Ámbito de aplicación

As rendas obtidas por determinadas entidades, que non son contribuíntes do IRPF nin suxeitos pasivos do IS deben tributar na imposición persoal dos seus membros:Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades ou Imposto sobre a Renda de non Residentes, segundo que os respectivos socios, comuneiros ou partícipes sexan contribuíntes ou suxeitos pasivos de cada un dos devanditos impostos.

Entidades en réxime de atribución de rendas

Teñen a consideración de entidades sometidas ao réxime especial de atribución de rendas as sociedades civís, teñan ou non personalidade xurídica, as herdanzas xacentes, as comunidades de bens, incluídas as comunidades de propietarios e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición.

Así mesmo, están incluídas no réxime de atribución de rendas as entidades constituídas no estranxeiro cuxa natureza xurídica sexa idéntica ou análoga á das entidades en réxime de atribución de rendas constituídas de acordo coas leis españolas.

Non tributan no réxime especial de atribución de rendas senón que son suxeitos pasivos do IS, por disposición expresa das leis que os regulan, as seguintes entidades:as unións temporais de empresas;os fondos de investimento;os fondos de titulización;os fondos de pensións;os fondos de capital-risco;os grupos de sociedades;  as comunidades titulares de montes veciñais en man común e as sociedades agrarias de transformación.