Portal Educación Cívico Tributaria. Agencia Tributaria. - Profesores versión flash

Axencia Tributaria, coa colaboración do Instituto de Estudios Fiscais.

¿Quen paga os impostos?

  1. Obxectivos
       
  2. Contidos
      
  3. Recordemos que...
      
  4. Glosario
      
  5. Suxestións de uso para educación primaria
      
  6. Suxestións de uso para educación secundaria
       


1 Obxectivos
 

Con esta sesión preténdese que os alumnos sexan capaces de coñecer:

 

2 Contidos

2.1 Os dereitos e as responsabilidades dos cidadáns
2.1.1 Xeneralidade de deber de contribuír
2.1.2 A capacidade económica e as súas manifestacións
2.1.3 Solidariedade e igualdade de oportunidades
2.2 A evasión e a fraude
2.2.1 Cumprimento fiscal
2.2.2 A fraude en gastos e ingresos

2.1 Os dereitos e as responsabilidades dos cidadáns


2.1.1 Xeneralidade de deber de contribuír

Sabemos que todo grupo, toda colectividade, ten unhas necesidades comúns que deben ser financiadas mediante as achegas económicas dos membros dese colectivo. O Estado é a forma que ten de organizarse politicamente unha comunidade de cidadáns. Por iso, o Estado ten o dereito a esixir e os cidadáns deber de achegar os recursos económicos necesarios para financiar as necesidades comúns.

Os impostos, polo tanto, son unhas cantidades de diñeiro que os cidadáns están obrigados por lei a pagar para que o Estado e o resto de administracións públicas dispoñan dos recursos suficientes cos que financiar os gastos públicos. O artigo 133 da Constitución española di que: “A potestade orixinaria para establecer os tributos correspóndenlle exclusivamente ao Estado, mediante lei. As comunidades autónomas e as corporacións locais poderán establecer e esixir tributos, de acordo coa Constitución e as leis”.

O artigo 31 da Constitución española di que: “Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade que, en ningún caso, terá alcance confiscatorio” .

Este artigo quere dicir que, no noso país, as achegas que teñen que facer os cidadáns para contribuír ao pagamento dos gastos públicos se teñen que rexer por un principio moi importante, que é o da capacidade económica. Por iso, aínda que todos os cidadáns teñen que contribuír ( principio de xeneralidade ), non sempre o fan na mesma proporción porque non todos dispoñen dos mesmos recursos económicos. O principio de igualdade determina que os cidadáns con igual capacidade económica han de pagar a mesma cantidade de impostos e que os cidadáns con distinta capacidade económica han de pagar distinta cantidade de impostos. Así, a Constitución determina que, no sistema tributario español, quen máis diñeiro teña deberalle achegar máis euros ao fondo común para o pagamento dos bens e servizos públicos ( principio de progresividade ). Aínda que con certos límites, porque tamén a Constitución esixe que o sistema tributario non leve a aplicación do principio de progresividade tan lonxe que mediante os impostos, poida ameazar a capacidade económica dos contribuíntes ( alcance confiscatorio ).

 


2.1.2 A capacidade económica e as súas manifestacións

A capacidade económica configúrase, deste modo, como o criterio preferente de xustiza na repartición das cargas económicas necesarias para lles facer fronte ás necesidades públicas e, polo tanto, é o principal criterio que rexe o sistema tributario español. A capacidade económica de cada cidadán maniféstase de distintas formas, ben a través da riqueza que posúe, ben a través dos ingresos que obtén, ou ben a través dos distintos tipos de consumo que fai.

Considérase que a posesión do patrimonio, a obtención de rendas, a adquisición dunha herdanza ou unha doazón, a compra de mercadorías son feitos representativos de capacidade económica, tamén chamada capacidade contributiva ”, porque, en función dela, realizan os contribuíntes as súas achegas tributarias á Facenda pública. É dicir, é o diñeiro que se ten, ou que se demostra que se ten, a xulgar polas cousas que unha persoa compra ou posúe. Por iso, a capacidade económica é un indicador da capacidade contributiva, porque demostra o que un cidadán pode e debe pagar en concepto de impostos. O que ten maior capacidade económica, ten maior capacidade contributiva e, por iso, ten que pagar máis en concepto de impostos, cos límites estipulados para evitar que os tributos sexan tan altos que teñan alcance confiscatorio.

