Portal Educación Cívico Tributaria. Agencia Tributaria. - Profesores versión flash

Axencia Tributaria, coa colaboración do Instituto de Estudios Fiscais.

¿Para que son os impostos?

  1. Obxectivos
      
  2. Contidos
        
  3. Recordemos que...
     
  4. Glosario
     
  5. Suxestións de uso para educación primaria
      
  6. Suxestións de uso para educación Secundaria
       


1 Obxectivos
 

Con esta sesión preténdese que os alumnos sexan capaces de:

2 Contidos

2.1 Os ingresos públicos: os impostos
2.2 Os gastos públicos
2.2.1 Distribución funcional do gasto público
2.2.2 Función redistributiva do gasto público
2.3 O presuposto público

2.1 Os ingresos públicos: os impostos

Unha parte das necesidades que experimentan as persoas pode satisfacerse de forma individual cos propios recursos. Pero hai outras necesidades cuxa satisfacción individualizada non resulta posible senón que é preciso atendelas de forma colectiva, xuntando esforzos mediante a achega por cada un dunha porción dos seus ingresos. Esa achega faise fundamentalmente mediante o pagamento de impostos, co fin de constituír o que poderiamos denominar un fondo común co que cubrir o custo dos bens e servizos públicos, é dicir, os que se dirixen a satisfacer esas necesidades que cada persoa non pode cubrir por si soa.

Os impostos poderían, polo tanto, definirse, nunha primeira aproximación, como aquelas cantidades de diñeiro que os cidadáns están obrigados por lei a pagar para que as administracións públicas (o Estado, as comunidades autónomas, os municipios) dispoñan dos recursos suficientes cos que financiar a satisfacción das necesidades públicas, é dicir, a provisión dos bens e servizos públicos.


2.2 Os gastos públicos

Cunha definición sinxela, o gasto público é o emprego de caudais públicos para a satisfacción das necesidades públicas.

Entre estes gastos que as administracións públicas realizan para satisfacer as necesidades colectivas, poden citarse, a título de exemplo, os seguintes:


2.2.1 Distribución funcional do gasto público

Na seguinte táboa pode verse a distribución funcional do gasto público, é dicir, ¿en que gastan as administracións públicas un euro? Para confeccionar o táboa, tomáronse os datos consolidados de todas as administracións públicas (Estado central, organismos da Administración central, comunidades autónomas, corporacións locais e administracións da Seguridade Social).

Estes datos consolidados publícaos la Intervención Xeral da Administración do Estado (Ministerio de Facenda e Administracións Públicas). Os datos refírense a 2009, último ano publicado na data de peche da guía didáctica.

 

DESTINO
GASTO

SERVIZOS XERAIS DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

11,4 céntimos

DEFENSA

2,3 céntimos

ORDE PÚBLICA E SEGURIDADE
(Servizos de policía, servizos de protección contra incendios, tribunais de xustiza, prisións, etc.)

4,6 céntimos

ASUNTOS ECONÓMICOS
(Agricultura, pesca, combustible e enerxía, minería, manufacturas e construción, transporte, comunicacións, etc.)

12,1 céntimos

PROTECCIÓN DO MEDIO

2,2 céntimos
VIVENDA E SERVIZOS COMUNITARIOS
(Vivenda, abastecemento de auga, iluminación pública, etc.)

2,9 céntimos

SAÚDE

14,7 céntimos

ACTIVIDADES RECREATIVAS, CULTURA E RELIXIÓN

3,6 céntimos

EDUCACIÓN

10,9 céntimos

PROTECCIÓN SOCIAL
(Enfermidade e incapacidade, idade avanzada, familia e fillos, desemprego, etc.)

35,3 céntimos

TOTAL

1 EURO

 

Fonte: Contas das administracións públicas (2009)
Intervención Xeral da Administración do Estado


2.2.2 Función redistributiva do gasto público

A Constitución española proclama no seu artigo 1.1 que “España se constitúe nun Estado social e democrático de dereito”. É nese carácter social onde se fundamenta o principio de equidade ou de xustiza do gasto público e a súa función redistributiva.

Nunha sociedade de libre mercado como a nosa prodúcense desigualdades que o mercado por si mesmo non resolve e, por iso, a Constitución prevé a intervención do Estado, na súa dimensión social, para tratar de corrixilas. A este papel activo refírese o artigo 9.2 cando di que “Correspóndelles aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas...” Trátase de favorecer a igualdade de oportunidades entre todos os cidadáns, con independencia das situacións individuais de partida.

Estes grandes valores concrétanse despois noutros preceptos constitucionais.

