Plans de Pensións e outros sistemas de previsión social

PLANS DE PENSIÓNS E OUTROS SISTEMAS DE PREVISIÓN SOCIAL CONSTITUÍDOS A FAVOR DE PERSOAS CON MINUSVALIDEZ.

ACHEGAS Dan dereito a reducir a base impoñible, as achegas realizadas a Plans de Pensións, Mutualidades de Previsión Social, Plans de Previsión Asegurados, Plans de Previsión Social Empresarial e aos seguros de Dependencia, estes últimos só se cobren exclusivamente o risco de dependencia severa ou de gran dependencia, a favor de:

  1. As afectadas por unha minusvalidez psíquica igual ou superior ao 33%.
  2. As afectadas por unha minusvalidez física ou sensorial igual ou superior ao 65%.
  3. Persoas que teñan unha incapacidade declarada xudicialmente con independencia do seu grao.

Os límites establecidos serán conxuntos para todos os sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con minusvalidez.

As achegas poden facerse por:

  • O propio partícipe minusválido; reducen a base impoñible xeral na declaración do contribuínte minusválido que realiza a achega.
  • Persoas con relación de parentesco co minusválido en liña directa ou colateral ata o terceiro grao, inclusive así como o cónxuxe ou os que o tiveran ao seu cargo en réxime de tutela ou acollemento; sempre que a persoa con minusvalidez sexa designada beneficiaria de xeito único e irrevogable para calquera continxencia, salvo a de morte do minusválido, en cuxo caso poderá xerar prestacións de viuvez ou orfandade a favor dos aportantes. Estas achegas reducen a base impoñible na declaración da persoa que as realiza.

As achegas que non tivesen podido reducirse por insuficiencia de base poderán reducirse nos 5 exercicios seguintes, sempre que así se tivese solicitado nas respectivas declaracións de IRPF.

Minusválido partícipe Cada unha das persoas emparentadas co minusválido
Redución anual máxima
24.250 €
10.000 € *1
Redución anual máxima conxunta 24.250 € *2

PRESTACIÓNS

Estas prestacións constitúen rendementos do traballo no momento da percepción destas polas persoas minusválidas. A mesma cualificación procederá en caso de disposición anticipada dos dereitos consolidados.

As prestacións en forma de renda están exentas ata un importe máximo de tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (22.365,42 € para 2015).Este límite aplícase conxuntamente cos rendementos de traballo derivados das achegas a patrimonios protexidos de minusválidos.


*1 - Esta redución é independente da aplicable, no seu caso, ás achegas realizadas por estes contribuíntes aos seus propios Plans de Pensións e aos outros sistemas de previsión social.

*2 - A devandita contía inclúe tanto as achegas realizadas polo propio minusválido coma as efectuadas por outras persoas ao seu favor, tendo prioridade na redución as achegas realizadas polo propio minusválido, cando concorran ambas as dúas.