 


2.1.3 Solidariedade e igualdade de oportunidades

Os impostos fan posible o financiamento das necesidades comúns, é dicir son o “prezo” que se paga polos bens e servizos públicos. Ademais, os impostos permiten que exista unha maior igualdade de renda e riqueza entre os cidadáns. Isto é o que se coñece como función redistributiva dos impostos .

Como se indicou anteriormente, o artigo 31 da Constitución establece que o sistema tributario español estará inspirado no principio de progresividade, é dicir, pagará máis impostos quen máis capacidade económica teña. Por iso, dise que os impostos cumpren unha función redistributiva. Ademais, como se indicou na Guía didáctica 1, todos os cidadáns teñen dereito a beneficiarse por igual dos bens e servizos públicos (por exemplo: as autovías) independentemente de que pagaran máis ou menos impostos porque teñan maior ou menor capacidade económica. E mesmo, en determinados casos (por exemplo: servizos sociais, seguro de desemprego) só poden beneficiarse destas prestacións públicas os cidadáns cunha capacidade económica menor. Por iso, dise que o gasto público cumpre tamén unha función redistributiva. Existe, polo tanto, unha transferencia de recursos dos que máis capacidade económica teñen aos que menos.

Dende este punto de vista, o pagamento dos impostos ten un sentido ético moito máis amplo que o simple acatamento dunha obriga legal. Non se trata, polo tanto, dun mero intercambio de bens e servizos comprados ao Estado ao prezo do pagamento dos impostos. Trátase de conseguir a igualdade de oportunidades para o pleno exercicio dos dereitos políticos, económicos e sociais por parte de todos os cidadáns. Cos impostos, en definitiva, contribúese a facer realidade os principios de xustiza e equidade mediante as achegas solidarias que o Estado lles esixe a todos os cidadáns.

 


2.2 A evasión e a fraude


2.2.1 Cumprimento fiscal

O pagamento dos impostos aféctalles principalmente aos intereses materiais, concretos e persoais de cada individuo. Pode que no plano dos xuízos morais se estea plenamente de acordo co cumprimento do deber tributario porque se asuma que é un deber cidadán. Pero cando se pasa ao plano da conduta, ao cumprimento das obrigas tributarias correspondentes, onde o que entra en xogo é o interese propio, é posible que tales conviccións se debilitaran considerablemente xerando actitudes menos favorables ao cumprimento fiscal e máis proclives á evasión e á fraude.

As normas fiscais forman parte do conxunto de normas sociais que debe cumprir un individuo adulto nunha sociedade democrática. Un cidadán que vive neste modelo social tería que cumprir correctamente os requirimentos que o sistema fiscal lle esixe sen esperar a que se exercese sobre el a presión coactiva da Administración. As responsabilidades fiscais deberían formar parte do conxunto de valores que todo cidadán ten que asumir, respectar e defender.

 


2.2.2 A fraude en gastos e ingresos

O cumprimento fiscal é unha cuestión de cidadanía. Os efectos do incumprimento, é dicir da fraude fiscal, prexudican a todos os cidadáns pero especialmente a aqueles que asumen as súas responsabilidades cidadás e cumpren correctamente as súas obrigas tributarias. A fraude fiscal é un fenómeno complexo baseado nunha mentalidade de dereitos adquiridos sen ningunha contrapartida dende a vertente das responsabilidades. É, en definitiva, un problema de socialización inadecuada nos valores éticos de xustiza e solidariedade.

O cumprimento fiscal non se esgota no correcto cumprimento das obrigas tributarias. O termo fiscal inclúe as dúas vertentes do presuposto público: o dos ingresos e o dos gastos públicos. Por iso, tamén pola vía do gasto público pode haber fraude, que é o que se comete cando se abusa dos bens e servizos públicos, ou cando se utilizan mal ou se destrúen. Esa falta de respecto ao que é público, pagado co esforzo colectivo e posto a disposición de todos para o beneficio común, é tamén un problema de cidadanía; supón tanto unha inxustiza como unha mostra de insolidariedade.

 

3 Recordemos que...
 

Os impostos son unhas cantidades de diñeiro que os cidadáns obrigados por lei pagan para que o Estado e o resto de administracións públicas dispoñan dos recursos suficientes cos que financiar os gastos públicos.

