A Axencia Tributaria advirte de intentos de fraude tipo 'phishing' a través de Internet

A Axencia Tributaria freou diversos intentos de fraude mediante o envío de comunicacións por correo electrónico ou mensaxes SMS, nas que, suplantando a súa identidade e imaxe, se proporcionan enlaces maliciosos onde obter supostos reembolsos de impostos ou recordatorios de pagamento.Estes enlaces adoitan levar a páxinas web fraudulentas nas que se suplanta novamente a identidade e imaxe da Axencia Tributaria e solicítase o envío de datos persoais e bancarios como números e claves de tarxetas de crédito.

En canto a Axencia Tributaria ten coñecemento destes intentos de fraude, coñecidos como 'phishing', lévanse a cabo as actuacións necesarias para mitigar o seu efecto e anular todos os enlaces fraudulentos detectados.

Non obstante, a primeira medida para combater o 'phishing' é a prevención dos usuarios ante comunicacións sospeitosas que soliciten datos bancarios ou persoais, e nese sentido, a Axencia Tributaria:

  • Recorda que nunca solicita por correo electrónico información confidencial, económica ou persoal, nin números de conta, nin números de tarxeta dos contribuíntes.
  • Aconsella desconfiar de calquera comunicación que inclúa a petición de información confidencial, económica ou persoal ou inclúa calquera enlace que non remita á súa páxina web ou á súa Sede electrónica.
  • Recorda que nunca remite providencias de prema por correo electrónico a direccións particulares.
  • Recomenda consultar o Aviso de Seguridade da Sede Electrónica en https://www.agenciatributaria.gob.es/AEAT.sede/gl_es/Inicio/_pie_/_Aviso_de_seguridad_/_Aviso_de_seguridad_.shtml onde se advirte dos diferentes intentos de fraude.

La Agencia Tributaria agradece la colaboración ciudadana para informar de este tipo de fraudes.