O apartado 2 do artigo 31 da Constitución española establece que “O gasto público realizará unha asignación equitativa dos recursos públicos...”. Este artigo, ao establecer o principio de equidade do gasto público, atribúelle a este unha importante función redistributiva, pois a asignación equitativa dos recursos públicos significa que todos os cidadáns teñen dereito a beneficiarse por igual dos bens e servizos públicos, independentemente da súa capacidade económica para contribuír mediante o pagamento de impostos á obtención dos recursos necesarios para a prestación daqueles. Este principio de equidade ou de xustiza supón a garantía dunha satisfacción mínima das necesidades públicas e a ausencia de toda discriminación ou arbitrariedade.

O artigo 40.1 do texto constitucional contén, así mesmo, un mandato aos poderes públicos para que procuren unha distribución da renda máis xusta, ao establecer que “Os poderes públicos promoverán as condicións favorables para o progreso social e económico e para unha distribución da renda rexional e persoal máis equitativa...”.

Esa función redistributiva significa que, a través do gasto público, é dicir, mediante os investimentos dos recursos públicos na realización de determinadas prestacións e servizos, se leva a cabo unha transferencia de renda cara aos sectores sociais máis débiles economicamente, co fin de compensar a situación de desigualdade, asegurando así unha convivencia xusta e en paz social.

 

2.3 O presuposto público

O Estado e as demais administracións públicas deben determinar cada ano o montante máximo do que van gastar o ano seguinte e en que o van gastar, e deben, igualmente, prever os ingresos necesarios para financialo. Dito doutro modo, calculan a cantidade de recursos económicos que precisan para pagar os gastos públicos, é dicir, para financiar os bens e servizos que necesitan os cidadáns. Estas “contas" sobre os ingresos e os gastos da colectividade constitúen o presuposto público; contas que todos facemos doadamente coa nosa economía particular, e que, para a estatal, se recollen todos os anos na que se pode considerar a lei máis importante de todas: a Lei de presupostos xerais do Estado.

De acordo co artigo 134 da Constitución española, correspóndelle ao Goberno a elaboración dos presupostos xerais do Estado e ás Cortes Xerais o seu exame e aprobación. Os presupostos xerais de Estado son anuais e inclúen a totalidade dos gastos e ingresos do sector público estatal. O Goberno debe presentalos ante o Congreso dos Deputados, polo menos tres meses antes de que finalicen os presupostos xerais do Estado do ano anterior. Cando non se aproban para entrar en vigor ao ano seguinte, considéranse prorrogados automaticamente os do exercicio anterior.

Ao igual que o Estado central, as comunidades autónomas e os municipios aproban tamén cada ano os seus propios presupostos.

3 Recordemos que...
 

Os impostos son cantidades de diñeiro que os cidadáns están obrigados por lei a pagar para que as administracións públicas (o Estado, as comunidades autónomas, os municipios) dispoñan dos recursos suficientes cos que financiar a satisfacción das necesidades públicas.

O gasto público é o emprego de caudais públicos para a satisfacción das necesidades públicas. Os gastos públicos deben rexerse polo principio de equidade e cumpren unha función de redistribución da renda.

Cada ano o Estado (e as comunidades autónomas e os municipios) calculan canto diñeiro van ingresar e determinan como o van gastar. Son os presupostos públicos.

4 Glosario
 

5 Suxestións de uso para educación primaria

5.1 Antes de empezar
5.2 Exposición do profesor
5.3 Actividades
5.3.1 Demografía, concellos e impostos
5.3.2 Funcións e servizos públicos de distintas administracións
5.3.3 Proporcións e prioridades. Representacións gráficas
5.3.4 Sobre os servizos públicos dos concellos
5.3.5 Produción de textos. Busca de información
5.3.6 Debate
5.3.7 Planificación

5.1 Antes de empezar


5.2 Exposición do profesor

Toda persoa ten que realizar unha serie de gastos para vivir, porque ten que cubrir unhas necesidades básicas (alimentos, vestido e vivenda). Estes gastos e outros, cando se teñen poucos anos, páganos os pais, pero, cando xa somos maiores e temos un traballo, cada cal organízase cos seus gastos e cos seus ingresos, calculando o que pode gastar co diñeiro que ten e decidindo en que o vai gastar. É dicir, faise un presuposto co que se vai vivindo.

No voso caso, cando recibides unha propina ou a paga que vos dan na casa, sabedes en que podedes utilizala e para que vos chega, pero con ela non poderedes comprar cousas ou ir a sitios que custen máis da cantidade recibida. Por iso, cando, tendo en conta a cantidade de diñeiro que tedes, decidides finalmente en que a ides gastar ou, pola contra, se a ides aforrar toda ou unha parte, estades a facer tamén o voso presuposto.