Todos os cidadáns sen excepción teñen que contribuír a financiar os gastos públicos mediante o pagamento dos impostos na forma establecida polas leis.

Pero, non todos os cidadáns han de contribuír na mesma proporción, porque non todos dispoñen dos mesmos recursos económicos.

A capacidade económica de cada cidadán maniféstase de distintas formas, a través da riqueza que posúe, dos ingresos que obtén ou a través dos distintos consumos que fai.
A capacidade económica é un indicador da capacidade contributiva, porque demostra o que un cidadán pode e debe pagar en concepto de impostos.

Cos impostos faise posible o financiamento dos bens e servizos públicos e, ademais, contribúese a facer realidade os principios de xustiza e equidade mediante as achegas solidarias que o Estado lles esixe a todos os cidadáns.

Os efectos do incumprimento fiscal, é dicir da fraude fiscal, prexudican a todos os cidadáns pero especialmente a aqueles que asumen as súas responsabilidades cidadás e cumpren correctamente as súas obrigas tributarias.

A fraude fiscal prodúcese porque non se pagan os impostos que corresponden e tamén pode producirse pola vía do gasto público cando se abusa dos bens e servizos públicos, ou cando se utilizan mal ou se destrúen.

 

4 Glosario
 

 

5 Suxestións de uso para educación primaria
 
5.1 Antes de empezar
5.2 Exposición do profesor
5.2.1 Os dereitos e as responsabilidades dos cidadáns
5.2.2 A evasión e a fraude
5.3 Actividades para o terceiro ciclo de primaria
5.3.1 Cidadáns e contribuíntes
5.3.2 Empresas
5.3.3 Problemas sobre proporcións, ordenación de cantidades...
5.3.4 Recollida de datos e representación de datos
5.3.5 Produción de textos
5.3.6 Homónimos, sinónimos, frases feitas
5.3.7 Dramatización
5.3.8 Elaboración dunha enquisa e recollida de datos
5.3.9 Debate sobre os impostos e a fraude
5.3.10 Sobre o uso dos bens públicos
5.3.11 Mural sobre valores
5.3.12 Carteis sobre a defraudación e o uso dos bens públicos

5.1 Antes de empezar


5.2 Exposición do profesor


5.2.1 Os dereitos e as responsabilidades dos cidadáns

Vivir en comunidade, vivir en grupo, ten moitas vantaxes, pero tamén significa asumir responsabilidades. Quen vive en grupo benefíciase do que achegan os demais, pero tamén ten que lle achegar a súa parte ao resto do grupo. É dicir, vivir en comunidade significa dereitos e vantaxes, pero tamén asumir as nosas responsabilidades para cos demais. Como exemplo, podemos pensar nas casas nas que todos adoitamos vivir.

Pois ben o Estado é como unha casa moi grande e os que viven nela son os cidadáns. Por iso, todas as persoas que viven nesa casa grande, nese Estado, teñen que pagar entre todos os gastos comúns; ou sexa que todos teñen que pagar os impostos para que o Estado, que inclúe comunidades autónomas e concellos, poida proporcionar os bens e servizos públicos que son para todos e que todos poden utilizar. Os impostos son unhas cantidades de diñeiro establecidas por lei que deben pagar os cidadáns para contribuír aos gastos públicos.

Nunha casa, hai pisos grandes e pisos pequenos e, polo tanto, non pagan a mesma cantidade para os gastos comúns os pisos de diferente tamaño. Pois o mesmo pasa no Estado, onde hai cidadáns que teñen máis diñeiro e que, polo tanto, pagan máis de impostos que outros cidadáns que teñen menos diñeiro e que, polo tanto, pagan menos de impostos.

Isto sucede porque, se todos pagasen o mesmo, como son máis as persoas que teñen pouco diñeiro que as que teñen moito, o Estado (incluídas as comunidades autónomas e os concellos) tería pouco diñeiro e podería proporcionar poucos bens e servizos públicos. Entón habería nenos que non poderían ir á escola porque os seus pais non poderían pagala, ou xente que non podería ir ao médico nin aos hospitais por non ter diñeiro abondo, ou persoas maiores que terían que depender dos seus fillos ou dos seus netos para poder vivir porque non terían pensións. Tamén habería persoas que non poderían viaxar cando quixesen porque non habería bos transportes públicos; ou que, aínda que tivesen coche, tardarían moito en chegar aos sitios porque non habería boas estradas. Tamén habería problemas para recoller e reciclar os lixos, para ter auga nas casas para beber, ducharse e lavar a roupa, ou podería haber graves consecuencias se acontecese un incendio por non ter bombeiros.

