Arrendador IRPF

  • Os rendementos procedentes do arrendamento dunha vivenda constitúen para o arrendador un rendemento de capital inmobiliario.

    A cuantificación do rendemento se realiza restando dos ingresos os gastos deducibles e aplicando sobre esta cantidade, nos casos que proceda, determinadas reducións.

    No suposto de subarrendamentos, as cantidades percibidas polo subarrendador non se considerarán rendementos do capital inmobiliario, senón do capital mobiliario. Porén, a participación do pro­pietario no prezo do subarrendo si ten a consideración de rendementos do capital inmobiliario, sen que proceda aplicar sobre o rendemento neto redución algunha.

    Unicamente se o arrendamento se realiza como actividade económica as cantidades obtidas non teñen a consideración de rendementos do capital inmobiliario, senón de actividades económicas, dentro de cuxo apartado específico deberán ser declarados.

    Se entende que o arrendamento se realiza como actividade económica cando no desenvolvemento da actividade exista, polo menos, unha persoa empregada con contrato laboral e a xornada completa, para o desempeño da devandita xestión.

  • Concepto de rendementos do capital inmobiliario
  • Cálculo dos ingresos íntegros
  • Gastos deducibles
  • Rendemento neto