Non obstante, non só existen as necesidades individuais, tamén existen as colectivas (educativas sanitarias, de acción social, policiais ambientais xudiciais e outras moitas), é dicir, aquelas que por separado cada persoa non podería pagar por si soa, pero que, en cambio, se poden atender coas achegas de todos.

Estas necesidades colectivas ocasionan uns gastos públicos, por exemplo, os necesarios para poder dispoñer dunha rede de centros escolares con educadores dedicados ao ensino; para gozar dunha rede de bibliotecas; de hospitais co axeitado persoal sanitario; de centros deportivos para a práctica de deportes e tamén para ver os nosos deportistas. Igualmente, hai que realizar gastos públicos para arranxar as rúas da cidade na que vivides; para iluminalas e recoller os lixos; para facer e manter parques e xardíns; para construír e arranxar as estradas e autovías; para ter un servizo de bombeiros; para lles poder pagar aos militares e policías, que se ocupan da nosa defensa e seguridade; para poder dispoñer de prestacións, subvencións e asistencia social.

Porque, ¿que che parecería se non houbese colexios públicos nin hospitais nin bombeiros nin policías, nin pensións? ¿Que che parecería se non houbese luz nas rúas ou non se recollese o lixo? Os gastos públicos son para beneficio de todos e, polo tanto, entre todos debemos pagalos.

Para iso están os impostos, que son unhas cantidades de diñeiro que teñen que pagar os cidadáns, obrigados por lei, para que o Estado, as comunidades autónomas e os concellos dispoñan dos recursos suficientes cos que pagar os gastos públicos.

Ao igual que para a túa economía particular e para a economía da túa familia é importante saber o diñeiro que se ten e os gastos que con ese diñeiro se poden facer, para o Estado, para as comunidades autónomas e para os concellos tamén o é. Por iso, o Estado e as demais administracións públicas fan unhas contas de ingresos e de gastos, que se chaman presupostos. A lei máis importante en España é a Lei de presupostos xerais do Estado, que autoriza o Goberno a recadar dos cidadáns unha serie de ingresos e a realizar determinados gastos para poder satisfacer as necesidades colectivas.


5.3 Actividades

A continuación suxírense distintas actividades. Os criterios de busca de actividades poden ser de distinto tipo: a área ou materia o tipo de actividade (individual ou grupal) e o nivel educativo para o que se propón.


5.3.1 Demografía, concellos e impostos

Área: coñecemento do medio.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.2 Funcións e servizos públicos de distintas administracións

Área: coñecemento do medio.
Tipo: grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.3 Proporcións e prioridades. Representacións gráficas

Área: matemáticas.
Tipo: individual ou grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.

POLÍTICAS

PRESUPOSTO

Xustiza

1.612,63

Defensa

6.269,26

Seguridade cidadá e institucións penais

8.354,98

Política exterior

1.680,62

TOTAL SERVIZOS PÚBLICOS BÁSICOS

17.917,49

Pensións

115.825,93

Outras prestacións económicas

11.013,28

Servizos sociais e promoción social

2.119,02

Fomento do emprego

5.764,74

Desemprego

28.805,05

Acceso á vivenda

820,21

Xestión e administración da Seguridade Social

2.901,15

Sanidade

3.975,62

Educación

2.219,46

Cultura

942,96

TOTAL GASTO SOCIAL

175.387,02

Agricultura, pesca e alimentación

8.454,63

Industria e enerxía

1.897,06


Comercio, turismo e peme

1.109,97

Subvencións ao transporte

1.616,80

Infraestructuras

7.251,93

Investigación, desenvolvemento e innovación

6.396,59

Outras actuacións económicas

590,38

Alta dirección

633,37

Servizos de carácter xeral

6.991,68

Administración Financeira e Tributaria

5.237,72

Transferencias a outras Administracións Públicas

49.686,07

Débeda Pública

78.898,14

OUTRAS ACTUACIÓNS DE CARÁCTER XERAL (*)

168.761,30

TOTAL

362.065,81

Millóns de euros
Fonte: Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Libro rojo presupostos generales del Estado para el año 2012 (*) Inclúe as transferencias dende os presupostos xerais do Estado a outras administracións públicas (comunidades autónomas, concellos, etc.), os pagamentos pola débeda pública emitida, etc.


5.3.4 Sobre os servizos públicos dos concellos

Área: lingua.
Tipo: individual.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.5 Produción de textos. Busca de información

Área: lingua.
Tipo: individual ou grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.6 Debate

Área: lingua.
Tipo: grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.


