Servizo de axuda para a confección de modelos 131 e 303

Recórdase que os portais de Módulos, Renda e IVE inclúen o servizo denominado “Servizo de axuda para a confección do modelo 131 do réxime de módulos IRPF e o modelo 303 do réxime simplificado IVE

Este servizo de axuda ten como obxectivo facilitar a presentación dos modelos 131 e 303 para aqueles autónomos que non dispoñen dos coñecementos ou medios para a súa tramitación e evitar que necesiten acudir ás oficinas da AEAT, moitas das cales non teñen habilitado este servizo de cita.O servizo diríxese a empresarios que apliquen o réxime de módulos no IRPF e réxime simplificado en IVE.

Tras encher un sinxelo formulario onde indicar os datos suficientes para o cálculo dos módulos e outra información relevante, o contribuínte recibirá os modelos 131 e 303 confeccionados a través do correo electrónico para a súa presentación na entidade bancaria ou, se dispón de certificado ou cl@ve, a súa cumprimentación on-line.

Nota para a confección dos modelos 131 e 303 para empresarios en réxime de módulos

Acceso directo ao formulario

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda