Cálculo da Renda

  • Regra xeral:

    A determinación da renda atribuíble realízase en sede da entidade que a obtén conforme á normativa do IRPF aplicable a cada modalidade de renda segundo a súa orixe ou fonte, sen ter en conta as porcentaxes de integración na base impoñible nin as reducións que se detallan máis adiante.Non obstante, as porcentaxes de integración e as reducións poderán ser aplicadas polos membros da entidade en réxime de atribución de rendas que sexan contribuíntes do IRPF.

    A determinación da renda atribuíble, en función da súa orixe ou fonte, efectuarase conforme aos seguintes criterios:

    Rendementos do capital inmobiliario.A renda neta atribuíble determinarase por diferenza entre os ingresos íntegros e os gastos necesarios para a obtención destes, sen que proceda aplicar:

    • A redución do 60%, sobre os rendementos netos derivados do arrendamento de inmobles destinados a vivenda.
    • A redución do 30% sobre os rendementos con período de xeración superior a dous anos, así como sobre os cualificados regulamentariamente como obtidos de forma notoriamente irregular no tempo.

    Rendementos do capital mobiliario.A renda neta atribuíble determinarase por diferenza entre os ingresos íntegros e os gastos deducibles, sen que proceda aplicar:

    • A exención sobre dividendos, sendo os membros da entidade os que poderán aplicala nas súas respectivas declaracións.
    • A redución do 30 por 100 sobre os rendementos con período de xeración superior a dous anos ou cualificados regulamentariamente como obtidos de forma notoriamente irregular no tempo.

    Rendimientos de actividades económicas.A determinación da renda atribuíble efectuarase de acordo co método de determinación do rendemento neto que resulte aplicable á entidade, sen que proceda aplicar a redución do 40 por 100 sobre os rendementos con período de xeración superior a dous anos ou cualificados regulamentariamente como obtidos de forma notoriamente irregular no tempo.

    Ganancias e perdas patrimoniais.A determinación da renda atribuíble efectuarase conforme ás normas do IRPF.

    Imputación de rendas inmobiliarias. A determinación da renda atribuíble efectuarase conforme ás normas do IRPF que resulten aplicables a cada concepto incluído nesta categoría de rendas.

    Pola súa banda, as retencións e ingresos a conta soportadas pola entidade en réxime de atribución de rendas e as bases das deducións correspondentes á entidade atribuiranse aos seus membros na mesma proporción en que se atribúan as rendas.

  • Regras especiais:

    A renda atribuíble determinarase de acordo co previsto na normativa reguladora do Imposto sobre Sociedades nos supostos en que todos os membros da entidade en réxime de atribución de rendas sexan suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades que non teñan a consideración de sociedades patrimoniais ou contribuíntes do Imposto sobre a Renda de non Residentes con establecemento permanente.

    A determinación da renda atribuíble aos contribuíntes do Imposto sobre a Renda de non Residentes sen establecemento permanente efectuarase de acordo co previsto no Capítulo IV do texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2004, do 5 de marzo (BOE do 12).

    Os suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades e os contribuíntes do Imposto sobre a Renda de non Residentes con establecemento permanente, que sexan membros dunha entidade en réxime de atribución de rendas que adquira accións ou participacións en institucións de investimentos colectiva, integrarán na súa base impoñible o importe dos rendementos do capital mobiliario derivados da cesión a terceiros de capitais propios que se tivesen devindicado a favor da entidade en réxime de atribución de rendas.

  • Suposto especial:rendas negativas de fonte estranxeira

    Se a entidade en réxime de atribución de rendas procedentes de país co que España non teña subscrito un convenio para evitar a dobre imposición con claúsula de intercambio de información, non se computarán as rendas negativas que excedan das positivas obtidas no mesmo país e procedan da mesma fonte.O exceso computarase nos catro anos seguintes conforme vaian obténdose rendas positivas do mesmo país e fonte.

  • Cualificación e criterios de imputación

    As rendas obtidas polas entidades incluídas neste réxime que deban atribuírse aos socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes terán a natureza derivada da actividade ou fonte de onde procedan para cada un deles.

    As rendas atribuiranse anualmente aos socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes segundo as normas ou pactos aplicables en cada caso e, se estes non constasen á Administración tributaria en forma fidedigna, atribuiranse por partes iguais.