Novas ferramentas de asistencia virtual

  1. Ferramentas de Asistencia Virtual de Censos

    Incorporáronse dentro das ferramentas de asistencia virtual, dúas novas ferramentas censais:o "Informador censal" e o "Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias";

    O "Informador censal" ofrece información sobre os principais trámites censais como NIF, IAE, apoderamentos, sistemas de identificación dixital, certificados tributarios ou comprobacións censais.Se está rexistrado no sistema Cl@ve ou ten un certificado electrónico poderá recibir unha copia da conversación en formato PDF no seu correo electrónico.

    Acceso ao Informador censal

    O "Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias", segundo sexa unha persoa física ou xurídica, residente ou non, e sobre a base da actividade económica seleccionada, ofreceralle a información referente á epígrafe de IAE e ás obrigas tributarias que leva consigo o exercicio da actividade (Imposto de Actividades Económicas, IVA, Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades e as obrigas como retedor).

    Acceso ao Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias 

  2. Ferramenta de Asistencia Virtual de IRPF

    Incorporouse dentro das ferramentas de asistencia virtual o Informador de Renda 2020 que contén as respostas ás preguntas máis frecuentes sobre o IRPF (mínimos persoais e familiares, opcións de tributación, deducións, como declarar os rendementos de inmobles...) así como as cuestións máis novidosas da Renda 2020 como son os ERTE e o ingreso mínimo vital (IMV).Respecto a ERTE e IMV habilitouse, ademais, un servizo de chat atendido por especialistas.Así, se ten unha dúbida que non puido resolver co Informador, poderá formulárllela aos nosos especialistas.

    Acceso ao Informador de Renda 2020 

  3. INFORMA+

    Co novo ‘INFORMA+’, os contribuíntes poden formular cuestións de carácter tributario para as que obterán unha resposta por escrito personalizada preparada polos nosos especialistas.Ademais, os contribuíntes poderán acceder a todas as súas consultas a través da opción de "Os meus Expedientes" da Sede Electrónica.Para facer uso deste servizo é necesario estar rexistrado en Cl@ve ou dispoñer de certificado electrónico.

    Polo momento este servizo ofrece información sobre IVA, Subministración Inmediata de Información (SII, Libros rexistro de IVA on-line) e censos.

    Pode acceder ao INFORMA+ a través de:

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda