Patrimonios protexidos de persoas con minusvalidez.

A Lei 41/2003 regula os patrimonios protexidos das persoas con minusvalidez. A devandita regulación ten como obxectivo favorecer a constitución destes fondos patrimoniais vinculados á satisfacción das necesidades vitais das persoas con minusvalidez.

Neste sentido adóptanse unha serie de medidas para favorecer as achegas a título gratuíto aos patrimonios protexidos reforzando os beneficios fiscais a favor das persoas con minusvalidez.

  • BENEFICIARIOS DO PATRIMONIO PROTEXIDO

Terán esta consideración, exclusivamente, as persoas con minusvalidez afectadas polos seguintes graos de minusvalidez:

  1. As afectadas por unhaminusvalidez psíquica igual ou superior ao 33%.
  2. As afectadas por unhaminusvalidez física ou sensorial igual ou superior ao 65%.
  • REDUCIÓNS POR ACHEGAS AO PATRIMONIO PROTEXIDO
  1. Persoas con dereito á redución
  2. As que teñan unha relación de parentesco en liña directa ou colateral ata o terceiro grao inclusive co minusválido.
  3. O cónxuxe do minusválido.
  4. Aquelas que o tivesen ao seu cargo en réxime de tutela ou acollemento.
  5. Contía da redución

As achegas realizadas, que poderán ser monetarias ou non monetarias, darán dereito a reducir a base impoñible do aportante, co límite máximo de 10.000 € anuais. O conxunto das reducións practicadas por todas as persoas que efectúen achegas a favor dun mesmo patrimonio protexido non poderá exceder de 24.250 € anuais. Se é o caso, cando concorran varias achegas ao mesmo patrimonio protexido e se supere o límite de 24.250 euros, a redución debe facerse de forma proporcional ao importe das devanditas achegas. Cando as achegas excedan dos límites previstos ou naqueles casos en que non proceda a redución por insuficiencia de base impoñible, terase dereito a redución nos catro períodos impositivos seguintes, ata esgotar en cada un deles os importes máximos de redución. En caso de concorrencia aplicaranse en primeiro lugar a redución de exercicios anteriores.

  • TRATAMENTO FISCAL PARA O CONTRIBUÍNTE MINUSVÁLIDO DAS ACHEGAS RECIBIDAS*1
  1. Cando os aportantes sexanpersoas físicas, terán a consideración de rendementos de traballo ata o importe de 10.000 € anuais por cada aportante e 24.250 € anuais en conxunto.
  2. Cando os aportantes sexansuxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades, terán a consideración de rendementos de traballo sempre que fosen gasto deducible no Imposto sobre Sociedades, co límite de 10.000 € anuais. Este límite é independente dos anteriores.

Cando estas achegas se realicen a favor dos parentes, cónxuxes ou persoas a cargo dos empregados do aportante, unicamente terán a consideración de rendementos de traballo para o titular do patrimonio protexido. Estes rendementos están exentos, ata un importe máximo anual de 3 veces o IPREM. Este límite aplícase conxuntamente para as prestacións en forma de renda derivadas de sistemas de previsión social de minusválidos. (22.365,42 € en 2015).

*1 - Non estará suxeita ao Imposto sobre Sucesións e Doazóns a parte as achegas que teña para o perceptor a consideración de rendementos do traballo