Réxime especial de entidades parcialmente exentas

(Título VII Capítulo XV TRLIS, artigos 120 a 122)

Ámbito de aplicación

Este réxime aplicarase ás entidades indicadas expresamente no artigo 9.3 TRLIS, que son as seguintes:

  • As entidades e institucións sen ánimo de lucro ás que non sexa de aplicación o réxime fiscal especial de entidades sen fins lucrativos contido no Título II da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
  • As unións, federacións e confederacións de cooperativas.
  • Os colexios profesionais, as asociacións empresariais, as cámaras oficiais e os sindicatos de traballadores.
  • Os fondos de promoción de emprego constituídos ao abeiro do artigo 22 da Lei 27/1984, do 26 de xullo, sobre reconversión e reindustrialización.
  • As mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social que cumpran os requisitos establecidos pola súa normativa reguladora.
  • A entidade de dereito público Puertos do Estado e as autoridades portuarias.

Principais incentivos fiscais aplicables polas entidades parcialmente exentas

  • Exencións

    Están exentas as seguintes rendas:

    • As que procedan da realización de actividades que constitúan o seu obxecto social ou finalidade específica.
    • As derivadas de adquisicións e de transmisións a título lucrativo, sempre que unhas e outras se obteñan ou realicen en cumprimento do seu obxecto social ou finalidade específica.
    • As que se poñan de manifesto na transmisión onerosa de bens afectos á realización do obxecto social ou finalidade específica, cando o total produto obtido se destine a novos investimentos relacionados co devandito obxecto ou finalidade.

    A exención non alcanzará aos rendementos derivados do exercicio de explotacións económicas, nin ás rendas derivadas do patrimonio, nin ás rendas obtidas en transmisións, distintas das mencionadas anteriormente.

  • Gastos non deducibles

    Non terán a consideración de gasto fiscalmente deducible para a determinación da base impoñible, ademais dos recollidos no réxime general:/p>

    • Os gastos imputables exclusivamente ás rendas exentas.Os gastos parcialmente imputables ás rendas non exentas serán deducibles na porcentaxe que representen os ingresos obtidos no exercicio de explotacións económicas non exentas respecto dos ingresos totais da entidade.
    • As cantidades que constitúan aplicación de resultados e, en particular, dos que se destinen ao sostemento das actividades exentas que constitúan o seu obxecto social.

Obrigas tributarias

  • Contabilidade

    As entidades parcialmente exentas deberán levar contabilidade, de tal forma que permita identificar os ingresos e gastos correspondentes ás rendas e explotacións económicas non exentas.

  • Declaración

    As entidades parcialmente exentas estarán obrigadas a declarar a totalidade das súas rendas, exentas e non exentas.Non obstante, non terán obriga de presentar declaración cando cumpran os seguintes requisitos:

    • Que os seus ingresos totais non superen 100.000 euros anuais.
    • Que os ingresos correspondentes a rendas non exentas sometidas a retención non superen 2.000 euros anuais.
    • Que todas as rendas non exentas que obteñan estean sometidas a retención.
  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda