Estimación Directa Simplificada

A quen se aplica o método de estimación directa simplificada

 É de aplicación aos empresarios e profesionais cando concorran as seguintes circunstancias:

  • Que as súas actividades non estean acollidas ao réxime de estimación obxectiva.
  • Que, no ano anterior, o importe neto da cifra de negocios para o conxunto de actividades desenvolvidas polo contribuínte non supere os 600.000 euros. Cando no ano inmediato anterior se iniciase a actividade, o importe neto da cifra de negocios elevarase ao ano.
  • Que non se renunciase á súa aplicación.
  • Que ningunha actividade que exerza o contribuínte se encontre na modalidade normal do réxime de estimación directa. 

Cálculo do rendemento neto

O rendemento neto calcularase conforme as normas do Imposto sobre Sociedades (ingresos menos gastos),  seguindo o esquema exposto no apartado de estimación directa normal, coas seguintes particularidades:

  • As amortizacións do inmobilizado material practícanse de forma lineal, en función da táboa de amortización simplificada, especial para esta modalidade.
  • As provisións deducibles e os gastos de difícil xustificación cuantifícanse exclusivamente aplicando un 5 por 100 do rendemento neto positivo, excluído este concepto.Non obstante, non se aplicarán cando o contribuínte opte por aplicar a redución polo exercicio de actividades económicas.
  • O rendemento será reducido en caso de irregularidade e se se cumpren os requisitos previstos será minorado pola redución prevista no exercicio de determinadas actividades económicas.

Obrigas contables e rexistrais

Actividades empresariais: deben levarse libros rexistro de vendas e ingresos, de compras e gastos e o de bens de investimento.

Actividades profesionais: ademais dos libros mencionados no apartado anterior, levarase o libro rexistro de provisión de fondos e suplidos.

Táboa de amortización simplificada 

Grupo

Elementos patrimoniais

Coeficiente           lineal   máximo

(%)

Período

Máximo

(Anos)

1

Edificios e outras construcións

3

68

2

Instalacións, mobiliario, aparellos e resto do inmobilizado material

10

20

3

Maquinaria

12

18

4

Elementos de Transporte

16

14

5

Equipos para tratamento da información e sistemas e programas informáticos

26

10

6

Útiles e ferramentas

30

8

7

Gando vacún, porcino, ovino e caprino

16

14

8

Gando equino e froiteiros non cítricos

8

25

9

Froiteiros cítricos e viñedos

4

50

10

Oliveiral

2

100

Transmisión de elementos patrimoniais afectos

A transmisión de elementos patrimoniais afectos, pertencentes ao inmobilizado material ou inmaterial da actividade económica, calquera que sexa o método de determinación do rendemento, orixina ganancias ou perdas patrimoniais que non se inclúen no rendemento neto da actividade.A cuantificación do seu importe e a súa tributación efectiva realizarase de acordo coas regras aplicables para as ganancias ou perdas patrimoniais na normativa do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Estimación Directa Simplificada para determinar o rendementos das actividades económicas