Nova forma de apoderamento electrónico

O contexto actual de crise sanitaria aconsella potenciar medidas que faciliten a realización de trámites por vía electrónica.

Con este obxectivo, estableceuse un novo trámite para poder realizar o apoderamento ante a AEAT sen necesidade de realizar desprazamentos ás oficinas.

Neste sentido, debe sinalarse que a alta do poder para trámites tributarios podía realizarse, ata o momento, mediante as seguintes formas:

  • Por internet, mediante o uso de certificado electrónico recoñecido ou Cl@ve (do mandante).
  • Mediante comparecencia persoal nas oficinas da AEAT.
  • Mediante documento público ou documento privado con firma notarialmente lexitimada presentado ante a Axencia Tributaria.

Para facilitar a tramitación electrónica deste procedemento, e especialmente para aqueles casos nos que o mandante non teña identificación electrónica para apoderar, habilitouse unha nova forma de dar de alta o poder de representación, a través da Sede Electrónica da AEAT, sen intervención do mandante.

Para eses casos previuse a posibilidade de presentación da escritura de poder no Rexistro Electrónico da Axencia Tributaria para xerar o apoderamento, a través do trámite Solicitar alta de poder para trámites tributarios, incluído no procedemento Apoderamento para a realización de trámites e actuacións en materia tributaria por Internet

Nesta modalidade de solicitude de incorporación de poderes ao Rexistro de apoderamentos non é necesario que participe o mandante, pois xa no seu momento outorgou o poder ante o fedatario público correspondente.

Así, estas escrituras de poder outorgadas para a realización de trámites e actuacións por Internet ante a Axencia Tributaria poden ser presentadas polo propio apoderado co seu certificado electrónico ou Cl@ve.

Tras a presentación, incorporaríase o poder no Rexistro de apoderamentos, logo de revisión pola AEAT da subsistencia do poder outorgado na escritura notarial.

Como se presentan as escrituras de poder outorgadas?

O apoderado presentaríaas por Internet ante a Axencia Tributaria co seu certificado electrónico ou Cl@ve, tras o cal incorporaríase o poder no Rexistro de apoderamentos, logo de revisión polo funcionario habilitado para iso, e mediante dúas formas:

  • Achega no Rexistro Electrónico da Axencia Tributaria de escrituras electrónicas de apoderamento ou copias electrónicas destas, reguladas no art.º 17 bis da lei do Notariado e que cumpran os requisitos nel establecidos.

  • Achega das escrituras de apoderamento en formato pdf presentadas a tal efecto no Rexistro Electrónico da Axencia Tributaria.

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda