2015

  • 18-06-15A Axencia Tributaria advirte dun novo intento de fraude tipo 'phishing' a

    O engano fai referencia a unha suposta devolución e suplanta a imaxe da Axencia Tributaria.

  • 27-05-15Novo apartado PREFERENTES

    Co fin de facilitar aos contribuíntes afectados os trámites en relación coa tributación das rendas derivadas de débeda subordinada ou de participacións preferentes, a Axencia Tributaria incorporou un apartado denominado PREFERENTES que se encontra situado tanto no portal de Campaña Renda 2014 como no de IRPF (IMPOSTOS) na páxina inicial deste sitio web.

  • 19-05-15Principais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-Lei 6/2015, do 14 de maio, polo que se adoptan diversas medidas de carácter tributario.

    Regras especiais de cuantificación de rendas derivadas de débeda subordinada ou de participacións preferentes no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

  • 12-05-15Detectado novo servizo telefónico de cita previa alleo á Axencia Tributaria (11847)

    Detectouse que determinados números de teléfono, como é o caso do 11847, ofrecen a posibilidade de concertar cita previa para a confección de declaracións ou a modificación de borradores en oficinas da Axencia Tributaria.

    A Axencia Tributaria quere deixar constancia de que este número de teléfono é totalmente alleo a esta e que, ademais de supoñer elevados custos de tarificación para os usuarios, as citas que se obteñan a través do devandito número poderían non ser válidas e polo tanto non se atender.

  • 07-05-15Servicios telefónicos de cita previa ajenos a la Agencia Tributaria

    Detectáronse servizos de pagamento, que supoñen unha tarificación adicional, a través de números que ofrecen acceso ao teléfono que a Axencia Tributaria pon a disposición de todos os contribuíntes para concertar cita previa de cara á confección da declaración ou modificación do borrador de Renda 2014.

    A Axencia Tributaria recorda que o teléfono do servizo de cita previa é o 901 22 33 44, e que a través deste número o usuario só asumirá o custo compartido da chamada a un número 901.También podrá concertar cita previa, de forma gratuita, a través de Internet.

  • 06-05-15Apertura do prazo de petición de cita previa para Renda 2014

    O mércores 6 de maio iníciase o prazo de petición de cita previa para a confección de declaracións e modificación de borradores en oficinas da Axencia Tributaria e outras Administracións.Pode solicitar cita por Internet, en calquera momento do día, ou chamando ao teléfono 901 22 33 44 de luns a venres, en horario de 9 a 19 horas.

    El plazo para solicitar cita previa finalizará el próximo 29 de junio.

  • 27-04-15Comunicado difundido pola Axencia Tributaria o 25 de abril a raíz da información publicada en prensa ese mesmo día.

    A Axencia Estatal de Administración Tributaria quere realizar as seguintes manifestacións:

    1. As actuacións realizadas durante as entradas e rexistros aos que se fai referencia foron desenvolvidas cumprindo estritamente a normativa aplicable, con criterios de profesionalidade e eficacia, de acordo coas instrucións concretas do Xuíz Instrutor e por solicitude da Fiscalía.
    2. A Axencia Tributaria realiza as súas actuacións con plena independencia e en cumprimento dos labores que ten encomendados.
    3. As entradas e rexistros aos que se fai referencia realizáronse baixo a coordinación e supervisión da Oficina Nacional de Investigación da Fraude, ONIF, de quen depende a investigación aludida.O labor de Vixilancia Aduaneira nestas entradas e rexistros foi exclusivamente de apoio aos investigadores.
    4. Unha vez máis, a Axencia Tributaria quere manifestar o seu total respaldo aos funcionarios no labor que realizan no marco das súas respectivas funcións.
  • 22-04-15Mensaxes de texto (SMS) non enviadas pola Axencia Tributaria

    Detectouse o envío aos contribuíntes de mensaxes de texto (SMS) por parte de empresas de atención e información telefónica, que redireccionan as chamadas cara á Axencia Tributaria e as cobran en función da súa tarificación, para solicitar servizos como a solicitude do borrador de Renda 2014 e a súa confirmación.

  • 20-04-15Ampliación do prazo de presentación de determinados modelos

    Por motivos técnicos se ampla o prazo de presentación dos modelos 123,124,126,128,130,131,136 e 216 ata o 24 de abril de 2015.

  • 07-04-15Renda e Patrimonio 2014

    O 7 de abril comeza a campaña de Renda 2014 e xa se pode efectuar por Internet tanto a presentación da declaración como a modificación ou confirmación do borrador

    Dende esta data están dispoñibles todos os servizos de axuda, por exemplo, a obtención do número de referencia (RENØ) para a presentación por Internet da declaración do imposto e para a consulta modificación ou confirmación do borrador e o servizo telefónico de información.Tamén está dispoñible a posibilidade de confirmar ou modificar borradores por teléfono ou SMS.

    Cabe destacar que o inicio do prazo para a solicitude de cita previa para a confección de declaración e modificacións de borradores en oficinas da Axencia Tributaria non se producirá ata o próximo día 6 de maio.O inicio do prazo para a atención presencial en oficinas e para a presentación de declaracións e borradores en papel comeza o 11 de maio.

Imaxe Cargando