5.3.7 Planificación

Área: interdisciplinar. Titoría.
Tipo: grupal.
Nivel: terceiro ciclo de educación primaria.

 

 

6 Suxestións de uso para educación Secundaria

6.1 Antes de empezar
6.2 Exposición do profesor
6.3 Actividades para o primeiro ciclo de secundaria
6.3.1 Demografía, pirámides de idade e pensións
6.3.2 Actividades económicas: o campo e a cidade. Un universo de servizos.
6.3.3 As comunidades autónomas. O gasto e o presuposto
6.3.4 As moedas e o cambio monetario
6.3.5 Proporcionalidade. Regra de tres. Ecuacións de primeiro grao
6.3.6 Produción de textos
6.3.7 Busca de documentación. Produción de textos
6.3.8 Busca de documentación. Análise de situacións
6.4 Actividades para o segundo ciclo de secundaria
6.4.1 Natureza e sociedade. Riqueza e pobreza no mundo. O primeiro mundo e o terceiro mundo
6.4.2 Poboación rural e poboación urbana. Servizos públicos no campo e na cidade
6.4.3 Poboación activa. O paro. As pensións
6.4.4 A organización territorial. Cohesión territorial. A Unión Europea
6.4.5 Produción de textos
6.4.6 Representacións gráficas
6.4.7 Foro
6.4.8 Debate

6.1 Antes de empezar


6.2 Exposición do profesor

Un grupo de amigos vai de noite ao polideportivo do seu pobo, ou da súa cidade, adestrar. Logo irán nadar.
Mañá teñen que acudir á biblioteca municipal, despois de saír de clase, para facer un traballo e, se lles queda tempo, irán ao parque a xogar. O domingo, despois do partido de baloncesto que teñen no colexio, queren visitar un compañeiro que acaba de saír do hospital no que o operaron dunha lesión no xeonllo.

Mentres van polas rúas, pasan ao lado dos farois, dos colectores de lixos, dos semáforos, dos bancos, dos xardíns, do edificio de bombeiros e da policía.

Todo transcorre tal como o tiñan planeado, agás a visita ao compañeiro operado, que non poden facer porque na rúa na que vive non hai luz.

Uns canallas romperon os farois e non se ve nada. Entón, un deles pensa no problema que suporía a falta de iluminación pública, ou se non houbese auga nas casas, se non houbese servizo de recollida de lixos, se non houbese hospitais públicos nin institutos nin bibliotecas nin polideportivos nin parques. Outro di que hai máis gastos públicos, ademais dos que enumerou o seu amigo, e sinala os que son necesarios para o sostemento das forzas armadas, a policía, a Administración de xustiza ou o coidado do medio e a protección da natureza. E outro pensa que danar os xardíns, os farois, os colectores e calquera mobiliario público supón un prexuízo para todos, que teremos que pagar entre todos.

O grupo fala sobre o tema e dáse conta, por primeira vez, de que os bens e servizos públicos son de interese tamén para eles. Ademais, comentan a importancia que ten a educación, xa que canto mellor sexa esta haberá menos actos incívicos e, por conseguinte, menores serán os gastos dedicados a arranxar estragos.
Para o compañeiro lesionado no xeonllo sería un problema que non existise un hospital público e persoal sanitario cualificado á súa disposición e, ademais, gratis. A súa nai gaña moi pouco e o seu pai non ten traballo, pero a operación non lle custou diñeiro porque en España hai unha sanidade pública gratuíta para todos os cidadáns. Para que a este amigo a operación non lle custara nada, o conxunto dos cidadáns (tamén el e a súa familia) temos que achegar unhas cantidades de diñeiro, fundamentalmente mediante os impostos, que constitúen un gran fondo (ingresos públicos) co que pagar os gastos públicos que as persoas facemos.
Por iso, é importante que todos paguemos as cantidades (impostos) que determinan as leis, porque canto mellor cumpramos coas nosas obrigas como cidadáns, mellores servizos públicos teremos e mellor será a nosa forma de vida.

Os impostos, polo tanto, son unhas cantidades de diñeiro que teñen que pagar os cidadáns, obrigados por lei, para que o Estado, as comunidades autónomas e os concellos dispoñan dos recursos suficientes cos que pagar os gastos públicos.

O Estado organízase territorialmente en municipios, en provincias e en comunidades autónomas.

