Estimación Directa Normal e Simplificada

Os contribuíntes en estimación directa, normal ou simplificada, deberán realizar catro pagamentos trimestrais no modelo 130 a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas nos prazos seguintes:os tres primeiros trimestres, entre o 1 e o 20 dos meses de abril, xullo e outubro, e o cuarto trimestre entre o 1 e o 30 do mes de xaneiro do ano seguinte.

Se algún trimestre non resulta cantidade a ingresar, deberá presentarse declaración negativa.

Os contribuíntes que desenvolvan actividades agrícolas, gandeiras, forestais e os profesionais, non están obrigados a efectuar pagamentos fraccionados se no ano natural anterior polo menos o 70 por 100 dos ingresos da súa explotación ou actividade (excluídas indemnizacións e subvencións no caso de actividades agrícolas, gandeiras e forestais) foron obxecto de retención ou ingreso a conta.Durante o primeiro ano de actividade, para calcular a porcentaxe indicada, teranse en conta os ingresos obxecto de retención ou ingreso a conta en cada período trimestral ao que se refire o pagamento fraccionado. 

O importe de cada un dos pagamentos fraccionados calcularase como se expón a continuación, tendo en conta que as porcentaxes se reducirán á metade cando se trate de actividades empresariais ou profesionais desenvolvidas en Ceuta, Melilla ou as súas dependencias:

  1. Actividades empresariais: en xeral, o 20 por 100 do rendemento neto obtido dende o inicio do ano ata o último día do trimestre ao que se refira o pagamento.Da cantidade resultante deduciranse os pagamentos fraccionados que tería correspondido ingresar polos trimestres anteriores do mesmo ano, de non ter aplicado a dedución por obtención de rendementos do traballo ou de actividades económicas.Deduciranse tamén, na actividade empresarial de arrendamento de inmobles e de cesión de dereitos de imaxe, as retencións e os ingresos a conta, dende o primeiro día do ano ao último do trimestre a que se refire o pagamento fraccionado.Tamén poderá deducirse o importe obtido de dividir a contía da dedución por obtención de rendementos do traballo ou de actividades económicas (400 €), entre catro, sempre que o resultado desta minoración sexa maior ou igual que cero.A diferenza poderá deducirse nos seguintes pagamentos fraccionados do mesmo período impositivo, cuxo importe o permita e ata o límite máximo do devandito importe.Esta dedución opera para o conxunto das actividades económicas desenvolvidas polo contribuínte, xa sexa empresariais, agrícolas, gandeiras, forestais, pesqueiras ou profesionais, e sexa cal sexa o método de determinación do rendemento neto destas.
  2. Actividades agrícolas, gandeiras, forestais e pesqueiras: o 2 por 100 do volume de ingresos do trimestre, excluídas as subvencións de capital e as indemnizacións.Da cantidade resultante deduciranse as retencións e os ingresos a conta correspondentes ao trimestre, así como o importe obtido de dividir a contía da dedución por obtención de rendementos do traballo ou de actividades económicas (400 €), entre catro, sempre que o resultado desta minoración sexa maior ou igual que cero.A diferenza poderá deducirse nos seguintes pagamentos fraccionados do mesmo período impositivo, cuxo importe o permita e ata o límite máximo do devandito importe.Esta dedución opera para o conxunto das actividades económicas desenvolvidas polo contribuínte, xa sexa empresariais, agrícolas, gandeiras, forestais, pesqueiras ou profesionais, e sexa cal sexa o método de determinación do rendemento neto destas.
  3. Actividades profesionais: o 20 por 100 do rendemento neto, dende o inicio do ano ata o último día do trimestre ao que se refire o pagamento.Da cantidade resultante deduciranse os pagamentos fraccionados ingresados polos trimestres anteriores do mesmo ano e as retencións e os ingresos a conta que lles practicasen dende o inicio do ano ata o último día do trimestre ao que se refire o pagamento, así como o importe obtido de dividir a contía da dedución por obtención de rendementos do traballo ou de actividades económicas (400 €), entre catro, sempre que o resultado desta minoración sexa maior ou igual que cero.A diferenza poderá deducirse nos seguintes pagamentos fraccionados do mesmo período impositivo, cuxo importe o permita e ata o límite máximo do devandito importe.Esta dedución opera para o conxunto das actividades económicas desenvolvidas polo contribuínte, xa sexa empresariais, agrícolas, gandeiras, forestais, pesqueiras ou profesionais, e sexa cal sexa o método de determinación do rendemento neto destas.

Con carácter extraordinario e temporal, aqueles contribuíntes que destinen cantidades para a adquisición ou rehabilitación da súa vivenda habitual utilizando financiamento alleo polas que vaian ter dereito á dedución por investimento en vivenda habitual, terán dereito ás seguintes deducións:

  • Para estimación directa con rendementos íntegros previsibles do período impositivo menores de 33.007,20€:2 por 100 do rendemento neto dende o primeiro día do ano e máximo 660,14€ ao trimestre.
  • Para estimación obxectiva con rendementos netos resultantes de aplicar a estimación obxectiva inferiores a 33.007,20€:0,5 por 100 sobre os citados rendementos.

En actividades agrícolas, gandeiras, forestais ou pesqueiras con volume previsible de ingresos do período impositivo inferior a 33.007,20€:2 por 100  do volume de ingresos do trimestre, excluídas en ambos os dous casos as subvencións do capital e indemnizacións.A dedución do período impositivo non poderá ser superior a 660,14€.

Estimación Directa Normal e Simplificada Pagos fraccionados