Autorización dos réximes aduaneiros especiais de perfeccionamento activo, de perfeccionamento pasivo e de importación temporal

Publicouse no BOE a Orde PCI/933/2019, do 11 de setembro, relativa á autorización dos réximes aduaneiros especiais de perfeccionamento activo, de perfeccionamento pasivo e de importación temporal.

Esta nova orde, que entrou en vigor o 16 de setembro, supón que a tramitación e resolución das solicitudes dos réximes mencionados corresponde á Axencia Estatal de Administración Tributaria.Corresponderá á Dirección Xeral de Política Comercial e Competitividade (DGPCC) analizar os efectos da autorización solicitada sobre os intereses esenciais dos produtores da Unión e, se é o caso, a remisión da solicitude á Comisión da Unión Europea para os efectos da avaliación do cumprimento das condicións económicas.

Coa entrada en vigor da orde, a competencia para a tramitación e resolución das solicitudes destes réximes especiais queda distribuída da seguinte forma:

  1. Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais.É competente para adoptar as decisións respecto das solicitudes que afecten varios Estados membros nas que é necesaria a consulta con eses outros Estados membros.
  2. Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais.En función do domicilio fiscal do solicitante, é competente nos seguintes casos:
    • Solicitudes que afecten varios Estados membros nas que non é necesaria a consulta con eses outros Estados membros.
    • Solicitudes cuxo ámbito se limita a España e non se solicitan mediante declaración en alfándega.
  3. Alfándega de declaración.Será competente nos casos nos que o réxime especial se solicita mediante a declaración en alfándega acompañada dos datos adicionais previstos na lexislación aduaneira.

Réxime transitorio:

  1. Solicitudes en tramitación:a DGPCC ultimará a tramitación e emitirá acordo para as solicitudes, novas ou de modificación de autorizacións, presentadas antes da entrada en vigor da nova orde.
  2. Solicitudes de modificación de autorizacións:o Departamento de Aduanas e Impostos Especiais ou a Dependencia Rexional competente, de acordo coa distribución de competencias do apartado anterior, tramitará as solicitudes de modificación de autorizacións emitidas pola DGPCC cando estas solicitudes se presenten a partir da entrada en vigor da nova orde.Dado que é obrigatoria a tramitación a través da Sede electrónica mediante alta de solicitude do réxime que se desexe, o titular da autorización deberá facer unha nova solicitude de autorización.

Indicarase que se solicita unha modificación dunha autorización xa concedida pola DGPCC no dato 8/5 Información adicional, engadindo como ficheiros a documentación da citada autorización.

Axuda para a solicitude:

Na Sede electrónica está dispoñible un documento de axuda para cubrir a solicitude de cada un dos réximes.