Ventanilla Única de la Directiva de Servicios

  • A Directiva de Servizos (Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de decembro de 2006), relativa aos servizos no mercado interior, entrou en vigor o 28 de decembro de 2006. Os Estados Membros debían levar a cabo a transposición antes do 28 de decembro de 2009.

    O obxectivo desta Directiva foi establecer as disposicións xerais para facilitar a liberdade de establecemento dos prestadores de servizos e a libre circulación destes; pretendíase polo tanto, alcanzar un auténtico mercado único de servizos na Unión Europea, a través da eliminación das barreiras legais e administrativas que limitaban o desenvolvemento destas actividades entre Estados Miembros.

    Con este fin establecéronse  xanelas únicas para que os prestadores de servizos poidan realizar os procedementos e trámites a que están obrigados en cada Estado membro para o acceso ou exercicio dunha actividade de servizos.