Información sobre donativos COVID 19: efectos fiscais e obrigas formais

NOTA SOBRE DONATIVOS AO TESOURO PÚBLICO PARA FINANCIAMENTO DOS GASTOS OCASIONADOS POLA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID-19.

De acordo co Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo (artigo 47), as doazóns realizadas para apoio fronte ao COVID-19 quedan afectadas ao financiamento exclusivo dos gastos derivados da crise sanitaria provocada polo COVID-19 e poderán destinarse a atender gastos tales como equipamentos e infraestruturas sanitarias, material, subministracións, contratación de persoal, investigación e calquera outro que poida contribuír a reforzar as capacidades de resposta fronte á devandita crise sanitaria.

Que beneficios fiscais levan consigo estas doazóns para facer fronte ao COVID-19?

A Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado establece unha serie de beneficios fiscais aos donativos e doazóns realizadas ás entidades beneficiarias do mecenado, entre as que se encontran, entre outros, o Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais.

As doazóns realizadas no ano 2020 terán efectos fiscais nas declaracións correspondentes a 2020 cuxo prazo de presentación se iniciará como regra xeral no ano 2021.

Desta forma, pódense distinguir:

  1. Contribuíntes do IRPF:terán dereito a aplicar a seguinte dedución sobre a cota íntegra do imposto respecto das doazóns realizadas a partir de 1 de xaneiro de 2020(1):

    IMPORTE DOAZÓN

    DEDUCIÓN

    Ata 150 euros

    Importe donativo x 80%

    Superiores a 150 euros

    150 € x 80% + (Importe donativo – 150 €) x 35%

  2. Contribuíntes do Imposto sobre Sociedades e contribuíntes do Imposto sobre a Renda de Non Residentes (IRNR) con establecemento permanente:terán dereito a aplicar a seguinte dedución sobre a cota íntegra do imposto, minorada nas bonificacións, deducións por dobre imposición e para incentivar a realización de determinadas actividades:

    Dedución = 35% x Base dedución (2)

    As cantidades non deducidas, por exceder da base impoñible, poderán aplicarse nas liquidacións dos períodos impositivos que conclúan nos 10 anos inmediatos e sucesivos.

  3. Contribuíntes do IRNR sen establecemento permanente:terán dereito a aplicar a dedución mencionada para os contribuíntes do IRPF nas declaracións que presenten por feitos impoñibles acaecidos no prazo dun ano dende a data do donativo, doazón ou achega (a base desta dedución non poderá exceder do 10 por 100 da base impoñible do conxunto das declaracións presentadas nese prazo).

    É importante recordar que a Lei 49/2002 establece a exención das ganancias patrimoniais e das rendas positivas que se poñan de manifesto con ocasión dos devanditos donativos, doazóns ou achegas realizadas.O mesmo acontece con ocasión da transmisión de terreos urbanos ou de dereitos reais sobre estes, no caso do Imposto sobre o Incremento de valor dos Terreos de Natureza Urbana (comunmente coñecidas como plusvalía municipal).

    Para acreditar a xustificación dos devanditos donativos, doazóns e achegas deducibles, expedirase unha certificación pola Administración do Estado (no caso das doazóns a que se refire o artigo 47 do RD-Lei 11/2020), na que constarán os seguintes extremos:(3)

    • O número de identificación fiscal e os datos de identificación persoal do doador e da entidade donataria (Administración do Estado).

    • Mención expresa de que a Administración do Estado se encontra incluída entre as entidades beneficiarias de mecenado (Lei 49/2002).

    • Donativos monetarios:data e importe do donativo.

    • Donativos non monetarios:documento público ou outro documento auténtico que acredite a entrega do ben doado.

    • Destino que a Administración do Estado dará ao obxecto doado no cumprimento da súa finalidade específica (é dicir, para a finalidade da loita contra a crise sanitaria do COVID-19).

    • Mención expresa do carácter irrevogable da doazón.

De forma adicional, debe terse en conta que a Administración do Estado presentará no mes de xaneiro de 2021 o modelo 182 de Declaración Informativa anual relativa a Donativos, doazóns e achegas recibidas (4) (desenvolvida pola Orde EHA/3021/2007, do 11 de outubro), en relación cos donativos percibidos durante 2020.

Madrid, 6 de maio de 2020


(1) Modificación realizada con efectos 1 de xaneiro de 2020, mediante a disposición final segunda do RD-Lei 17/2020, do 5 de maio, polo que se aproban medidas de apoio ao sector cultural e de carácter tributario para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-2019. (Volver)

(2) Nas doazóns monetarias, o importe do donativo.Nas doazóns en especie, o valor contable que tiveran no momento da transmisión e, no seu defecto, o valor determinado conforme ás normas do Imposto sobre o Patrimonio.A base desta dedución non poderá exceder do 10 por 100 da base impoñible do período impositivo.As cantidades que excedan deste límite poderanse aplicar nos períodos impositivos que conclúan nos dez anos inmediatos e sucesivos. (Volver)

(3) Artigo 6 do Real Decreto 1270/2003, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento para a aplicación do réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. (Volver)

(4)Artigo 6.2 do Real Decreto 1270/2003, do 10 de outubro. (Volver)