Todas estas entidades gozan, segundo a Constitución, de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses. E todas contan cos seus propios presupostos. Así, correspóndelle ao Goberno a elaboración dos presupostos xerais do Estado e ás Cortes Xerais o seu exame e aprobación. Aos gobernos das comunidades autónomas tamén lles corresponde a elaboración dos seus respectivos presupostos e ás súas asembleas lexislativas a súa aprobación. Os equipos de goberno dos concellos igualmente fan uns presupostos, neste caso locais, que deben ser aprobados pola maioría da corporación municipal nos correspondentes plenos.

A lei que aproba os presupostos xerais do Estado é probablemente a lei máis importante dun país. O Parlamento, que en España se chama Cortes Xerais, pode modificar o seu contido e mesmo devolverlle o proxecto ao Goberno cando se somete á súa aprobación.

O debate anual sobre os presupostos leva a analizar asuntos de grande importancia, como modificacións de impostos; revisión das pensións e dos salarios dos funcionarios; aprobación de grandes proxectos de investimento previstos: estradas, autoestradas, ferrocarrís, aeroportos; ou autorización de operacións de endebedamento, que o Goberno precisa realizar para cubrir aqueles gastos que non poderán ser atendidos cos ingresos tributarios correntes.

Polo tanto, os presupostos xerais do Estado, que teñen carácter anual, inclúen a totalidade dos gastos e ingresos do sector público estatal. O Goberno deberá presentalos ante o Congreso dos Deputados polo menos tres meses antes de que finalicen os do ano anterior. Se non puidesen aprobarse antes de que comece o seguinte exercicio, consideraranse prorrogados automaticamente.

A continuación, pode apreciarse a distribución do gasto público que realizaron todas as administracións públicas en España, incluídos, polo tanto, os do Estado, as comunidades autónomas e as corporacións locais.

¿EN QUE GASTAN AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS UN EURO (1 €)?


6.3 Actividades para o primeiro ciclo de secundaria


6.3.1 Demografía, pirámides de idade e pensións

Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de ESO.


6.3.2 Actividades económicas: o campo e a cidade. Un universo de servizos

Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de ESO.


6.3.3 As comunidades autónomas. O gasto e o presuposto

Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de ESO.


6.3.4 As moedas e o cambio monetario

Área: matemáticas.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de ESO (primeiro curso).


6.3.5 Proporcionalidade. Regra de tres. Ecuacións de primeiro grao

Área: matemáticas.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de ESO (segundo curso).


6.3.6 Produción de textos

Área: lingua.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de ESO.


6.3.7 Búsqueda de documentación. Produción de textos

Área: lingua.
Tipo: individual.
Nivel: primeiro ciclo de ESO.


6.3.8 Busca de documentación. Análise de situacións

Área: interdisciplinar. Titoría.
Tipo: grupal.
Nivel: primeiro ciclo de ESO.


6.4 Actividades para o segundo ciclo de secundaria
6.4.1 Natureza e sociedade. Riqueza e pobreza no mundo. O primeiro mundo e o terceiro mundo

Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de ESO (terceiro curso).


6.4.2 Poboación rural e poboación urbana. Servizos públicos no campo e na cidade

Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de ESO (terceiro curso).


6.4.3 Poboación activa. O paro. As pensións

Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de ESO (terceiro curso).


6.4.4 A organización territorial. Cohesión territorial. A Unión Europea

Área: xeografía e historia.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de ESO (terceiro curso).


6.4.5 Produción de textos

Área: lingua.
Tipo: individual.
Nivel: segundo ciclo de ESO.


6.4.6 Representacións gráficas

Área: matemáticas.
Tipo: individual ou grupal.
Nivel: segundo ciclo de ESO.

Concepto Achega española Pagamentos comunitarios SALDO FINANCEIRO
2000 6.558,07 10.859,21 4.301,14
2001 6.676,42 12.186,69 5.510,27
2002 6.603,11 14.956,70 8.353,55
2003 7.942,17 16.607,70 8.665,53
2004 9.007, 64 15.911,96 6.904,32
2005 10.290,83 15.171,41 4.880,57
2006 10.674,33 13.033,35 2.359,03
2007 10.314,27 12.481,79 2.167,52
2008 10.699,68 11.651,80 1.018,11
2009 12.363,02 12.940,76 577,74
2010 12.421,34 15.152,19 2.730,86
2011 12.117,37 13.265,23 1.147,86
2012 11.770,72 14.566,24 2.795,52
2013 11.900,60 13.284,62 1.384,02
 

En millóns de euros
Fonte: Ministerio de Facenda e Administracións Públicas


6.4.7 Foro

Área: interdisciplinar.
Tipo: grupal.
Nivel: segundo ciclo de ESO (terceiro curso).


6.4.8 Debate

Área: interdisciplinar.
Tipo: grupal.
Nivel: segundo ciclo de ESO.