Dedución por adquisición de vivenda habitual (Só aplicable a adquisicións realizadas ata 31-12-2012)

DEDUCIÓN POR ADQUISICIÓN DE VIVENDA HABITUAL

Como regra xeral, os contribuíntes minusválidos aplicarán a dedución segundo as normas e porcentaxes establecidas con carácter xeral, sen prexuízo de que teñan dereito adicionalmente á dedución por obras e instalacións de adecuación da vivenda habitual por razóns de minusvalidez, se reúnen os requisitos establecidos para a práctica desta.
Esta dedución ten un tramo estatal e un tramo autonómico. Este último pode ser modificado á alza ou á baixo, dentro de determinados límites, polas Comunidades Autónomas.
Para aqueles contribuíntes que teñan un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65%, a Comunidade Autónoma de Cataluña estableceu a porcentaxe do 9 por 100 (fronte ao 7,5 % aplicable con carácter xeral) para calcular o tramo autonómico da dedución, sendo aplicable o 7,5 por cento a porcentaxe do tramo autonómico para o resto de CCAA e Cidades con Estatuto de Autonomía.