Datos fiscais do Imposto sobre Sociedades.Exercicio 2019

Dende o próximo día 1 de xullo poñerase a disposición dos obrigados tributarios polo Imposto sobre Sociedades, información dos seus datos fiscais para os efectos da cubrición da declaración do Imposto correspondente ao exercicio 2019, con independencia do tipo de entidade, do período de liquidación ou de que tivese presentado a autoliquidación do imposto no exercicio 2018.O servizo estará dispoñible en linguas cooficiais e en inglés.

Para os contribuíntes cuxo período impositivo NON coincida co ano natural, tipos de declaración 2 e 3, recordarase que os datos facilitados corresponden ao ano natural 2019.

O principal obxectivo é mellorar a calidade da cubrición das declaracións, axilizando así a súa tramitación.

Os datos subministrados pódense agrupar nas seguintes categorías:

  1. Datos dispoñibles na Axencia Tributaria procedentes de declaracións informativas ou outras fontes de información procedentes de terceiros.

  2. Datos de autoliquidacións e declaracións informativas do propio contribuínte (M202, M190, M390 ou M303).
  3. Datos declarados no modelo 200 do exercicio 2018 correspondentes a importes pendentes de aplicar en exercicios futuros, indicando a casa do modelo 200 do exercicio 2019 na que deberían consignarse.Así mesmo, subministrarase a información incluída nas páxinas 1 e 2.

  4. Información a ter en conta na declaración, como pode ser a relativa a sancións e recargas emitidas e notificadas pola AEAT durante o exercicio 2019, xuros de mora aboados pola AEAT e por outras Administracións durante 2019, etc...

  5. Epígrafes do IAE nos que consta dado de alta o contribuínte, incluíndo o Código Nacional de Actividade Económica (CNAE) equivalente.