Ámbito da aplicación

As rendas obtidas por determinadas entidades que non teñen a consideración de suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades deben tributar na imposición persoal de seus membros: Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades ou Imposto sobre a Renda de non Residentes, segundo que os respectivos socios, comuneiros ou partícipes sexan contribuíntes ou suxeitos pasivos de cada un dos devanditos impostos.

  • Entidades en réxime de atribución de rendas

    Teñen a consideración de entidades sometidas ao réxime especial de atribución de rendas as sociedades civís, teñan ou non personalidade xurídica, as herdanzas xacentes, as comunidades de bens, incluídas as comunidades de propietarios e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición.

    Así mesmo, están incluídas no réxime de atribución de rendas as entidades constituídas no estranxeiro cuxa natureza xurídica sexa idéntica ou análoga á das entidades en réxime de atribución de rendas constituídas de acordo coas leis españolas.

    Non se inclúen no réxime especial de atribución de rendas, por expresa disposición legal, entre outras, as seguintes entidades:

    • As unións temporais de empresas.
    • Os grupos de sociedades.
    • Os fondos de pensións.
    • As comunidades titulares de montes veciñais en man común reguladas pola Lei 55/1980, de 11 de novembro.
    • As sociedades agrarias de transformación.
    • A partir de 1 de xaneiro de 2016 as sociedades civís con personalidade xurídica e obxecto mercantil suxeitas ao Imposto sobre Sociedades.

    As entidades incluídas no réxime de atribución de rendas non están suxeitas ao Imposto sobre Sociedades.