Medidas de apoyo al emprendedor y de estímulo del crecimiento y de la creación de empleo

No BOE do sábado 27 de xullo publicouse a Lei 11/2013, do 26 de xullo, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego, que recolle as medidas aprobadas no Real Decreto-lei 4/2013, do 22 de febreiro, polo que se adoptan diversas medidas tributarias de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego.

As modificacións en materia fiscal afectan o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto sobre Sociedades, e recóllense na Nota informativa xa publicada en febreiro de 2013 neste portal.Unicamente habería que engadir respecto ao Imposto sobre Sociedades que a escala prevista para entidades de nova creación tamén se aplicará ás cooperativas de nova creación, tanto respecto dos resultados cooperativos como extracooperativos.


Enlace á nota informativa. Nova ventá

Así mesmo, a Lei 11/2013 incorporou no ámbito tributario as seguintes Disposicións Adicionais, non incluídas no Real Decreto-lei 4/2013:

Tributos sobre o xogo
Na disposición adicional sexta modifícase a base impoñible das apostas sobre acontecementos deportivos ou de competición e do bingo nas Cidades con Estatuto de Autonomía de Ceuta e Melilla:

- A base impoñible da taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias virá constituída pola diferenza entre a suma total das cantidades apostadas e o importe dos premios obtidos polos participantes no xogo.
- A base impoñible para o xogo do bingo presencial que se celebre ou organice nos devanditos territorios será o resultante de subtraer do importe das cantidades xogadas a contía dos premios obtidos polos partícipes.

Imposto sobre a produción, os servizos e a importación nas Cidades de Ceuta e Melilla (IPSI)
Na disposición adicional sétima modifícase o artigo 9 da Lei 8/1991, do 25 de marzo, pola que se aproba o Imposto sobre a produción, os servizos e a importación nas Cidades de Ceuta e Melilla (IPSI), facultando a ditas Cidades autónomas a reducir a contía exenta nas importacións de bens en réxime de viaxeiros nas súas respectivas ordenanzas fiscais, sen que esta poida ser inferior a 90,15 euros.

Por outra parte, continúa a tramitación parlamentaria da Lei de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, actualmente en fase de emendas no Congreso.