Imposto sobre o valor da produción da enerxía eléctrica

No BOE do 28 de decembro de 2012 publicouse a Lei 15/1012, do 27 de decembro, de medidas fiscais para a sostibilidade enerxética, que regula entre outros o Imposto sobre o Valor da Produción da Enerxía Eléctrica.

Este imposto grava a realización  de actividades de produción  e incorporación de enerxía  ao sistema eléctrico español, e aplícase polo tanto á produción de todas as instalacións de xeración.

Incorporouse no Portal de Alfándegas e Impostos Especiais información detallada sobre o devandito imposto, que inclúe os criterios interpretativos da Dirección Xeral de Tributos manifestados a través de distintas consultas, e ofrece o acceso aos trámites que os obrigados deben realizar.