Definición e acreditación da minusvalidez.

Definición
Para os efectos do Imposto sobre a Renda, teñen a consideración de persoas con minusvalidez aqueles contribuíntes que acrediten un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

Acreditación
El grado de discapacidad deberá acreditarse mediante certificado o resolución expedido por el Instituto de Migraciones y Servicios Sociales (IMSERSO) o el órgano competente de las Comunidades Autónomas. A necesidade de axuda de terceiras persoas ou a mobilidade reducida deberá igualmente acreditarse mediante certificado ou resolución expedidos polos organismos citados, segundo ditame dos Equipos de Valoración e Orientación competentes.

Considerarase acreditado un grao de minusvalidez:

  1. Igual ou superior ao 33%, aos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade  permanente total, absoluta ou grande invalidez e aos pensionistas de Clases Pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
  2. Igual ou superior ao 65%, cando se trate de persoas con minusvalidez cuxa incapacidade fose declarada xudicialmente na orde civil, aínda que non alcancen o devandito grao.

A necesidade de axuda de terceiras persoas para desprazarse ao seu lugar de traballo ou para desempeñar o mesmo, ou a mobilidade reducida para utilizar medios de transporte colectivos, deberá acreditarse mediante certificado ou resolución do IMSERSO ou órgano competente das Comunidades Autónomas en materia de valoración das minusvalideces, baseándose no ditame emitido polos Equipos de Valoración e Orientación dependentes destes.