Para que as administracións públicas (tanto a central como a autonómica e a local) poidan proporcionar os servizos públicos necesarios para que todos vivan o mellor posible, págase distinta cantidade de impostos segundo o diñeiro que se teña e segundo as obrigas persoais e familiares que teñan as persoas. Por exemplo, non pagan o mesmo os que gañan soldos moi altos que os que gañan soldos máis baixos; tampouco pagan o mesmo as persoas que viven soas que as que viven en familia; nin pagan o mesmo as familias que teñen fillos, ou que teñen que facerse cargo de persoas maiores ou de minusválidos, que aquelas outras que non teñen este tipo de responsabilidades.

É dicir, que todos os cidadáns teñen que lles pagar os impostos ao Estado, ás comunidades autónomas e aos concellos. Isto é xustiza , que significa que como todos os cidadáns teñen os mesmos dereitos todos teñen as mesmas obrigas, entre elas, contribuír aos gastos comúns pagando os impostos. Pero os impostos non son unha cota fixa, igual para todos. Segundo sexa a situación económica e familiar dos cidadáns así é a cantidade que teñen que pagar por impostos. Isto é equidade , que significa tratar de xeito diferente as situacións que son diferentes.

Os impostos tamén serven para que non haxa xente que careza das cousas máis necesarias porque non teña diñeiro. Isto é a redistribución . Co diñeiro dos impostos, a Administración central, a autonómica e a local proporcionan os bens e servizos públicos máis básicos e necesarios para todos os cidadáns. Se uns contribuíron con máis cantidade de impostos que outros, porque teñen maior capacidade económica, puxeron en práctica o valor da solidariedade , que é fundamental para vivir en sociedade.

 


5.2.2 A evasión e a fraude

Todas as persoas que viven na gran casa que é o Estado teñen que pagar entre todos os gastos comúns desa casa, é dicir: todos os cidadáns, teñen que pagar os impostos. Pero hai persoas que non se comportan como bos cidadáns. Hai persoas que non pagan os impostos que lles corresponden. Chámaselles “defraudadores”.

Isto é unha inxustiza, porque estas persoas utilizan os bens e servizos públicos, igual que todos os demais. E, non obstante, non achegaron o diñeiro que lles correspondía entregar para pagalos.

Como estas persoas non pagaron a súa parte, o Estado (que, como xa sabemos, inclúe comunidades autónomas e concellos) ten menos diñeiro para os servizos públicos e, entón, só lle quedan dous camiños. Ou ben proporciona menos servizos públicos dos que se necesitan, co que todos saímos prexudicados. Ou ben, se quere proporcionar os servizos públicos que se necesitan, ten que lles pedir máis diñeiro aos cidadáns, co cal os que pagan correctamente os seus impostos teñen que ingresar máis diñeiro polo que outros usan e non pagan.

Hai xente que defrauda de moitas maneiras. Hainos que pagan unha parte, pero non todo o que lles corresponde. Cren que así non se vai notar que achegaron menos do que debían. Tamén hai xente que, directamente, non paga nada. Cren que as administracións públicas e os demais cidadáns non se van decatar.

Pode que, ao principio, non se note, ou que os demais non se decaten. Pode que crean que conseguiron enganar o Estado. Pero eles saben que o que fan está mal. Non están enganando o Estado, á súa comunidade autónoma ou ao seu concello. Están quitando unha parte do que lles corresponde a todos os cidadáns, incluídos eles mesmos. Eles saben que se están comportando como persoas egoístas e insolidarias e que están a se enganar a si mesmos e aos demais.

Ademais, tarde ou cedo, todos os enganos se acaban descubrindo. Cando son descubertos, búscanse escusas para desculpar o seu comportamento. Pero non lles serve de nada porque, ao final, son castigados. Teñen que pagar o que lles correspondía e, ademais algo máis porque se lles pon unha multa.

