Obriga de facturar

A obriga de facturar dos empresarios e profesionais recóllese no artigo 29.2.e) da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeneral Tributaria (BOE de 18.12.2003), no artigo 164, apartado Uno, número 3º da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido (BOE de 29.12.1992) e, no artigo 2.1 do Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación aprobado polo artigo primeiro do Real Decreto 1619/2012, do 30 de novembro (BOE de 01.12.2012).

Os empresarios e profesionais están obrigados a expedir factura e copia desta polas entregas de bens e prestacións de servizos que realicen en desenvolvemento da súa actividade e a conservar copia desta.Tamén deben expedir factura nos supostos de

En todo caso, os empresarios e profesionais están obrigados a

  • Cando o destinatario sexa un empresario ou profesional e actúe como tal.
  • Cando o destinatario da obriga así o esixa para o exercicio de calquera dereito de natureza tributaria.
  • Exportacións de bens exentos de IVE (salvo as realizadas en tendas libres de
  • Entregas intracomunitarias de bens exentos de IVE.
  • Cando o destinatario sexa unha administración pública
  • Determinadas entregas de bens obxecto de instalación ou montaxe antes da súa posta a disposición, cando aquela se ultime no territorio de aplicación do imposto.
  • Vendas a distancia e entregas

Nos supostos de investimento do suxeito pasivo, cando quen realice a operación sexa un empresario ou profesional non establecido na Comunidade, o destinatario deberá conservar o xustificante contable da operación;se a operación se realizase por un suxeito pasivo establecido na Comunidade, o destinatario terá que estar en posesión da factura orixinal expedida polo provedor que deberá conter os requisitos recollidos no artigo 226 da Directiva 2006/112/CE, do Consello, do 28 de novembro de 2006 (Directiva IVE). 

Conforme ao artigo 2.4 do Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, terá a consideración de xustificante contable calquera documento que sirva de soporte á anotación contable da operación cando quen a realice sexa un empresario ou profesional non establecido na Comunidade.