Estatística dos declarantes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas dos maiores municipios por código postal

  • Presentación
    • Preséntase unha nova publicación Estatística dos declarantes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas dos maiores municipios por código postal, complementario á Estatística de declarantes de IRPF por municipios, especificamente deseñado para proporcionar un maior detalle da renda bruta media e as magnitudes declaradas a nivel de distrito postal nos maiores municipios do territorio de réxime fiscal común (TRFC).  

      A distribución territorial da poboación en España caracterízase (como en moitos outros países) pola coexistencia dunha elevada concentración nuns poucos grandes núcleos urbanos e unha diseminación en núcleos rurais moi numerosos de grupos reducidos de habitantes.Esta circunstancia pon de manifesto a necesidade de dispoñer para os primeiros de información con maior definición territorial, xa que a renda media pode ser moi distinta entre os diferentes barrios dun gran municipio. 

      A selección dos municipios fíxose segundo tres criterios dos que ha de cumprirse polo menos un deles:tamaño da poboación (máis de 200.000 habitantes segundo o Censo de Poboación), tamaño fiscal (máis de 100.000 declaracións de IRPF no exercicio fiscal) e renda bruta total (ter unha renda bruta agregada superior aos 2.200 millóns de euros).Na maioría dos casos os tres criterios cúmprense simultáneamente, pero hai uns poucos casos nos que é válido só algún deles. 

      Se ben non se definiron variables de explotación distintas das incluídas na Estatística de declarantes de IRPF por municipios, si que cambia a forma de presentación dalgunhas táboas, en particular das dúas primeiras táboas.A primeira incorpora a porcentaxe de participación (representatividade) das variables de cada un dos maiores municipios en relación ao total en TRFC, e na segunda a comparación dos maiores municipios establécese respecto á súa propia Comunidade Autónoma para as variables de explotación máis significativas (índice declarativo, poboación, rende bruta media e renda dispoñible media).

  • Documentación
  • Publicacións
  • Calendario de difusión
    • Ano 2019

      XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuño
        Día 17
      (2013 a 2016)
      - - - - -
      XulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro
      - - -   Día 15
      (2017)
      - -