O Estado ten a obriga de defender os intereses de todos os cidadáns. En particular, ten que defender os intereses dos bos cidadáns que si pagan os impostos que lles corresponden. E, por iso, non pode tolerar estes enganos e estas condutas egoístas e insolidarias. Por iso, a Axencia Tributaria e as administracións tributarias autonómicas e locais teñen que comprobar o pagamento dos impostos de todos os cidadáns. E aos que incumpren as súas obrigas tributarias, porque pagan menos do que deben ou non pagan, esíxeselles o diñeiro que non achegaron á colectividade e, ademais son sancionados.

Tamén actúan mal e en contra da lei, os que abusan dos bens e servizos públicos, pagados co diñeiro de todos e postos a disposición dos cidadáns para beneficio común.Os que abusan, destrúen ou utilizan mal os bens e servizos públicos tamén lles están causando un prexuízo a todos os demais, porque o Estado, a súa comunidade autónoma ou o seu concello, terán que gastar máis diñeiro do que deberían por causa da conduta egoísta, insolidaria e incívica duns poucos.

 


5.3 Actividades para o terceiro ciclo de primaria

A continuación suxírense distintas actividades. Os criterios de busca de actividades poden ser de distinto tipo: a área ou materia, o tipo de actividade (individual ou grupal) e o nivel educativo para o que se propón.


5.3.1 Cidadáns e contribuíntes

Área: coñecemento do medio.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.2 Empresas

Área: coñecemento do medio.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.

As empresas, como as persoas, tamén están obrigadas a pagar impostos. ¿De que depende a cantidade de diñeiro que deben pagar?


5.3.3 Problemas sobre proporcións, ordenación de cantidades...

Área: matemáticas.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.4 Recollida de datos e representación de datos

Área: matemáticas.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.5 Produción de textos

Área: lingua.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.

• Escribe un conto sobre o tema: solidariedade. Primeiro busca que significa esa palabra no dicionario, busca tamén exemplos de persoas que se distinguiran por esa virtude e inventa unha historia que ilustre ese tema.

• Fai o mesmo sobre as ideas da “xustiza”, “equidade” e “solidariedade” dos impostos.

• Escríbelle unha carta a un defraudador: fai fincapé nos servizos que utilizou e explícalle que non o debería facer ao non pagar os seus impostos.

• Ponte na pel dun defraudador e escribe unha carta pedindo escusas aos cidadáns por non pagar os seus impostos.


5.3.6 Homónimos, sinónimos, frases feitas

Área: lingua.
Tipo : individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.7 Dramatización

Área: lingua.
Tipo: grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.

Planifica unha festa de aniversario. Hai que comprar o regalo. Hai que comprar a comida e as bebidas, ¿canto diñeiro hai que poñer?, ¿teñen que poñelo todos os que vaian á festa? E se un non pode poñer diñeiro, ou pode poñer menos, ¿poderá participar igual da festa? Hai que levar unha película de vídeo, ¿pídese prestada?, ¿quen a prestou non pon xa diñeiro? Hai que facer fotos ¿quen leva a cámara?, ¿quen se ocupa de revelar as fotos?, ¿cantas copias?, ¿a canto saen?, ¿terán todos as súas copias das fotos aínda que haxa xente que puxo menos diñeiro? Busca o paralelismo con situacións fiscais.


5.3.8 Elaboración dunha enquisa e recollida de datos

Área: lingua.
Tipo: grupal.
Nivel : terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.9 Debate sobre os impostos e a fraude

Área: lingua.
Tipo: grupal/individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.

Discute cos teus compañeiros as ideas que se expuxeron sobre o pagamento de impostos e a fraude. ¿Que entendestes? ¿Que vos pareceu máis complicado? ¿Por que? Redactade un breve artigo coas distintas posicións desta discusión e se chegastes a algunha conclusión.


5.3.10 Sobre o uso dos bens públicos

Área: lingua.
Tipo: grupal/individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.11 Mural sobre valores

Área: interdisciplinar (Lingua, Plástica, titoría).
Tipo: grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.

Facede un mural (debuxos por viñetas ou tipo colaxe) para ilustrar as ideas da “xustiza”, “equidade” e “solidariedade” dos impostos.


