Novo intento de fraude mediante mensaxes de devolución de impostos

Coincidindo co inicio da Campaña de Renda 2012, detectáronse novos intentos de fraude mediante o envío de correos electrónicos que, intentando suplantar a identidade corporativa da Axencia Tributaria e co asunto “Mensaxes de devolución de impostos”, dirixen a unha páxina web que contén un formulario no que se solicitan os datos bancarios do titular coa escusa de devolver certa cantidade de diñeiro.

Ante estes intentos de fraude, a Axencia Tributaria recorda que nunca require a través de correo electrónico datos relativos a tarxetas e/ou claves de acceso para proceder ao pagamento de devolucións.