Desarticulada organización dedicada á fabricación clandestina de caixetiñas de tabaco no marco da Operación "Straperlo"

Operación STRAPERLO

  • Investigación conxunta da AEAT, Garda Civil e Corpo Nacional de Policía.
  • Rexistradas instalacións de produción e almacenamento de tabaco nas localidades de Coles, (Ourense), Ponteareas (Pontevedra) e Valladolid

22 de agosto de 2020.- A operación "Straperlo", levada a cabo de xeito conxunto pola Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Ourense, a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense e GRECO Galicia da Policía nacional, permitiu desarticular unha organización criminal conformada na súa maioría por persoas do leste de Europa e especializada na fabricación clandestina de cigarros. Foron detidos 25 persoas de Romanía (2), Ucraína (19), Moldavia (3) e Portugal (1) como presuntos autores de delitos de contrabando, pertenza a organización criminal, contra a saúde pública e a propiedade intelectual.

As investigacións comezan a principios de 2020 co coñecemento de que compareces de nacionalidade romanesa yportuguesa terían alugado naves de grandes dimensións co obxecto de establecer unha estrutura estable para a fabricación ilegal en grandes cantidades de labores do tabaco sen control fiscal nin sanitario.

A organización encontrábase xa en fase de produción, unha vez finalizada en xuño deste ano toda a montaxe das instalacións de fabricación de cigarros.O proceso de posta a punto da fábrica supuxo o aprovisionamento de materiais (bloques de cemento, material de illamento e insonorización, gas propano), maquinaria (carretas e gatos hidráulicos para a manipulación de mercadorías pesadas), equipos de ventilación e extracción de olores e da maquinaria utilizada para a fabricación dos cigarros, de orixe romanés.

A materia prima, picadura de liar, era traída de diferentes países por vía terrestre e nas instalacións intervidas fabricábanse os cigarros con destino ao mercado negro.

Unha vez solicitados os indicios necesarios nas primeiras horas do día 20 de agosto do ano en curso, un amplo dispositivo formado por máis de 80 axentes culminou coa detención de 25 persoas e varios rexistros en inmobles e naves, destacando os realizados en:

  • Nave situada en LG Cambeo - Coles - Ourense.Nesta nave están situadas as instalacións principais de fabricación das caixetiñas de tabaco.Foron detidas 21 persoas, a maioría de nacionalidade ucraína e moldava.Xunto coa maquinaria de fabricación interveuse materia prima e   caixetiñas de tabaco da marca MARLBORO
  • Nave industrial e anexos situada en Lg A Porteliña - Oliveira - Ponteareas - Pontevedra, onde foi intervida unha cantidade moi importante de materia prima.
  • Domicilios particulares en Ourense e Pontevedra, onde foron detidos responsables da organización de nacionalidade romanesa e portuguesa e intervidos tres vehículos
  • Nave en Valladolid, sita na Avenida de Madrid onde se almacena diferente material, como filtros, etc.

A mercadoría intervida rolda as 150 toneladas entre folla e picadura de tabaco e 250.000 cigarros da marca MARLBORO, tendo unha valoración aproximada próxima aos 21 millóns de euros.

Os medios materiais intervidos:

  • 2 cabezas tractoras (camións)
  • 2 remolques
  • 5 vehículos
  • Maquinaria para fabricación tabaco (dúas liñas de fabricación)

O destino das caixetiñas de tabaco sería previsiblemente diferentes países da Unión Europea comercializadas usurpando a marca MARLBORO.

Con esta operación asestouse un duro golpe a unha das organizacións criminais máis importantes que actúan en territorio español, e conseguiuse desmantelar unha importante infraestrutura de produción, elaboración e distribución ilegal de tabaco.

Filmación do operativo (para descargar as imaxes débese introducir a seguinte dirección web):

https://we.tl/t-nIzYO2UY3Q

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda