Atención presencial nas oficinas da Axencia Tributaria

A partir do 1 de xullo as oficinas da Axencia Tributaria prestarán todos os servizos habituais de forma presencial con cita previa.

Poderase solicitar cita previa para a atención presencial a través das vías habituais:

  1. Por teléfono, chamando aos números 901 200 351 o 91 290 13 40 en horario de luns a venres de 9 a 19 horas.

  2. Por Internet, no seguinte enlace:Cita previa

  3. A través da app da Axencia Tributaria

En todo caso, as actuacións relativas a procedementos de comprobación e investigación que requiran a presenza do obrigado tributario ou da súa representación realizaranse con cita concertada nos termos indicados nas comunicacións remitidas a ditos obrigados

Todo o anterior queda supeditado ao cumprimento dos requisitos sanitarios esixibles en cada momento.