Medidas fiscais introducidas polo Real Decreto-lei 34/2020, do 17 de novembro


MODIFICACIÓN DA LEI DO IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO


Tipo impositivo aplicable ás máscaras

  1. Tipo impositivo do 0% na entrega, importación e adquisición intracomunitaria de material sanitario

    O artigo 6 do RD-Lei 34/2020, con efectos dende o 1 de novembro de 2020:

      • Mantén ata o 30 de abril de 2021 a aplicación do tipo impositivo do cero por cento ás entregas interiores, importacións e adquisicións intracomunitarias de material sanitario para combater a COVID-19, cuxos destinatarios sexan entidades públicas, sen ánimo de lucro e centros hospitalarios.
      • Actualiza a relación de bens aos que é de aplicación esta medida no seu anexo.

    Os empresarios que repercutisen ou satisfeito IVA por operacións ás que o Real Decreto-lei 34/2020 aplique o tipo cero e fosen realizadas con anterioridade á súa entrada en vigor, efectuarán a rectificación do imposto conforme ao artigo 89 LIVA.

    Recórdase que estas operacións se documentarán en factura como operacións exentas.

  2. Tipo impositivo do 4% na entrega, importación e adquisición intracomunitaria de máscaras

    O artigo 7 do RD-Lei 34/2020, con efectos dende o 19 de novembro de 2020 e ata o 31 de decembro de 2021 rebaixa temporalmente do 21 ao 4% o tipo aplicable ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias das máscaras cirúrxicas desbotables cuxos destinatarios sexan distintos dos anteriores.


IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES


  • Con efectos para os períodos impositivos que se inicien a partir de 1 de xaneiro de 2020, modifícase o apartado 2 do artigo 36 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, coa finalidade de adaptar a dedución por investimentos en producións estranxeiras de longametraxes cinematográficas ou de obras audiovisuais á Comunicación da Comisión Europea sobre axuda estatal ás obras cinematográficas e outras producións do sector audiovisual. Neste sentido, incorpórase a fase de produción para a aplicación do incentivo nas producións de animación e mantense a aplicación do devandito incentivo á execución en España da parte das producións internacionais relacionada cos efectos visuais. Establecéndose que no suposto de producións de animación os gastos realizados en territorio español serán, polo menos de 200.000 euros. Establécese, por outro lado, que a dedución será do 30 por cento da base da dedución, cando o produtor se encargue da execución de servizos de efectos visuais e os gastos realizados en territorio español sexan inferiores a 1 millón de euros.

    O importe desta dedución non poderá superar o importe que establece o Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

  • Con efectos para os investimentos realizados nos períodos impositivos que conclúan entre o 2 de abril de 2020 e o 30 de xuño de 2021, introdúcese unha nova redacción na disposición adicional décimo sexta na Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades coa finalidade de adaptar a liberdade de amortización introducida pola disposición final cuarta do Real Decreto-lei 23/2020, ao Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda destinadas a avalar a economía no contexto do actual brote de COVID-19. Así, o incentivo aplicarase ás investimentos en elementos novos de inmobilizado material efectuados e que entren en funcionamento nos períodos impositivos que conclúan entre o 2 de abril de 2020 e o 30 de xuño de 2021. Así mesmo, adáptase o incremento da dedución en innovación en procesos na cadea de valor da industria do automóbil no Imposto sobre Sociedades ao disposto no Regulamento (UE) n.º 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, introducíndose así as diferenzas esixidas pola citada norma comunitaria no deseño do incentivo segundo afecte a pequenas e medianas empresas ou a empresas que non teñan tal consideración.
  • Modifícanse as referencias temporais contidas o apartado 11 do artigo 27 e apartado 2 do artigo 29 da Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal de Canarias, sinalándose como límite temporal o 31 de decembro de 2021.
  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda