Onde se encontra o Código Seguro de Verificación dun documento da AEAT?

  • O Código Seguro de Verificación garante, mediante o cotexo na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria, a integridade do documento.

    O Código Seguro de Verificación debe ser tratado coa debida cautela polo destinatario do documento; a súa comunicación a terceiras persoas permitiríalles acceder ao contido do documento, así como realizar, en relación coa notificación recibida, certos trámites electrónicos.

    O devandito código imprímese no pé de páxina da primeira folla de cada documento. 

    Imaxe: O Código Seguro de Verificación imprímese no pé da primeira folla de cada documento.

    Ademais, o CSV utilízase no parágrafo de firma do documento, como se mostra no seguinte exemplo:

    Imaxe: O código seguro de verificación utilízase no parágrafo de firma do documento