está sinalado nas normas que regulan o comercio exterior, debe procederse ao pagamento dos dereitos e demais impostos (IVE e impostos especiais) por importar os artigos dos que se trate.

Unha vez concluídas todas estas operacións, autorízase á disposición dos artigos depositados (é o que se denomina “levante de mercadorías”) para o seu libre traslado dentro da Unión Europea (no caso das importacións) ou para a súa saída a terceiros países (nas exportacións).

O contrabando prodúcese cando se eluden todos estes controis para o intercambio de mercadorías.

Isto pode acontecer porque se trate de substancias ou artigos de uso prohibido, como é o caso das drogas ou armas. Nos estupefacientes é o que se coñece por narcotráfico.

Tamén hai contrabando cando se pretende entrar ou sacar dun país bens que están especialmente protexidos. Hai que recordar aquí o tráfico ilegal de obras de arte ou de animais e plantas en vías de extinción.

Por último, outra forma de contrabando é non declarar o comercio de artigos que, aínda que estean permitidos, o seu intercambio está restrinxido e sometido ao pagamento de dereitos aduaneiros especiais, como acontece co tabaco e as bebidas alcohólicas.

As autoridades aduaneiras tamén vixían que non entren pola alfándega falsificacións de marca (xoguetes falsificados, bolsos falsificados, etc.) ou mercadorías pirateadas (CD, DVD, programas de ordenador, etc.).

Para finalizar hai que facer un comentario acerca dunha forma de delito que, aínda que non unicamente, ten a súa orixe no tráfico ilícito, trátase do “branqueo de capitais”.

Enténdese por “diñeiro negro”, ou “caixa B”, o capital que se xerou fóra do control da Administración tributaria en operacións non declaradas que conforman o que se deu en chamar “economía encuberta”. O “branqueo” consistiría en tratar de converter en diñeiro legal os beneficios das actividades delituosas ou irregulares a través de compras, investimentos e operacións financeiras que introduzan tales beneficios na economía legalizada.

Para tratar de evitar o “branqueo de capitais” as leis establecen certos controis que deben seguir os bancos e demais entidades financeiras respecto aos seus clientes e á orixe dos depósitos que reciben.


6.3 Actividades para o terceiro ciclo de primaria

A continuación suxírense distintas actividades. Os criterios de busca de actividades pode ser de distinto tipo: a área ou materia o tipo de actividade (individual ou grupal) e o nivel educativo para o que se propón.


6.3.1 As fronteiras da Unión Europa

Área : xeografía e historia.
Tipo : individual.
Nivel : primeiro ciclo de educación secundaria.

Ademais, forman parte do territorio aduaneiro comunitario San Marino e Mónaco, a pesar de non formar parte do territorio da Unión Europea.


6.3.2 A través de Europa

Área : xeografía e historia.
Tipo : individual. l
Nivel : primeiro ciclo de educación secundaria.


6.3.3 Instalacións aduaneiras

Área : xeografía e historia.
Tipo : individual/grupal.
Nivel : primeiro ciclo de educación secundaria.


6.3.4 Piratería moderna

Área : xeografía.
Tipo : individual/grupal.
Nivel : primeiro ciclo de educación secundaria.

Distribúense os alumnos en pequenos grupos para que traballen en equipo na consulta de noticias relacionadas coa actual “piratería” e os modernos contrabandistas. Cada grupo dedicarase a investigar sobre un dos tipos de contrabando: armas, drogas, obras de arte, animais en perigo de extinción, falsificacións de marcas, bebidas alcohólicas, tabaco, etc. O traballo conclúe coa exposición das investigacións de cada grupo e o debate sobre estas.


6.3.5 O uso do sufixo -axe

Área : lingua.
Tipo : individual.
Nivel : primeiro ciclo de educación secundaria.


6.3.6 Foro

Área : interdisciplinar.
Tipo : individual/grupal.
Nivel : primeiro ciclo de educación secundaria.


6.4 Actividades para o segundo ciclo de secundaria

A continuación suxírense distintas actividades. Os criterios de busca de actividades pode ser de distinto tipo: a área ou materia o tipo de actividade (individual ou grupal) e o nivel educativo para o que se propón.


6.4.1 A historia de Marco Polo: comercio, xeografía e alfándega

Área : xeografía e historia.
Tipo : individual.
Nivel : segundo ciclo de educación secundaria.


6.4.2 Import/Export

Área : xeografía e historia.
Tipo : individual.
Nivel : segundo ciclo de educación secundaria.


6.4.3 Contra o delito organizado

Área : xeografía e historia.
Tipo : individual/grupal.
Nivel : segundo ciclo de educación secundaria.


6.4.4 A piratería e o contrabando

Área : interdisciplinar. Educación en valores.
Tipo : individual.
Nivel : segundo ciclo de educación secundaria.


6.4.5 Foro

Área : interdisciplinar.
Tipo : individual/grupal.
Nivel : primeiro ciclo de educación secundaria.