Estatística dos declarantes do Imposto sobre o Patrimonio

  • Presentación
    • A Axencia Estatal de Administración Tributaria publica a "Estatística dos declarantes do Imposto sobre Patrimonio" baseada nas declaracións do devandito imposto correspondente ao exercicio fiscal de referencia da estatística.Esta publicación recolle información detallada das partidas contidas no modelo de declaración 714 (Declaración do Imposto sobre o Patrimonio).

      O Imposto sobre o patrimonio encóntrase regulado pola Lei 19/1991, que establece como obxectivo do imposto a busca da eficacia na utilización dos grandes patrimonios contribuíndo á redistribución da riqueza, de forma complementaria ao IRPF.O Imposto sobre o Patrimonio é un tributo de devindicación anual, de carácter directo e natureza persoal que grava o patrimonio neto da persoa física a 31 de decembro de cada ano.Enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico do que sexa titular un suxeito pasivo do imposto minorado nas cargas e gravames que diminúan o seu valor e das débedas e obrigas persoais das que deba responder.É un imposto de carácter individual.

      A estatística mostra a estrutura do patrimonio das persoas físicas obrigadas a declarar, distinguindo seis tipos de bens e dereitos susceptibles de valoración económica:bens inmobles, bens afectos a actividade económica, bens de capital mobiliario, seguros e rendas, bens suntuarios e outros bens e dereitos de contido económico.Á súa vez existe un seguinte nivel cun total de 18 desagregacións das categorías de bens citadas.

      En cumprimento deste compromiso, dende a publicación estatística do exercicio fiscal 2005, facilítase información resumida das partidas contidas no devandito imposto clasificadas por sexo do declarante.

      A partir de 2008, estableceuse un 100% de bonificación e eliminouse a obriga formal de presentar declaración polo Imposto sobre Patrimonio, e en consecuencia, interrómpese a elaboración da estatística ata o momento actual.A partir do 2011, o RDL 13/2011 restablece temporalmente a obriga a declarar.

  • Documentación
  • Publicacións
  • Calendario de difusión
    • Ano 2019

      XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuño
      - - - - - -
      XulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro
      - -  Día 3
      (2017)
      - - -