Colaboración social na solicitude de certificados tributarios

En virtude do que se dispón na Resolución do 12 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se modifica a do 29 de maio de 2006, pola que se establecen os supostos e condicións en que poderá facerse efectiva a colaboración social na aplicación dos tributos para a solicitude de certificados tributarios, xa poden solicitarse no ámbito da colaboración social todos os tipos de certificados tributarios que poden tramitarse a través da Sede Electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Os certificados poderanse obter en calquera caso na Sede Electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria (www.agenciatributaria.gob.es) polo contribuínte, e polo colaborador social se figura inscrita o poder de representación para tal fin no Rexistro de apoderamentos da Axencia Tributaria.

Noutro caso, os certificados tributarios remitiranse ao Enderezo Electrónico Habilitado do contribuínte se estivese adherido ao sistema de notificación en dirección electrónica regulada na Orde PRE/878/2010, do 5 de abril, pola que se establece o réxime do sistema de dirección electrónico habilitado previsto no artigo 38.2 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, ou ao domicilio consignado para os efectos de notificacións nos modelos de declaración 030/036/037, ou ao domicilio fiscal.