Nota sobre a "Declaración informativa por gastos en gardarías ou centros de educación infantil autorizados", modelo 233

As mulleres con fillos menores de 3 anos con dereito á aplicación do mínimo por descendentes que realicen unha actividade por conta propia ou allea e estean dadas de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, poderán minorar a cota diferencial do seu IRPF ata en 1.000 euros anuais se satisfán gastos en gardarías ou centros de educación infantil autorizados.

No ano en que o fillo menor cumpra tres anos, poderán aplicar a dedución respecto dos gastos incorridos con posterioridade ao cumprimento da devandita idade ata o mes anterior a aquel no que poida comezar o segundo ciclo de educación infantil.


A declaración informativa (modelo 233) por gastos en gardarías ou centro de educación infantil autorizados deben presentala EXCLUSIVAMENTE as gardarías ou centros de educación infantil autorizados. EN NINGÚN CASO deben presentala os pais/titores.


Para a práctica desta dedución estatal non é necesario achegar ningún xustificante emitido pola gardaría ou centro de educación infantil autorizado.

A presentación desta declaración informativa realizarase no mes de xaneiro, non obstante, este ano poderá presentarse ata o 15 de febreiro.

Para máis información pode acceder ao seguinte enlace:

https://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/GI45/informacion.shtml