Funcionamento xeral do imposto

O IVE é un tributo de natureza indirecta que recae sobre o consumo e grava:as entregas de bens e prestacións de servizos efectuadas por empresarios e profesionais, as adquisicións intracomunitarias e as importacións de bens.

Na aplicación do imposto polos empresarios ou profesionais pódense distinguir dous aspectos:

  • Polas súas vendas ou prestacións de servizos, repercuten aos adquirentes as cotas de IVE que corresponda, con obriga de ingresalas no Tesouro.
  • Polas súas adquisicións, soportan cotas que teñen dereito a deducir nas súas declaracións liquidacións periódicas.En cada liquidación declárase o IVE repercutido aos clientes, restando deste o soportado nas compras e adquisicións aos provedores, podendo ser o resultado tanto positivo como negativo.

Se o resultado é positivo debe ingresarse no Tesouro.

Se é negativo e se declara trimestralmente, o resultado compénsase nas declaracións-liquidacións seguintes;neste caso, se ao final do exercicio, na última declaración presentada, o resultado é negativo, pódese optar por solicitar a devolución ou ben compensar o saldo negativo nas liquidacións do exercicio seguinte.

Se é negativo e se declara mensualmente (solicitouse a inclusión no rexistro de devolución mensual), a devolución efectuarase mes a mes.