Cando se realizan actividades económicas?

Realízase actividade económica cando un contribuínte ordena por conta propia medios de produción e recursos humanos ou un só de ambos os dous, sendo a súa finalidade a de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos.A actividade de arrendamento de bens inmobles cualifícase de económica sempre que para iso conte cun local dedicado exclusivamente a esta finalidade e ademais se teña polo menos unha persoa empregada con contrato laboral e a xornada completa.