Actualización da calculadora de prazos de modificación BI e outras rectificacións

Actualizouse a calculadora de prazos de modificación de bases impoñibles e outras rectificacións. No cálculo realizado tívose en conta a suspensión dos prazos dos procedementos tributarios, dende o 14 de marzo, data da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, ata o 30 de maio de 2020 (1 de xuño se o prazo vence o 30 de maio), así como a suspensión dos prazos procesuais dende o 14 de marzo ata o 3 de xuño de 2020 (disposición derrogatoria única.1 do Real Decreto 537/2020, do 22 de maio) no caso dos concursos.

Desta forma facilítase a contestación sobre as dúbidas suscitadas en canto ao cómputo do prazo para recuperar o IVA dos créditos impagados, tanto nos casos de concurso do cliente (art.º 80.Tres LIVA) como de mero non pagamento (art.º 80.Cuatro LIVA).

Calculadora de prazos MBI

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda