Modelos de declaración sobre mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal (modelos 234, 235 e 236) e comunicacións entre particulares (DAC6)

Publicouse un banner co contido informativo e de tramitación das obrigas informativas sobre determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal (DAC6) (Directiva (UE) 2018/822 do consello, do 25 de maio de 2018, que modifica a Directiva 2011/16/UE).

Recórdanse os seguintes prazos de presentación:

Modelo 234 de "Declaración de información de determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal"

  • Os mecanismos transfronteirizos cuxa primeira fase de execución se realizase, de acordo co previsto no artigo 46 do RGAT, entre o 25 de xuño de 2018 e o 30 de xuño de 2020, deberán ser obxecto de declaración no prazo de trinta días naturais seguintes a partir do 14 de abril de 2021 (data de entrada en vigor da orde ministerial que aprobou os modelos de declaración).

  • Os mecanismos transfronteirizos suxeitos a comunicación cuxa obriga de declaración nacese entre o 1 de xullo de 2020 e o 13 de abril de 2021 (día anterior á entrada en vigor da orde ministerial que aprobou os modelos de declaración) deberán declararse no prazo de trinta días naturais seguintes a partir do 14 de abril de 2021.

  • Para os mecanismos cuxa obriga de declaración nacese a partir do 14 de abril de 2021, aplícase o prazo xeral:deberanse declarar no prazo dos trinta días naturais seguintes ao nacemento da obriga.

Modelo 235 de "Declaración de información de actualización de determinados mecanismos transfronteirizos comerciables"

  • A declaración de información de actualización dos mecanismos transfronteirizos comerciables postos a disposición, con posterioridade ao mecanismo orixinariamente declarado, entre o 1 de xullo de 2020 e o 31 de marzo de 2021, deberá realizarse no prazo de trinta días naturais seguintes a partir do 14 de abril de 2021.

  • O prazo de declaración da informativa sobre a actualización de mecanismo transfronteirizos comerciables postos a disposición a partir do 1 de abril de 2021: será o mes natural seguinte á finalización do trimestre natural no que se puxesen a disposición mecanismos transfronteirizos comerciables con posterioridade ao mesmo mecanismo orixinariamente declarado.

MODELO 236 de "Declaración de información da utilización de determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal"

O seu prazo de presentación será o último trimestre do ano natural seguinte a aquel no que se producise a utilización en España dos mecanismos transfronteirizos que debesen ser previamente declarados.

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda