Criterio sobre o cálculo da base impoñible do IVA no caso de descontos na venda de automóbiles

Dada a súa relevancia, infórmase sobre o criterio ditado polo Tribunal económico administrativo central (TEAC) en relación coa base impoñible do IVA e os descontos en vendas de automóbiles que, en parte, son sufragados pola entidade financeira que concede o financiamento.

A resolución do TEAC nº 00/04177/2018/00/00, do 21 de outubro de 2010, de conformidade cos criterios sinalados polo TJUE nas súas sentenzas de 15-5-2001, asunto C-34/99, Primback e de 16-1-2014, asunto C-300/12, Ibero Tours, considera que os descontos concedidos polos concesionarios na venda de automóbiles financiados, sufragados pola entidade financeira, non minoran a base impoñible da venda dos vehículos, xa que o importe obtido polo concesionario é o mesmo tanto cando se subscribe a operación de financiamento coma cando non é así.

No caso de financiamento, hai unha parte da contraprestación que se paga por un terceiro, neste caso, a entidade financeira, pagamento por un terceiro que ha de formar parte da base impoñible segundo resulta do artigo 78.Uno da LIVA. 

O anterior é independente de que exista un labor de intermediación financeira do concesionario ao que resulte de aplicación a exención conforme o artigo 20.Uno.18º da LIVA.

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda