Solicitude de devolución da taxa xudicial

Desde o día 1 de xuño de 2013 pódense presentar, a través do Modelo 695, as solicitudes de devolución da taxa xudicial a que se ten dereito ben pola acumulación de procesos, ben por alcanzar un acordo que poña fin ao proceso, ben por conformidade total ou, se for o caso, polo recoñecemento total das pretensións do demandante en vía administrativa por parte da administración demandada.

Igualmente, a partir da citada data os Tribunais de Xustiza empezaron a remitir á Axencia Tributaria a información de todos os procesos en que se produciron os supostos anteriores para que se poidan efectuar as comprobacións e os oportunos contrastes das solicitudes de devolución.

Co fin de evitar atrasos nas devolucións e calquera outro tipo de molestias ao contribuínte sería conveniente que, especialmente nos supostos de devolución cuxa orixe fóra anterior ao 1 de xuño de 2013, o solicitante puxese en coñecemento do Tribunal correspondente que se vai presentar ou se presentou o mencionado modelo 695 para que o Tribunal comprobe que remitiu a correspondente información á Axencia Tributaria  para os efectos de axilizar os trámites da devolución.