Mostra anual de Patrimonio

  • Presentación
    • A Axencia Estatal de Administración Tributaria pon a disposición dos investigadores e usuarios a Mostra Anual de Patrimonio baseada nas declaracións do Imposto sobre o Patrimonio (modelo D-714). 

      Trátase dunha mostra anual de microdatos anonimizados correspondente ás declaracións do Imposto sobre o Patrimonio, que permite aos investigadores realizar avaliacións de políticas tributarias mediante técnicas de microsimulación. 

      Ao estar cedidas as competencias normativas que posibilitan a coexistencia de tarifas e mínimos exentos distintos, así como bonificacións e deducións propias, e unha aplicación de límites harmonizada coa derivada do IRPF, este imposto é idóneo para realizar exercicios de simulación de política fiscal territorial. 

      A mostra ofrece información sobre a riqueza patrimonial das persoas físicas, a súa distribución territorial e os diferentes activos que a compoñen, distinguindo seis tipos de bens e dereitos susceptibles de valoración económica:bens inmobles, bens afectos a actividade económica, bens de capital mobiliario, seguros e rendas, bens suntuarios e outros bens e dereitos de contido económico.

  • Documentación
  • Calendario de difusión
    • Ano 2020

      XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuño
        Día 31
      (2012-2017)
      - - - - -
      XulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro
      - - - - - -