Nuevo servicio para la actualización de los censos de asociados y colegiados profesionales en el marco de la colaboración social

A semana do 18 de novembro entrará en funcionamento na Sede Electrónica da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.gob.es) o novo servizo para a actualización do censo de colaboradores sociais na aplicación dos tributos.

Mediante este servizo as entidades que agrupan profesionais que desempeñan a súa actividade profesional no ámbito da xestión tributaria, e que teñan subscrito o convenio para a presentación telemática de declaracións, comunicacións e outros documentos tributarios en representación de terceiras persoas, comunicarán a través da Sede electrónica os NIF dos profesionais do seu colectivo interesados en ser novos colaboradores sociais, así como as baixas que se produzan no seu censo.