Nota da AEAT sobre o tratamento das prestacións públicas de

Recibíronse nas oficinas da AEAT diversos escritos solicitando a rectificación das declaracións de IRPF con solicitude de devolución para os exercicios 2009 a 2012 sobre a base da posible exención das cantidades satisfeitas pola Seguridade Social, en concepto de prestación por maternidade, e que tivo a súa orixe na difusión masiva de mensaxes telefónicas nos que se insta á presentación de escritos ante a AEAT para todas aquelas persoas que tivesen percibido este tipo de prestación.

A este respecto, e á hora de determinar a posible exención destas prestacións, débese acudir aos disposto na letra h) do artigo 7 da Lei 35/2006, que enumera entre as rendas exentas:

"h) Las prestacións familiares reguladas no Capítulo IX do Título II do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, e as pensións e os haberes pasivos de orfandade e a favor de netos e irmáns, menores de vinte e dous anos ou incapacitados para todo traballo, percibidos dos réximes públicos da Seguridade Social e clases pasivas."

Engadindo nos seus dous últimos parágrafos:

"Igualmente estarán exentas as demais prestacións públicas por nacemento, parto ou adopción múltiple, adopción, fillos a cargo e orfandade.
Tamén estarán exentas as prestacións públicas por maternidade percibidas das Comunidades Autónomas ou entidades locais."

Do propio texto legal determínase unha clara diferenciación entre as prestacións públicas, outorgando a exención, no caso das de maternidade, exclusivamente ás percibidas das Comunidades Autónomas ou entidades locais.Por outra parte, as prestacións por maternidade satisfeitas pola Seguridade Social non se encontran entre as reguladas no capítulo IX do Título II do mencionado texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

Polo tanto, as retribucións satisfeitas en forma de prestación por maternidade satisfeitas pola Seguridade Social deben cualificarse como rendementos do traballo, de acordo co disposto na letra a) do apartado 2 do artigo 17 da Lei 35/2006, do 28 de novembro do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, que establece que, en todo caso, teñen a consideración de rendementos do traballo as prestacións percibidas dos réximes públicos da Seguridade Social, non séndolle de aplicación ningún dos supostos de exención previstos na Lei 35/2006.