Novo intento de ataque de phishing contra a Axencia Tributaria

Detectouse unha campaña dun suposto correo enviado pola Axencia Tributaria en relación cunha denuncia de facturas non declaradas.

En todos os casos detectados se tomaron as medidas necesarias para bloquear as páxinas ás que dirixe o enlace do correo e así evitar que os cidadáns poidan ser enganados.

Non é a primeira vez que se utiliza este tipo de correos co fin de roubar datos persoais e bancarios. Por este motivo, a concienciación e a información son esenciais. Por iso recomendámoslles:

  • Non abrir correos de usuarios descoñecidos ou que non solicitasen, elimíneos directamente.
  • Non contestar en ningún caso a estes correos.
  • Precaución ao seguir enlaces en correos aínda que sexan de contactos coñecidos.
  • Precaución ao descargar ficheiros adxuntos de correos aínda que sexan de contactos coñecidos.

A Axencia Tributaria insiste en que nunca solicita por correo electrónico información confidencial, económica ou persoal, números de conta nin números de tarxeta dos contribuíntes.

Por último, é preciso indicar que os correos enviados pola Axencia Tributaria poden ser verificados polos servidores de correo destinatarios, de forma que a maior parte dos cidadáns non terán recibido correos que suplanten a identidade da Axencia Tributaria.