5.3.12 Carteis sobre a defraudación e o uso dos bens públicos

Área: interdisciplinar.
Tipo: grupal/individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.

• Facede un concurso de carteis para elixir a imaxe que mellor pode definir a un defraudador.

• Igualmente facede outro para lles pedir aos mozos que utilicen correctamente os bens públicos. Buscade fotos para ilustrar casos de mal uso de bens e servizos públicos. Poñédelles ao pé o título e os comentarios que se vos ocorran.

• Facede propostas dalgún slogan para fomentar a conciencia fiscal entre os cidadáns para que todos paguen os seus impostos. Pensade que este slogan se vai empregar nos medios de comunicación (televisión, prensa, etc.).

 

6 Suxestións de uso para educación secundaria
 
6.1 Antes de empezar
6.2 Exposición do profesor
6.2.1 Os dereitos e as responsabilidades dos cidadáns
6.2.2 A evasión e a fraude
6.3 Actividades para o primeiro ciclo de secundaria
6.3.1 Servizos públicos e poboación
6.3.2 Conversión de moedas
6.3.3 Magnitudes directa e inversamente proporcionais. Porcentaxes (I)
6.3.4 Magnitudes directa e inversamente proporcionais. Porcentaxes (II)
6.3.5 Regras de tres simple directa
6.3.6 Tipos de texto
6.3.7 O reporteiro en acción
6.4 Actividades para o segundo ciclo de secundaria
6.4.1 A cidade como espazo xeográfico: actividades urbanas
6.4.2 Poboación activa: empregados e desempregados
6.4.3 Os paraísos fiscais
6.4.4 Aritmética
6.4.5 Enquisando
6.4.6 Produción de textos: reportaxe sobre os servizos públicos
6.4.7 A prensa e a investigación na aula: impostos e fraude
6.4.8 Produción de textos: os mozos tamén pagamos impostos
6.4.9 Dramatización social (Sociodrama)
6.4.10 Dilemas morais

6.1 Antes de empezar


6.2 Exposición do profesor


6.2.1 Os dereitos e as responsabilidades dos cidadáns

Vivir en comunidade vivir en grupo, ten moitas vantaxes, pero tamén significa asumir responsabilidades. Quen vive en grupo benefíciase do que achegan os demais, pero tamén ten que lle achegar a súa parte ao resto da colectividade. É dicir, vivir en comunidade significa dereitos e vantaxes, pero tamén asumir as nosas responsabilidades para cos demais. Como exemplo, podemos pensar nas casas grandes nas que todos adoitamos vivir.

Pois ben, o Estado é como unha gran casa e os que viven nela son os cidadáns. Por iso, todos os cidadáns que viven nese fogar público, nese Estado, teñen que pagar entre todos os gastos comúns. É dicir que todos teñen que pagar os impostos para que o Estado, que inclúe as comunidades autónomas e os concellos, poida proporcionar os bens e servizos públicos que son para todos e que todos poden utilizar.

Nunha casa, hai pisos grandes e pisos pequenos e, polo tanto, non pagan a mesma cantidade para cubrir os gastos comúns os propietarios de pisos de diferente tamaño. O mesmo pasa no fogar público, no Estado, onde hai cidadáns que teñen máis diñeiro e que, polo tanto, pagan máis impostos que outros cidadáns que teñen menos diñeiro e que, polo tanto, pagan menos impostos.

Isto sucede porque, se todos pagasen o mesmo, como son máis as persoas que teñen pouco diñeiro que as que teñen moito, o Estado (incluídas as comunidades autónomas e os concellos) tería escasos recursos económicos e podería proporcionar menos bens e servizos públicos. Entón habería rapaces que non poderían ir ao instituto porque os seus pais non poderían pagalo, ou xente que non podería ir ao médico nin aos hospitais por non ter diñeiro abondo, ou habería persoas maiores que terían que depender dos seus fillos ou dos seus netos para poder vivir porque non existirían as pensións. Tamén habería persoas que non poderían viaxar cando quixesen porque non habería bos transportes públicos; ou que, aínda que tivesen coche, tardarían moito en chegar aos sitios por carecer de boas estradas. Tamén habería problemas para recoller e reciclar os lixos, para ter auga nas casas para beber, ducharse e lavar a roupa, ou podería haber graves consecuencias se acontecese un incendio por non ter bombeiros.

Para que as administracións públicas (tanto a central como a autonómica e a local) poidan proporcionar os servizos públicos necesarios para que todos vivan o mellor posible, págase distinta cantidade de impostos segundo o diñeiro que se teña e segundo as obrigas persoais e familiares de cada persoa. Por exemplo, non pagan o mesmo os que gañan soldos moi altos que os que gañan soldos máis baixos; tampouco pagan o mesmo as persoas que viven soas que as que viven en familia; nin pagan o mesmo as familias que teñen fillos, ou que teñen que facerse cargo de persoas maiores ou de minusválidos, que aqueloutras que non teñen este tipo de responsabilidades.

É dicir que todos os cidadáns teñen que lles pagar os impostos ao Estado, ás comunidades autónomas e aos concellos. Isto é xustiza, que significa que como todos os cidadáns teñen os mesmos dereitos todos teñen as mesmas obrigas, entre elas, contribuír aos gastos comúns pagando os impostos. Pero os impostos non son unha cota fixa, igual para todos. Segundo sexa a situación económica e familiar dos cidadáns así é a cantidade que se ten que pagar. Isto é equidade, que significa tratar de xeito diferente as situacións que son diferentes.

Os impostos tamén serven para que non haxa xente que careza das cousas máis necesarias porque non teña diñeiro. Isto é a redistribución. Co diñeiro dos impostos, a Administración central, a autonómica e a local proporcionan os bens e servizos públicos máis básicos e necesarios para todos os cidadáns. Se uns contribuíron con máis cantidade de impostos que outros, porque teñen maior capacidade económica, puxeron en práctica o valor da solidariedade, que é fundamental para vivir en sociedade.


6.2.2 A evasión e a fraude

Todas as persoas que viven no fogar público que é o Estado teñen que contribuír a financiar os gastos comúns. É dicir, todos os cidadáns, teñen que pagar os impostos. Pero hai persoas que non o fan así e que non ingresan os impostos que lles corresponden. Isto é unha inxustiza, porque estas persoas utilizan os bens e servizos públicos, igual que todos os demais. E, non obstante, non achegaron o diñeiro que lles correspondía achegar para pagalos. A estas persoas chámaselles “defraudadores”.

Como estas persoas non pagaron a súa parte, o Estado (que, como sabemos, inclúe as comunidades autónomas e os concellos) ten menos diñeiro para os servizos públicos e, entón, só lle quedan dous camiños. Ou ben proporciona menos servizos públicos ou de inferior calidade dos que se necesitan, co que todos saímos prexudicados. Ou ben, se quere proporcionar os servizos públicos que se necesitan, ten que lles pedir máis diñeiro aos cidadáns, co cal os que pagan correctamente os seus impostos, teñen que achegar máis diñeiro polo que outros usan e non pagan.

Hai xente que defrauda de moitas maneiras. Hainos que pagan unha parte, pero non todo o que lles corresponde. Cren que así non se vai notar que achegaron menos do que debían. Tamén hai xente que, directamente, non paga nada. Supoñen que as administracións públicas e os demais cidadáns non se van decatar.

Pode que, ao principio, non se note, ou que os demais non se decaten. Pode que crean que conseguiron enganar o Estado. Pero eles saben que o que fan está mal. Non están enganando o Estado, a súa comunidade autónoma ou o seu concello. Están quitando unha parte do que lles corresponde a todos os cidadáns, incluídos eles mesmos. Eles saben que se están comportando como persoas egoístas e insolidarias, e que están a se enganar a si mesmos e aos demais.

Ademais, tarde ou cedo, todos os enganos se acaban descubrindo. Sucede que, moitas veces, para enganar no pagamento dos impostos, hai que enganar noutros niveis económicos e legais. Ou tamén sucede que, para ocultar as cousas que se fan mal noutros ámbitos económicos e legais, hai que enganar nos impostos. Co cal ao final faise unha maraña enorme e acábase descubrindo todo o asunto. Cando se descobren os defraudadores, estes buscan escusas para desculpar o seu comportamento. Pero normalmente non lles serve de nada porque, ao final, son sancionados. Teñen que pagar o que lles correspondía e, ademais máis, porque se lles pon unha multa ou, mesmo, os hai que teñen que ir ao cárcere por cometer delito fiscal.

O Estado ten a obriga de defender os intereses de todos os cidadáns. En particular, ten que defender os intereses dos bos cidadáns que si pagan os impostos que lles corresponden. E, por iso, non pode tolerar estes enganos e estas condutas egoístas e insolidarias dos defraudadores. Por iso, a Axencia Tributaria e as administracións tributarias autonómicas e locais teñen que comprobar o pagamento dos impostos de todos os cidadáns. E os que incumpren as súas obrigas tributarias (defraudadores), porque pagan menos do que deben ou non pagan, esíxeselles o diñeiro que non achegaron á colectividade e, ademais son sancionados.

Tamén sucede que hai xente que, aínda que pague correctamente os seus impostos, abusa dos bens e servizos públicos. Úsanos mal, desperdician as oportunidades que se lles ofrecen, enganan para que lles alcancen beneficios aos que non teñen dereito, etc. Estes tamén son defraudadores. Non o son pola vía dos ingresos públicos (non cometen fraude tributaria), pero sono pola vía dos gastos públicos (cometen tamén fraude fiscal). Tamén son persoas egoístas e insolidarias que lles quitan aos demais, recursos e oportunidades. Por exemplo, hai persoas novas que desaproveitan as oportunidades que lles ofrece o sistema educativo e, con iso, desperdician o diñeiro público que aos cidadáns lles custa un esforzo pagar. Iso, aínda que non estea castigado pola lei, é unha conduta asocial, egoísta e insolidaria.


6.3 Actividades para o primeiro ciclo de secundaria

A continuación suxírense distintas actividades. Os criterios de busca de actividades pode ser de distinto tipo: a área ou materia o tipo de actividade (individual ou grupal) e o nivel educativo para o que se propón.


6.3.1 Servizos públicos e poboación

Área: xeografía e historia. Interdisciplinar.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria.

Busca información: ¿Que dereitos teñen todos os habitantes de España, sexa cal sexa a súa situación económica e social? ¿Teñen dereito a atención médica? ¿A unha praza escolar gratuíta? ¿A usar as estradas e autovías?


6.3.2 Conversión de moedas

Área : matemáticas.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria. Primeiro curso.


6.3.3 Magnitudes directa e inversamente proporcionais. Porcentaxes (I)

Área : matemáticas.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria. Primeiro curso.


6.3.4 Magnitudes directa e inversamente proporcionais. Porcentaxes (II)

Área: matemáticas.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria. Segundo curso.

Na repartición dos recursos do Estado para as comunidades autónomas téñense en conta, entre outros, os seguinte datos:

Sinala que magnitudes son directamente proporcionais ao diñeiro que cada comunidade recibe e cales son inversamente proporcionais.

6.3.5 Reglas de tres simple directa

Área: matemáticas.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria. Segundo curso.


6.3.6 Tipos de texto

Área: lingua.
Tipo : individual.
Nivel: primeiro ciclo de educación secundaria


6.3.7 O reporteiro en acción

Área: lingua.
Tipo: individual.
Nivel: educación secundaria.


6.4 Actividades para o segundo ciclo de secundaria


6.4.1 A cidade como espazo xeográfico: actividades urbanas

Área: xeografía e historia.
Tipo : individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.


6.4.2 Poboación activa: empregados e desempregados

Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.


6.4.3 Os paraísos fiscais

Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.


6.4.4 Aritmética

Área: matemáticas.
Tipo: individual.
Nivel : segundo ciclo de educación secundaria.

 


6.4.5 Enquisando

Área: lingua.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.


6.4.6 Produción de textos: reportaxe sobre os servizos públicos

Área: lingua.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.

 


6.4.7 A prensa e a investigación na aula: impostos e fraude

Área: lingua.
Tipo: individual/grupal.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.

 


6.4.8 Produción de textos: os mozos tamén pagamos impostos

Área : lingua.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.

 


6.4.9 Dramatización social (Sociodrama)

Área: lingua.
Tipo: grupal.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.

 


6.4.10 Dilemas morais

Área: interdisciplinar. Ética. Titoría. Educación en valores.
Tipo: grupal.
Nivel: segundo ciclo de educación secundaria.