Estimación Obxectiva

Deberán realizarse catro pagamentos fraccionados, trimestrais, no modelo 131 a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas nos prazos seguintes:os tres primeiros trimestres entre o 1 e o 20 dos meses de abril, xullo e outubro, e o cuarto trimestre entre o 1 e o 30 do mes de xaneiro do ano seguinte.

Se nalgún trimestre non resultasen cantidades a ingresar, deberá presentarse declaración negativa.

O importe de cada un dos pagamentos fraccionados calcularase aplicando as porcentaxes que se indican a continuación, tendo en conta que se reducirán á metade cando se trate de actividades desenvolvidas en Ceuta, Melilla ou as súas dependencias:

 1.Actividades empresariais (agás agrícolas e gandeiras).

En xeral, o 4 por 100 do rendemento resultante da aplicación dos módulos en función dos datos-base existentes a 1 de xaneiro.Cando se inicie unha actividade, os datos-base serán os existentes o día de comezo desta.Cando algún dato-base non puidese determinarse a 1 de xaneiro, tomará o correspondente ao ano anterior.Se non puidese determinarse ningún dato-base, o pagamento fraccionado consistirá no 2 por 100 do volume de vendas ou ingresos do trimestre.

  • Cando se teña só unha persoa asalariada, o 3 por 100.
  • Cando non se dispoña de persoal asalariado, o 2 por 100.

 

2.Actividades agrícolas, gandeiras e forestais:nos supostos nos que exista a obriga de efectuar pagamentos fraccionados, a cantidade a ingresar será o 2 por 100 do volume de ingresos do trimestre, excluído as subvencións de capital e as indemnizacións.

As actividades económicas en estimación obxectiva, poderán deducir do que sería o importe a ingresar polo pagamento fraccionado, as retencións e ingresos a conta do trimestre.Non obstante, se estas últimas son superiores poderá deducirse a diferenza en calquera dos seguintes pagamentos fraccionados correspondentes ao mesmo período impositivo cuxo importe o permita.

Así mesmo poderá deducir o importe obtido de dividir a contía da dedución por obtención de rendementos do traballo ou de actividades económicas (400 €), entre catro, sempre que o resultado desta minoración sexa maior ou igual que cero.A diferenza poderá deducirse nos seguintes pagamentos fraccionados do mesmo período impositivo, cuxo importe o permita e ata o límite máximo do devandito importe.

Con carácter extraordinario e temporal, aqueles contribuíntes que destinen cantidades para a adquisición ou rehabilitación da súa vivenda habitual utilizando financiamento alleo polas que vaian ter dereito á dedución por investimento en vivenda habitual, terán dereito ás seguintes deducións:

  • Para estimación directa con rendementos íntegros previsibles do período impositivo menores de 33.007,20€:2 por 100 do rendemento neto dende o primeiro día do ano e máximo 660,14€ ao trimestre.
  • Para estimación obxectiva con rendementos netos resultantes de aplicar a estimación obxectiva inferiores a 33.007,20€:0,5 por 100 sobre os citados rendementos.

En actividades agrícolas, gandeiras, forestais ou pesqueiras con volume previsible de ingresos do período impositivo inferior a 33.007,20€:2 por 100  do volume de ingresos do trimestre, excluídas en ambos os dous casos as subvencións do capital e indemnizacións.A dedución do período impositivo non poderá ser superior a 660,14€.

 

 

Estimación Obxectiva Pagamentos fraccionados