2017

  • 27-06-17Disponible la presentación del modelo 231 (CbC-DAC4)

    Xa se pode realizar a presentación do modelo 231, mediante Servizo Web, de acordo co aprobado na Orde HFP/1978/2016, do 28 de decembro, pola que se aproba o modelo 231 de Declaración de información país por país.

    A través del enlace de esta noticia se puede acceder a la sección donde se encuentran las especificaciones técnicas:WSDL, XSD e manual técnico.

    Como unha vía alternativa de presentación, e co obxectivo de facilitar a presentación a todos os contribuíntes obrigados, proximamente estará dispoñible un formulario web para a introdución dos datos da declaración.

  • 16-06-17Documentación para realizar probas en preprodución da presentación do modelo 231 (CbC-DAC4)

    Está dispoñible a posibilidade de realizar probas en preprodución da presentación do modelo 231, mediante servizo web.

    A través da ligazón que figura máis abaixo accederá áWSDL, XSD e manual técnico (dentro do cal se inclúe a URL de preprodución, na

    O manual técnico poderá ser obxecto de variacións ata a posta en produción definitiva.

    Nos vindeiros días poñerase en produción o servizo web para a presentación do

  • 15-06-17Novidades sobre a implantación da Subministración Inmediata de Información

    Envio copia de autorizacion de simplificación en materia de facturación ou de sistemas de rexistro autorizados a partir do 15 de xuño e envios no ámbito real antes do 1 de xullo.

  • 02-06-17Responsabilidade patrimonial IVMDH

    As solicitudes de indemnización por responsabilidade patrimonial do Estado lexislador, en relación co Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos, que no seu día foron presentadas ante o Ministerio de Facenda e Función Pública, están a ser tramitadas pola Axencia Tributaria.

  • 02-06-17Manual práctico de Sociedades 2016

  • 24-05-17Novo portal de Alfándegas e Impostos Especiais

    O 24 de maio de 2017 publicouse, dentro da páxina web da Axencia Tributaria, o novo portal de Alfándegas e Impostos Especiais, cun formato e estrutura máis sinxelos, accesibles e doados de usar.
    O novo portal conta cunha navegación dirixida a través de iconas que facilita o acceso aos contidos informativos e aos distintos procedementos e trámites situados na Sede electrónica, co obxectivo último de facilitar aos usuarios a busca e localización dos contidos, así como a xestión dos diferentes trámites electrónicos.

  • 11-05-17Preguntas frecuentes do modelo 289

    Publicáronse preguntas frecuentes relativas ao modelo 289:Declaración informativa anual de contas financeiras no ámbito da asistencia mutua (CRS) para facilitar a presentación deste modelo.

  • 09-05-17Servicios telefónicos de cita previa ajenos a la Agencia Tributaria

    Detectouse que determinados números de teléfono ofrecen a posibilidade de concertar cita previa para a confección de declaracións ou a modificación de borradores en oficinas da Axencia Tributaria.

    A Axencia Tributaria quere deixar constancia de que estes números de teléfono e as páxinas web nas que se insiren lle son totalmente alleos e que, ademais de supoñer elevados custos de tarificación para os usuarios, as citas que se obteñan a través dos devanditos números poderían non ser válidas e polo tanto non se atender.

    A Axencia Tributaria recorda, ante estes intentos de confundir os usuarios, que os teléfonos do servizo de cita previa para Renda son 901 22 33 44 ou 91 553 00 71, e que o usuario só asumirá, se é o caso, o custo compartido da chamada a un número 901.

    A continuación figuran os enlaces para solicitar cita previa de forma gratuíta a través de Internet, así como aos teléfonos de información da Axencia Tributaria:

  • 04-05-17Apertura do prazo de petición de cita previa para Renda 2016

    O xoves 4 de maio iníciase o prazo de petición de cita previa para a confección de declaracións e modificación de borradores en oficinas da Axencia Tributaria e outras Administracións.Puede solicitar cita por Internet, en cualquier momento del día, o llamando a los teléfonos 901 22 33 44 o 91 553 00 71 de lunes a viernes, en horario de 9 a 19 horas.

    El plazo para solicitar cita previa finalizará el próximo 29 de junio.

  • 05-04-17Intentos de fraude durante a Campaña de Renda

    Con ocasión do inicio de cada campaña de Renda, adóitanse producir diversos intentos de fraude solicitando datos bancarios dos contribuíntes e simulando ser a Axencia Tributaria a través de redes sociais, plataformas de mensaxería instantánea ou correos electrónicos.

    Teña en conta as seguintes recomendacións para evitar os devanditos intentos:

  • 05-04-17Inicio Campaña Renda e Patrimonio 2016

    O 5 de abril comeza a campaña de Renda 2016 cuxa novidade máis significativa é a xeneralización de Renda WEB para todo tipo de rendas, incluídas as de actividades económicas.Isto supón que Renda 2016 é a primeira campaña sen o programa PADRE, dende a súa

  • 23-03-17Portal de campaña Renta 2016

    O 5 de abril comeza a campaña de Renda 2016 cuxa novidade máis significativa é a xeneralización de Renda WEB como único servizo de confección e presentación da declaración da Renda, para todo tipo de rendas, incluídas as de actividades económicas.

  • 13-03-17TEAC:A prestación por maternidade pagada pola Seguridade Social non está exenta en IRPF

    En resolución do 2 de marzo de 2017 o Tribunal Económico-Administrativo Central (TEAC) concluíu que non se encontra exenta no IRPF a prestación de maternidade percibida do Instituto Nacional da Seguridade Social.

  • 06-03-17Novidades publicadas en Preguntas frecuentes (INFORMA)

    Incorporáronse no portal de "Impuestos" as novidades publicadas en "Preguntas frecuentes (INFORMA)" durante os meses de xaneiro e febreiro.A partir de agora, utilizarase esta situación para publicitar as novas referencias do programa INFORMA que recollan os criterios de aplicación da normativa de IRPF, Imposto sobre Sociedades e IVE máis importante.

    En concreto estas novidades colgaranse dentro dos banner “IRPF”, “Imposto sobre Sociedades” e “IVE”, na icona de “Novedades”.

  • 16-02-17Aclaración da tributación en IVE da quenda de oficio

    Dadas as dúbidas suscitadas en relación coa tributación no IVE da quenda de oficio, debe aclararse que a repercusión en factura do IVE ao beneficiario da asistencia xurídica gratuíta por parte de avogados e procuradores non obsta para que a Administración Pública competente asuma todos os gastos derivados da prestación deste servizo, incluído o IVE.

    O destinatario do servizo de asistencia xurídica gratuíta, cuxa identificación debe consignarse na correspondente factura, é o beneficiario do dereito, con independencia de que a Administración Pública competente efectúe o pagamento material dos devanditos servizos.

  • 06-02-17Manual de actividades económicas 2017

    Está dispoñible o Manual de actividades económicas para o exercicio 2017, que poderá consultar temporalmente nun banner específico e con carácter definitivo  no banner "Impostos", dentro do apartado "Normativa, Guía e Manuais" dos seguintes impostos:IRPF, Imposto sobre Sociedades e IVE.

  • 03-02-17Tributación no IVE da quenda de oficio

    Os servizos prestados por avogados e procuradores aos beneficiarios do dereito á asistencia xurídica gratuíta ao abeiro da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta se encontran suxeitos e non exentos do IVE, debendo repercutirse en factura o IVE ao tipo impositivo xeneral do 21%.

    A Dirección Xeral de Tributos (en diante DGT) en Resolución do 18 de xuño de 1986 (BOE do 25 de xuño) considerou que estes servizos non estaban suxeitos ao IVE ao ser prestados con carácter obrigatorio e gratuíto en virtude do artigo 7.10º da Lei 37/1992, do Imposto sobre o Valor Engadido (en diante LIVA).

    Non obstante, este Centro directivo cambia o criterio nas súas consultas V0173-17 e V0179-17, de data 25 de xaneiro de 2017, apoiado na sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 16 de xullo de 2016, ditada no Asunto C-543/14 e na consideración de que os mencionados servizos se realizan a título oneroso.

  • 27-01-17Unificación de criterio TEAC Imposto sobre Sociedades.Tributación de rendas por actividades de visado en Colexios Profesionais

  • 24-01-17Principais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-Lei 1/2017, do 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas chan.

    Principais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-Lei 1/2017, do 20 de xaneiro.

  • 13-01-17Iniciado o prazo de presentación do Modelo 289 (CRS-DAC2)

    Está dispoñible o servizo web para a presentación do modelo 289, relativo á obriga de información de contas financeiras no ámbito da asistencia mutua (CRS-DAC2).

    De acordo coa Orde HAP/1695/2016, do 25 de outubro, o prazo de presentación iniciouse o 1 de xaneiro e finaliza o 31 de maio para a información financeira relativa ao exercicio 2016